Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012) Comezamos a investigar sobre os avións

Podes ver os pasos anteriores deste proxecto de investigación nesta ligazón:

- Xa temos tema do noso novo proxecto de investigación: Os avións

 

COMEZAMOS A INVESTIGAR:

Tal como vos contarmos na entrada anterior, xa escolleramos o tema dos Avións para investigar sobre el e fomos tamén xuntando información sobre o mesmo.

Á volta das vacións, xa con toda a información organizada chegou o momento de comenzar a nosa investigación.

Para elo, como facemos sempre, primeiro comentamos entre todos, e anotamos, as cousas que xa sabiamos sobre os AVIÓNS. Nalgunas houbo discusión pero acordamos, que cando fixeramos a investigación decidiriamos se eran verdade ou non.

Decidimos tamén entre todos, que cousas queriamos saber sobre o tema, as veces tiñamos que acordar como queriamos "escribir" a pregunta para non repetilas.

Lembramos tamén onde podiamos buscar a información, e fomos pegando as fotografías de toda a información que fomos traendo.

Para poder organizarnos decidimos facer "equipos", nesta parte do mural iremos pegando os equipos que vaiamos facendo para investigar cada pregunta.

Polo momento xa temos a foto de "todos xuntos" investigando na aula de informática a pregunta sobre "se poden viaxar os animais nos avións e onde van".

Quedounos un mural enorme, agora tan só nos queda completalo con todo o que vaiamos descubrindo nas nosas investigacións.

 

PODEN VIAXAR OS ANIMAIS NOS AVIÓNS? ONDE TEÑEN QUE FACELO? 

A primeira pregunta que decidimos investigar foi se os animais podían ou non viaxar nos avións. Como era a primeira pensamos que era mellor "investigala xuntos", e xa o fariamos por equipos con outras preguntas.

Na aula de informática, usando o Encerado Dixital Interactivo (EDI), creamos unha carpeta chamda "AVIÓN", que escribimos empregando o teclado, para gardar dentro todas as fotos e información que atopasemos sobre o tema.

 

Entramos na zona de vídeos do recanto de infantil, e alí descubrimos que había vídeos sobre os avións. Co xa sabía chegar ata eles Marcos foi quen de atopalos. Podes velos aquí

 

Tivemos que escoller entre todos os vídeos que había, cal deles tiña que ver coa pregunta que estabamos a investigar.

 

Descubrimos que teñen que ir en gaiolas na bodega do avión e que incluso os animais tan grandes como os elefantes.

 

Así quedou noso mural a resposta a esta pregunta, ademáis puxémoslle o número "3" que era o número da pregunta.

 

Finalmente tamén o plasmamos nunha folla para o noso dossier.

 

Continuaremos a investigar sobre as restantes preguntas.