Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012) Continúamos a investigar sobre os avións e montamos nun ultralixeiro

Podes ver os pasos previos deste proxecto de investigación nestas ligazóns:

- Xa temos tema do noso novo proxecto de investigación: Os avións

- Comezamos a investigar sobre os avións

Continuamos investigando sobre os avións... e ata construimos un

 

A TORRE DE CONTROL DO NOSO AEROPORTO:

Como xa vos comentamos, nunha entrada anterior, xa descubrimos en que lugares poden aterrizar os avións. Un destes lugares era o aeroporto, durante uns días estivemos a buscar información e a investigar sobre este lugar.

Descubrimos, entre outras cousas, que nos aeroportos había unha torre moi alta que se chamaba "torre de control". Iniciamos un diálogo no que cada un foi dicindo porque cría que era tan alta, para que servía, e quen estaba dentro.

Con todo o que fomos "descubrindo falando" e o que encontramos nas fontes de información, xa estabamos preparados para facer a nosa torre de control, e que deste xeito o noso avión puidese aterrar sen problemas.

 

Dividímonos en dous equipos: Un deles fixo a torre en papel continuo, moi alta para que os controladores aéreos puidesen ver os avións e "avisar" ós pilotos de onde tiñan que aterrar.

O outro equipo encargouse de convertirnos a todos en "controladores aéreos", con uniforme e gorra, tal como atopamos nun libro.

 

Algún ata quixo poñerlle un bigote :)

 

Entre todos, coordinándonos, demos feito co traballo. Eso si tivemos que organizarnos e poñernos dacordo falando entre nos, para que todos e todas puidesemos facer o noso traballo.

 

Cando estaba rematada tamén escribimos un cartel que indicaba como se chamaba, por se se nos esquecía o seu nome.

 

Agora xa podemos aterrar o noso avión sen problemas, porque estamos todos "de controladores aéreos" arriba de todo para vixiar e "usar o micrófono" para avisar ós pilotos do avión.

 

 

 

SEGUIMOS A INVESTIGAR: 

Ademáis de completar o dossier de cada un de nos coas tres preguntas que xa respostaramos (ver entrada anterior ó inicio deste artigo), continúamos a buscar resposta a outras das preguntas que tiñamos plantexadas.

COMO SE CONSTRÚE UN AVIÓN? Empregndo o vídeo que usamos para constuír o noso avión (ver entrada correspondente ó comezo deste artigo), asociamos e ordeamos as imaxes do proceso de elaboración dun avión co proceso que seguimos para elaborar o noso (transportar, montar, pintar, poñer números e letras)... finalmente escribimos como se chamaba esa parte do proceso.

 

QUEN VAI DENTRO DOS AVIÓNS?  Descubrimos nas disintas fontes de información que tiñamos que ademáis dos pasaxeiros (e animais tal como descubrimos noutra das preguntas), tamén había auxiliares de vo (que axudaban os pasaxeiros) e un piloto e un copiloto que se encargaban de "pilotar" o avión e estar en contacto "cos auriculares" coa torre de control para que "non se perderan e souberan onde aterrar"

 

Coas preguntas das que xa tiñamos a resposta, démoslle unha charla ós compañeiros e compañeiras da outra aula, que nos ían a acompañar na visita ó ultralixeiro... parece que lles interesou porque nos fixeron moitas preguntas.

Outro día seremos nos quenes sexamos "ó público" da explicación que nos den sobre a súa investigación sobre os cabaleiros, castelos e princesas (ver recanto de Infantil 1 para máis información)

Cada equipo foi contando o que descubriran en cada unha das preguntas ás que lles puxeramos un "SI" para saber que xa tiña resposta.

Aínda nos quedan algunhas preguntas por respostar, todas elas moi interesantes, pero antes de continuar tiñamos reservada unha visita sorpresa... IAMOS VISITAR E MONTAR NUN AVIÓN DE VERDADE!!

 

VISITAMOS E MONTAMOS NUN ULTRALIXEIRO:

Cando comezamos a investigar sobre os avións, Gabriel comentounos que o seu tío tiña un e que lle dixera se o queriamos visitar.

Días antes organizamos a "viaxe" pensando "como iamos ir ata onde estaba", por onde iamos a pasar, quen era o dono do avión, por qué se chamaba "ultra lixeiro" e que iamos facer alí.

Cando chegou o día da visita comezamos a nosa camiñata, xa que nesta ocasión iamos ir andando e non en autobús.

Pasamos por diante da biblioteca e da casa do Concello, onde todos recoñecimos rápidamente a bandeira de Europa (ver entrada correspondente á celebración do día de Europa)

 

A media que iamos recorrendo o noso camiño, fomos atopándonos con veciños e veciñas que nos foron saúdando e ós que fomos explicando onde iamos e por qué, por algunha das nosas casas, e por lugares que xa coñeciamos.

 

Despois de camiñar un ratiño por fin demos chegado á casa do tío de Gabriel, Estaba feita toda de madeira.

 

Alí estaban esperándonos o tío e o pai de Gabriel, que o primeiro que nos ofreceron foi auga para beber... que agradecimos moito :)

 

Alí estaba listo o ultralixeiro, esperando por nós.

 

Puidemos tocalo, miralo e o tío de Gabriel explicounos como se movían as as, onde tiña o motor...

 

Tamén montamos nunha cadeira especial que se chamaba de "entrenamento" e servía para acostumarse ó movemento e saber que botóns hai que tocar.

 

Como non podiamos montar todos á vez no ultralixeiro, xa que só cabían dous de cada vez, tamén nos tiñan preparados uns debuxos de avións, dragóns, princesas e castelos (porque Gabriel lle contara ós seus pais o que estaban a investigar os nosos compañeiros e compañeiras)...

 

E tamén tiñan listos balóns para xogar con eles, eso si tivemos que axudarlle a inflalos.

 

E por suposto, de dous en dous fomos montando no ultralixeiro, abrochamos o cincurón de seguridade, e puxemos o casco co micrófono, co que podíamos falar co compañeiro que ía diante e "seguro que tamén coa torre de control".

 

 

 

 

Ata o profe se montou no ultralixeiro

 

Os demais profes tamén se atreveron a montar nel...  

 

Menos mal que non se lles deu por arrancar o motor, senon a saber onde ían aterrizar. 

 

Agora tan só nos quedaba darlles as gracias ó tío e pais de Raúl por esta fantástica experiencia, facer o camiño de volta... e contarlle a todos e todas  o ben que o pasamos.

Ademáis xa sabíamos novas cousas que nos servirán par a nosa investigación, por exemplo un novo tipo de avión "os ultralixeiros".