Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2012-2013) E durante o mes de maio... tamén pasou todo isto.

Ademáis de continuar co noso proxecto de investigación sobre Exipto, do que damos conta noutra entrada, e doutra serie de traballos, durante este mes de maio na nosa aula pasou todo isto:

 

Clasificamos e creamos categorías (aproximación ás taxonomías)

Empregando os "BITS", traballamos creand, entre todos e todas,
diferentes categorías e aproximámonos á idea da taxonomía biolóxica.

Partimos do conxunto dos BITS, que tiñan imaxes de diferentes
cousas:animais, edificios, bandeiras, obxectos, obras de arte... e
pediuse ó grupo que as "organizase no chan da aula".

De forma acordada, entre todos e todas fomos amontoándoas en diferentes
"grupos", empregando todo o espacio da aula, creando así diferentes
categorías.

Finalmente conseguimos, despois de falar moito e por "ensaio-erro",  facer seis categorias:

  • Animais
  • Bandeiras
  • Edificios
  • Xente
    (onde meteron persoaxes e obras de arte nas que saían persoas)
  • Obxectos
  • Vehículos

Revisamos os bits de cada categoría, argumentando e xustificando se tiña que estar ou non na mesma, ou se debería estar noutra. 

Escollimos unha delas, a dos animais, e repetimos o proceso, neste caso
non era tan doado poñerse dacordo en como "organizalas".  Finalmente,
despois dalgún debate, acordamos facer as seguintes categorías:  

  • Animais que teñen pico
  • Animais que viven no mar e non teñen pico
  • Animais que viven na terra e non teñen pico

 

Finalmente quedámonos só cos "animais que vivían no mar en non teñen pico" e, novamente,
voltamos a clasificalos. Neste caso resultounos bastante máis complicado,xa que non era doado descubrir en que se parecían ou diferenciaban, pero
finalmente demos acordado facer dous únicos grupos.

  • Animais que viven no mar e que comen a outros animais
  • Animais que viven no mar que non comen a outros animais

 

 



Xogamos a pensar e dramatizamos a curtametraxe "Big buck Bunny":

Xogamos a pensar coa curtametraxe "Big buck Bunny", que podes ver de seguido, a través de preguntas plantexadas polo mestre e das reflexións resultantes das mesmas, desenvolvemos as nosas habilidades de pensamento dunha forma lúdica.

 

Analizamos o argumento, as persoaxes e o fío argumental, para finalmente levar a cabo unha dramatización da mesma asumindo os roles das diferentes persoaxes.

 

Coordinamos as nosas accións e movementos, coas dos demais compañeiros e compañeiras, de forma expontánea, para acadar un obxectivo común final.

Pasámolo de medo!

 

Contacontos:

Asistimos a unha sesión de contacontos moi divertida, xunto ós compañeiros e compañeiras de todo o centro. Un curioso can estaba agardándonos na entrada.

 

Ademáis de contarnos varios contos, puidemos asistir a varios trucos de maxia... nun deles desaparecían as palabras escritas nun anaco de papel e tiñamos que buscalas nos libros da nosa biblioteca.

 

Cando rematou o contacontos marchamos "correndo" a buscar na biblioteca da nosa aula, as palabras que desapareceran no truco de maxia.

 

Finalmente apareceron dentro do libro "Se eu fose moi delgado", que curiosamente estaba a lernos o profe antes de marchar para casa.

 

 

Merendamos no patio:

Como lembraredes, sementamos uns "guisantes de olor", que finalmente plantamos no patio. Unha das veces que baixamos a ver como estaban, decidimos merendar alí ó lado, debaixo das árbores.

O primeiro foi buscar unha estratexia para poder colocarnos todos no espacio, e buscar unha solución a onde iamos poñer a nosa merenda. A un dos compañeiros ocurríuselle empregar o mandilón como se fose un mantel "de picnic", e así o fixemos.

 

Axudámonos uns ós outros a abrir os embases e a organizar a nosa merenda. Ademáis tivemos moitísimo coidado de dexialo todo recollido.  Ó final tamén se apuntaron os nosos compañeiros/as da outra aula de infantil, que merendaron connosco.

 

 

Celebrámo-los cumpleanos do mes de maio:

Celebramos tamén os cumpleanos do mes de MAIO.

Cando comezou o mes, e cambiamos de páxina no calendario, comprobamos no libro dos cumpleanos que só YAIZA estaría de cumpreanos ese mes, ademáis na clase do lado ninguén cumplía anos no mes de maio.

Como sempre iamos facer unha tarta para celebralo, e o primeiro foi ir escribindo nun listado, entre todos e todas, os ingredientes que tiñamos preparados.

 

Probamos cada un dos ingredientes: cales eran salgados?, cales eran doces?, cales eran duros?, cales estaban en po?...

 

Anotamos tamén a cantidade que facía falta de cada un deles escribindo o seu número ó lado do nome, para o que tiñamos que intentar ler onde estaba escrito cada un deles.

 

Para elaborar a tarta, YAIZA contou coa axuda dos demais compañeiros e compañeiras. Entre todos deron feito a tarta de galletas, natillas e chocolate. 

 

Que remataron cuns anacos de mazá picada.

 

Despois dun día na nevera, chegou a festa de celebración. Contamos as candeas que facían falla e que Yaiza soprou dunha vez, non sen antes cantarlle a canción de "cumpreanos feliz".

 

A homenaxeada repartiu un anaco de tarta entre os invitados das dúas aulas, que querían probala.

 

E como fin de festa, "degustamos" unhas patacas fritidas e uns gusanitos.

 

 

Asistimos á obra de teatro dos compañeiros e compañeiras de quinto curso:

Como xa vos contamos, neste mes de maio celebramos o día das letras galegas e a festa dos maios, pero naquel momento non foi posible que os compañeiros e compañeiras de quinto curso representaran a súa obra de teatro (por enfermidade dalgúns dos actores). 

Finalmente, o día 31 de maio, puidemos asistir á obra de teatro dos nenos e nenas de quinto curso. Ese día pola mañá, entregáronnos unh unha entrada-invitación, para poder entrar.

Recollérona na entrada, aínda que á saída voltaron a dárnola como recordo, e tomamos asento no improvisado teatro.

A obra foi moi divertida e rímonos moito co ben que o fixeron os actores.

 

Estamos desexando recibir o DVD de final de curso para poder voltar a vela.