Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) Poñémonos en marcha I: encargados, rexistros e moito máis

Pouco a pouco, ó longo deste mes de setembro fomos poñendonos en marcha, refacendo os rexistros, as normas da aula, as bandexas da merenda, as normas... e facendo outras moitas cousas que vos contamos de seguido.


REXISTROS E ENCARGADO:

Co remate do curso anterior, os números do rexistro do calendario estaban garadados nunha caixa, entre todos e todas voltamos a colocalos na súa orde correcta de novo.

 

Unha mañá o profe tróuxonos un "tubo" feito dun papel enroscado, que habería dentro? Cada quen mirou por dentro e construiu as súas hipóteses e explicoullas ós demáis... finalmente tratábase do novo castelo dos encargados.

 

Voltamos a poñer os nosos nomes nas cadeiras, sobre todo nas dos novos compañeiros e compañeiras.

Recortámolos e pegámoslle un anaco de velcro detrás...

 

... para poder pegalo ó da nosa cadeira.

 

O encargado comezou a marcar o día no calendario....

 

... e a poñer o número e do día do que se trataba no rexistro correspondente. Tivemos que explicarlle os novos para que servían as tarxetas de cada día: nelas podemos saber que profes veñen cada día ou que cousas pasarán na nosa aula (informática, froita de merenda, libros para casa...)  Podes descargar as nosas tarxetas dos días aquí, por se queres telas na túa casa.

 

Coma sempre o encargado continúa a repartir ós nomes ós compañeiros/as, que se pegan no "colexio" se están ese día, e na casa se non viñeron, para así poder contar, e poñer o númer correspondente dos que faltan ese día.

Comezamos  recibir cartas no noso recén estrenado "buzón da aula", onde cada quen pode recibir correspondencia dos seus compañeiros e compañeiras.

 

Incluimos no rexistro dos cumpleanos ós novos compañeiros e compañeiras, lendo o mes no que cumprían anos para pegalos no lugar correspondente. E claro tamén tivemos que retirar ós compañeiros e compañeiras que xa non están na nosa aula.

 

Subimos por primeira vez neste curso á aula de informática, onde todo estaba moi cambiado.

 

 

OS VENRES CONTINUAMOS A LEVAR LIBROS PARA CASA: 

Cando chegou o primeiro venres, explicámoslle ós novos compañeiros e compañeiras, como anotabamos os libros que levabamos para casa: imprimindo a foto do ordenador, escribindo o número do libro... 

 

... e completando a folla do rexistro correspondente.

 

Nota: a aplicación que empregamos para obter as portadas dos libros, podes atopala no recanto de infantil no botón "biblioteca"

 

CAMBIANDO A FOTO DE GRUPO DA PORTA:

Coa marcha de compañeiros para primeiro, e coa chegada de novos nenos e nenas, tivemos que cambiar a foto de presentación que temos na porta.

Marcamos na antiga foto os que seguiamos este ano e tachamos os que xa non estaban, para calcular cantos somos agora.

 

 

Os máis pequenos pegaron a foto no cartel

 

Pintándonos as mans uns ós outros co rodillo fomos estampando o noso novo cartel.

 

Finalmente escribimos o noso nome, empregando a tarxeta aqueles que aínda non son capaces de facelo sen axuda.

 

E así quedou na nosa porta

Fixemos tamén unha foto para levar para as nosas casas, nas que ademáis do noso nome escribimos o de algúns dos nosos compañeiros e compañeiras.

 

 

QUE PASA NA NOSA ULA CADA DÍA: FACEMOS UN HORARIO:

Por detrás da foto de grupo, e nunha táboa que había impresa, fomos pegando cada día da semana que ía pasando, o que acontecía na nosa clase. Deste xeito na nosa casa saberán que día temos pavillón, merendamos froita ou que profes veñen.

Os de máis idade escribiron tamén os nomes dos mestres que viñan á nosa aula. 

Cando chegamos ó venres, e rematamos a semana, por fin puidemos levalo para as nosas casas.

 

Continúa na seguinte entrada: Poñemonos en marca II: refacendo as normas, bandexas para a merenda e novo buzón.

AdxuntoTamaño
horario_semana_tarxetas.pdf1.06 MB