Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

Dispoñibles seccións co calendario de reunións, estructura do dossier, docencias e na aula

No apartado P.F.P.P. (seminario) deste web (páxina anterior a esta) na parte superior atoparás dous botóns, que permiten acceder a esta información:

a) calendario de reunións e docencia: nel poderás descargar un pdf actualizado coas datas previstas de reunión e as datas de docencia. Debido a que este calendario pode variar segundo as decisións que adopte o grupo de mestres/as participantes, o calendario será actualizado periódicamente.

b) dosier dos proxectos de traballo: neste apartado o coordinador do seminario, irá publicando diferentes documentos pdf descargables, coas reflexións, técnica e dinámicas que se tratarán nas diferentes reunións. Como resultado final crearemos un dossier que percorra tódalas etapas dos proxectos de traballo, facendo un compendio, en cad unha delas das diferentes técnicas e dinámicas que se poden empregar.

Este dosier formará parte do material que se entregue ó finalizar o seminario, xunto coa memoria final.

c) documentos: Neste apartado colgaranse aquela documentació que aporten os diferentes ponentes que acodan ó seminario, así como aquela que empreguemos nas diferentes reunións de traballo.

d) na aula: neste apartado iremos engadindo ligazóns á exemplos reais dos proxectos que imos a levar a cabo nas nosas aulas, daqueles que se atrevan a publicar na web a evolución do seu proxecto de traballo na ula.