Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2012-2013) Facemos un seguimento de como medran as nosas plantas

Sementamos os "guisantes de olor" e iniciamos o noso caderno de campo:

Tal como vos cometaramos antes de rematar o trimestre comezamos unha plantación na nosa aula, empregando unhas macetas que trouxera Noa. 

 

Decidimos facer un seguimento das nosas prantas, anotando canto medían en cada momento así como outros aspectos importantes das mesmas.

 

O primeiro foi anotar o nome da semente que empregamos "GUISANTES DE OLOR" que escribimos entre todos no encerado.

 

Pouco a pouco as prantas foron medrando.

 

Anotamos no noso caderno de campo, sobre unha grella, onde prantaramos a nosa pranta, non era doado localizar no espazo cada unha das prantas.

 

En diferentes momentos fomos medindo, con axuda dos compañeiros e compañeiras a lonxitude da nosa pranta.

 

Anotándo o número que indicaba a altura no noso caderno, indicando a data do día xunto cun debuxo de como era a súa pranta nese momento, para o cal había que observar os pequenos detalles para plasmalos. Tamén anotamos en cada medición, con gomets a altura á que chegaba en cada medición.

 

As nosas prantas medraron tanto que xa non cabían, e unha saíu da terra... así que aproveitamos para observala polo miudo e descubrir as súas partes.

 

Falamos e establecemos hipóteses de como pensabamos de como se convertía unha semente nunha pranta, xurdiron ideas moi diferentes e interesantes. 

 

 

As partes das plantas:

Comprobamos as nosas observacións coa realidade neste fantástico vídeo que amosa como se converte unha semente nunha pranta, vendo todo o que sucede debaixo da terra.

 

Decidimos facer con témpera un esquema das diferentes partes das prantas que xa coñeciamos, o primerio foi acordar, e escribir un listado, das cores que iamos precisar.

 

Fomos facendo o noso debuxo da pranta, con tódalas súas partes, que cada quen interpretou ó seu xeito.

 

Escribimos nun modelo as partes dunha planta que xa sabiamos.

 

E unah vez seco, anotámolas tamén no noso debuxo.

 

Primeiro cambio de maceta

Como medraran tanto chegou o momento de cambialas de maceta, empregamos uns vasos de plástico con buratos debaixo, para que non afogasen as prantas.

 

Con moito coidado cada quen foi transplantando a súa pranta.

 

E por suposto regámola para que seguira medrando.

 

Para seguir facendo as anotacións no noso caderno de campo ata que o rematamos.

 

Ó final puidemos ver como foi medrando co paso dos días, e onde pegabamo-los gomets aparecera unha "escaleira" que o profe dixo que se chamaba "gráfica de barras".

 

Como sería a seguinte barra se seguisemos medindo a pranta?

Cada quen formulou a súa hipótese e a meirande parte aseguraban que a barra sería máis longa,"tanteando" canto criamos que mediría denro duns días.

Outros argumentaron que tamén a barra podería ser máis pequena se é que a pranta morrese, secase ou lle nacese un froito que a torcera cara o chan.

 

Así quedou o noso caderno de campo:

Podes ver un exemplo de como quedou o noso "caderno de campo" onde
fixemos o seguimento de como ían medrando as nosas plantas. Fai click na
imaxe para velo.

 

 

 

Preparamos a plantación no horto do noso patio.

Despois de varias semanas, e cando o tempo o permitiu, chegou o momento de transplantar as nosas prantas para no horto escolar que tiñamos no patio da escola.

O primeiro foi facer, como sempre, a lista do material que iamos precisar, acordando ferramentas e indicando para que as usariamos, e escribindo os seus nomes entre todos e todas no encerado.

 

Coa lista rematada fomos lendo o que poñía e buscando cada uha das ferramentas.

 

Ata que as dimos xuntado todas, incluida unha carretilla para levalas todas.

 

Saímos ó patio con tódalas prantas na man.

 

E coa axuda das ferramentas que trouxeramos (pa, regadeira, auga...) fómolas plantando no noso horto... mentras tanto os que quedaron esperando o seu turno pásaron de medo explorando entre as prantas.

 

Entre todos fixemos un cartel para que todos e todas soubesen como se chamaban as nosas prantas.

 

Mar, que era a encargada, colocouno no chan daiante da nosa rinleira de prantas.

 

Agora tan só haberá que esperar se medran ou non no aire libre, onde non están tan protexidas como na aula pero onde si teñen máis sol.

Cada pouco baixamos a regalas.

 

Para que, con sorte, sigan a medrar ata que teñan as flores que puxeramos no noso caderno de campo.