Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) COCIÑA CON ARTE: o noso traballo para o Salón do Libro

Co fin de participar na XV edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, estivemos a preparar un traballo na nosa aula, como xa vos comentaramos nesta entrada anterior:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1686

 O título deste ano é Cociñando contos e decidimos traballar os libros de recetas

(Se clicades no cartel do Salón accederedes a súa páxina web)

E como non hai libro no que a comida sexa mais protagonista que nos de recetas de cociña...,

 

decidímonos a facer un. Mais dun xeito especial, coma a ocasión se o merece.

Aquí podedes ver o resultado final:

(Se picades nesta foto accederedes a súa revista dixital, onde poderedes ver todo con máis detalle)

Cada un da clase fixo un boceto de portada. Entre todos eles fomos escollendo as partes que mais nos gustaran. Como "remix" de todas elas quedou este gran resultado final. 

 

Nas dúas primeiras páxinas Dani e Jose escribiron unha breve xustificación de por que fixeramos este traballo e o índice de todas as recetas de cociña xunto co cadro e pintor que serviu de inspiración en cada unha delas.

Xa nas demais páxinas cada un escribiu en oito pasos a explicación da preparación do plato e os ingredientes.

E á dereita de cada unha delas puxemos a foto do chef suxeitando o cadro cociñado. Xa que de arte se trataba, tamén ilustraron en oito viñetas cada un dos pasos que temos que seguir para cociñalo.

Non lles faltaron detalle!

Aquí tedes todas elas expostas no noso taboleiro 

 

Como despedida, na parte traseira, cada un de nós coloreou e recortou un monicreque de cociñeiro aos que lles puxemos as nosas caras.

Como soporte do noso traballo e mais o dos nenos e nenas de infantil preparamos entre todos unha cociña.

Os pequenos encargáronse do pintado e varnizado. Cando a tiveron lista alí fomos a recollela.

A nosa aula foi a encargada de colocarlle todos os detalles: reloxos, termostato, marca, fogóns,...

 

Ao final quedou así de chula!!!

A aula de Infantil 1 preparou un Caldo de adiviñas metido nesta relucente pota, e os de Infantil 2 fixeron unha apetitosa pizza cómic familiar aquí metida xa no forno. Podedes ver os seus traballos nos seguintes enlaces:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1700

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1714