Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013/2014) Poñémonos en marcha II: normas da aula, bandexas da merenda e novo buzón.

Continuación da entrada anterior: Poñémonos en marcha I: encargados, rexistros e motio máis...

Neste mes de sembro tamén fixemos....

 

FACÉMO-LAS NORMAS DA AULA:

Como cada curso chegou o momento de elaborar as normas da nosa aula, despois de falar entre todos que cousas críamos que se podían ou non facer na aula acordamos unha lista de delas. Fómolas escribindo por turnos no papel verde ou vermello, segundo considerabamos que si se podían facer ou non.

 

Con cada norma fomos facéndonos uns ós outros unha foto, na cal fixemos de actores para representar as diferentes normas.

 

Xa con elas impresas, fómolas pegando enriba da palabra correspondente.

 

E así quedaron as nosas normas rematadas, que poderemos consultar sempre que queiramos.

 

NOVAS BANDEXAS PARA A MERENDA:

Outra das cousas que fixemos este mes de setembro, foron as bandexas para merendar.

Este ano fixémolas pegando fotos nas que poñíamos diferentes expresións coa cara.

 

Entre todos e todas escribimos a palabra MERENDA para poder poñela na nosa bandexa.

 

Así de simpáticas nos quedaron ;)

 

Explicámoslle ós novos compañeiros/as como e onde se gardan, e como e cando as empregamos.

 

 

UN BUZÓN NOVO:

Un día o profe apareceu na aula cunha caixa de zapatos... Para que podería empregarse? fomos dicindo cada un diferentes utilidades que podería ter. 

Ata limos o conto "non é unha caixa" na que un coello ía dándolle diferentes usos e xogando con ela. Dramatizamos o que sucedía no libro empregando a "bolita", "gatito mau miau" e "luna" que veñen acompañando a JOAQUÍN, NOA E AITANA :)

 

Entre as ideas que xurdiron a que máis nos gustou foi a de facer un novo buzón para a aula, xa que o tiñamos estaba roto.

Así que decidimos facer un novo buzón, empregando anacos de papel adhesivo brillante, dourado e plateado.

 

Foi un traballo de precisición (motricidade fina) despegar o papel das pegatinas.

 

Pouco a pouco fomos cubrindo a superficie de noso novo buzón.

 

Pegámoslle o nome da nosa aula para que todo o mundo o identificase sen problemas.

 

Xa no seu sitio quedamos agardando a recibir correspondencia.

 

 

"CONSTRUIMOS" O MURO DAS PALABRAS

Colaboramos cos compañeiros e compañeiras da outra aula para pintar o "muro das palabras", que empregaremos ó longo deste curso nunha nova tarefa que iniciamos este ano.

Precisabamos conseguir a cor gris, para pintar as pedras do muro, descubrimos que mesturando negro e branco podemos conseguilo. Que sucede se engadimos máis branco? e se engadimos máis negro?... fixemos a proba.

 

Con esponxas fomos pintando os ladrillos do noso muro, que se vai a encher de palabas nas vindeiras semanas.

En futuras entradas explicaremos máis polo miuido o noso traballo co "muro das palabras".