Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

O 26 de novembro da comezo o seminario, o 28 temos a primeira docencia

Tal como podedes ver no calendario (podes descargalo no botón calendario do apartado PFPP - seminario) para este mes de novembro, as datas de reunión do noso seminario sobre "proxectos de traballo e investigación" son:

- martes 26 de novembro:  primeira reunión do seminario

- xoves 28 de novembro: ponencia a cargo de María del Pilar González Mato (experiencias reais de proxectos de traballo nas aulas de primaria)

A esta docencia poden asistir aqueles interesados aínda que non formen parte do seminario.

No calendario que antes comentaba tedes unha previsión completa de datas previstas para todo o seminario.