Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) Participamos nun taller de contos na nosa visita ao Salón do Libro

Durante o pasado mes estivemos preparando o noso traballo para participar no XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, ao igual que os máis pequenos do colexio. Podedes ver o noso proceso se clicades no seguinte enlace:

             COCIÑA CON ARTE: o noso traballo para o Salón do Libro

Así foi como o pasado luns 24 de marzo tivemos o pracer de participar nas actividades para escolares que alí nos tiñan preparadas.

O alumnado de infantil disfrutaría dunha sesión de contacontos e a nosa aula participaría nun taller "Creando contos" con alumnado do colexio de San Martiño de Salcedo.

Mentras agardábamos para entrar pasou a visitarnos a mascota  do Salón: o lobo ORBIL,  que nesta ocasión tiña posto un mandil de cociñeiro.

Xa que chegamos de primeiros tivo tempo de saudarnos e fotografiarse con cada un de nós.

 Ás 10 da mañán , xa xunto cos nenos e nenas de sexto do colexio de San Martiño, a nosa guía levounos a unha das salas onde nos agardaba o escritor e debuxante Xavier Fariña.

Entre outras moitas cousas interesantes contounos que el xa levaba máis de 40 libros publicados, que lle encantaba viaxar e levar sempre consigo un caderno onde escribir e debuxar as cousas e ideas que se lle ían ocorrendo, que cando mellor creaba era mentras facía deporte,...

A sala estaba decorada cos personaxes protagonistas dos Megatoxos. Alí nos mostrou os pasos que el segue para crear as súas fantásticas historias.

E nós tamén probamos: deunos a cada un unha carpeta, folio e bolígrafo e seguimos as súas indicacións para ser creativos nas nosas historias e debuxos dos personaxes.

Foi moi interesante escoitar e traballar con este escritor.

Cando rematamos, unha guía do Salón foinos levando por cada unha das salas e explicando o que íamos atopando...

Nunha delas  metémonos debaixo da terra, onde estaban prantadas  cenorias, patacas,....  

  

Noutra contounos a historia de como se inventou o sándwich, historia que xa coñeciamos por unha lectura que fixeramos na aula. Alí, dramatizando, escenificaron algúns dos nenos dos dous colexios, e en inglés, o momento da súa invención. Desfrutaron un montón!

No seguinte espacio descubrimos para que eran "bos" algúns alimentos, seguindo os camiños dos laberintos polos que tiña que pasar o lobo Orbil.  

 Noutra das salas a guía falounos sobre a importancia das bibliotecas e as lecturas.

Descubrimos tamén algúns instrumentos feitos con material de refugallo por alumnado de outro centro, os cales ata puidemos facer soar! 

Dentro dunha enorme cociña debuxada nas paredes tivemos que ir localizando diferentes obxectos.

 

 Tamén visitamos o espazo adicado ao cómic no que nos falou da Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustrción coa que contamos en Pontevedra.

 E outro no que estaban recollidos todos os debuxos gañadores para ilustrar o conto de Hansel e Gretel feitos por unha rapaza pontevedresa.

Logo visitamos a exposición de traballos de tódolos centros participantes.

 

E entre eles estaba a nosa cociña cos libros que creamos cada un dos tres cursos participantes.

Nós ensinámoslles aos nenos e nenas do colexio de Salcedo o noso traballo e logo eles contáronnos en que consistía o seu.

Xa pasaran case dúas horas de visita, co que despedímonos de Orbil e do Salón! 

Se queres ver o noso traballo, os dos demáis colexios e participar nas actividades que organiza o Salón do libro, lembra que podes visitalo en Pontevedra de forma totalmente gratuita, nos horarios e datas que poderás atopar na súa web oficial:  http://www.salondolibro.org