Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) Rematando o curso: todo isto sucedeu en xuño

Rematamos este curso 2013-2014 e ademáis de rematar o noso proxecto sobre os petroglifosparticipar na saída a un xardín botánico, participar na creación do "caldo de pistas" e tras celebrar os cumpreanos; no mes de xuño, para rematar o curso participamos en todo isto:
SESIÓN DE CONTACONTOS: 
Asistimos a unha sesión de contacontos organizada pola biblioteca pública do Concello. 
Nalgún dos contos participou a nosa compañeira EVA.
ELABORAMOS OS NOSOS BOLETÍNS DE AUTOAVALIACIÓN:
Un trimestre máis contámoslles ás nosas familias todo o que fixemos neste trimestre, ademais nesta ocasión tamén valoramos o funcionamento dos nosos equipos cooperativos. 
 
 
DESPEDIDA DOS DE DE CINCO ANOS: 
Para despedir ós compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro, fixemos unha fotografía no mesmo sitio no que a fan os compañeiros de sexto curso que van cara o instituto. 
Para poder lembrar o noso paso por Educación Infantil, decoramos un marco onde pegamos a foto da nosa "promoción".
DESPEDIDA DOS DE SEXTO:
Os compañeiros e compañeiras de sexto curso, que marchan cara o instituto, amosáronnos unha presentación na que nos contaron todo o que fixeron no colexio nos últimos oito anos.
Os mestres e mestras que lles deron clase ó longo destes oito anos, entregáronlle un agasallo a todos e todas.
Un por un foron dicíndonos algunhas palabras de despedida.
DESPEDINDO Ó PROFE TIRSO:
Tamén aproveitamos a ocasión para despedirnos do profe Tirso, que tamén marcha para o instituto, a A.M.P.A. fíxolle unha pequena homenaxe e entregoulle un agasallo.
 
 
E así rematamos este curso... vémonos no mes de setembro onde continuaremos a contarnos todo o que suceda na aula de infantil 2, na que teremos novos compañeiros e compañeiras.
 
 



BO VERÁN A TODOS E TODAS!!