Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

quinto

(2010-2011) Celebración do Nadal

Os nenos e nenas de 5º celebramos o Nadal coas seguintes actividades:

- asistimos a un Contacontos no salón de actos do colexio

 

- elaboramos grandes bolas navideñas xunto cos demais nenos do colexio decorándoas na casa para logo colgar polos corredores e escenario

- Aproveitamos a traballar a descripción en Lengua Española cos distintos personaxes do Belén para logo facer o Xogo de Quen e quen? con elas e as súas imaxes, traballo que puxemos no corredor

     

- participamos no Festival do Nadal: facendo todos nós de presentadores das actuacións, poñéndolle a música cos nosos instrumentos á obra de teatro que representaron os nenos e nenas de Infantil e facendo un baile Gospel xunto cos nosos compañeiros de 6º.

- e o último día de clase fumos a unha sesión de cine no salón de actos, para logo xuntarnos na clase e comer todas aquelas cousas que trouxeramos da casa.

Ademáis este último día de clase do ano tamén fixemos a entrega dos agasallos do amigo invisible que elaboramos cada un de nós para o compañeiro que en segredo nos tocara, algún de eles tan chulos como: Unha foto de cando era bebe para que nunca se olvide de ela, unha casiña feita con cartón, debuxos, cómics, un lapiceiro feito cun tetrabric, ... Algúns destes momentos foron:... 

E tamén a mestra fixo entrega dos premios aos alumnos con mellor comportamento do trimestre que esta vez foron: ... David, Daniel, Ana, Jesús, Arantxa e Andrea.

       

 

Xa so queda desexarvos a todos un feliz ano novo 2011

(2010-2011) Celebración do Magosto

 

Durante esta semana, no terceiro ciclo, estivemos a investigar sobre os animais e froitos máis propios desta estación do ano.

 

 Para elo, cada un de nós tivo que recoller a maior información posible sobre o que lle tocara e logo plasmala a modo de esquema. O resultado foi o seguinte:

Costou un pouco o plasmar a información deste xeito, pero pouco a pouco fórono facendo. O resultado foi bastante bo.

Aquí vemos algúns exemplos:

Ademais tamén nesta semana celebrámolo Magosto. Este foi o Programa da Festa:

  

A partir do recreo participamos nos 8 xogos que tiñamos preparados no pavillón.

E como remate fomos a comer as castañas asadas.

Tamén aproveitamos o Magosto  como tema para traballar como se facía unha entrevista. Elaborámola na clase entre todos. Preparamos 5 preguntas que nos parecían máis interesantes e cinco de nós fumos á clase de 4º a recoller as respostas dos nenos e nenas sobre o a Festa.

Aquí vemos algúns dos momentos da entrevista:

 

(2010-2011) Celebración do Samaín

Na aula de quinto celebrámolo Samaín. Sorprendido

Para elo , durante esta semana:

- trouxemos cabazas decoradas para o concurso.

- preparamos unha canción de medo coa mestra de música que representamos o día da festa.

- disfrazámonos e maquillámonos o día do Samaín no cole para darlle sustos aos demais cursos

-  e elaboramos uns contos de medo que espuxemos no noso corredor.

 

De todos eles escollemos os tres que estaban mellor redactados. Éstes foron:

            

Entre eles eleximos: "Unha noite terrorífica". Daniel foi quen o leu o día da festa.¡  Todos e todas pasámolo de medo!

(2010-2011) Novo curso escolar

                       

¡Curso novo!

Novidades:

A titora: Marga, que ademais de darvos Lingua Castelá e Galega será a mestra de E.F. Tamén da clase o mestre Tirso, Julio, Bernarda, Ana, Loli e Merce.

O Curso: Quinto, moito máis que aprender e disfrutar.

Tamén estrenades Aula: este ano na planta baixa, cerquiña da dirección para estar ben vixiados!!  

Como novidades nela temos os recantos: lugares onde nos ratos libres, recreos de choiva,... poder estar en grupos traballando ou xogando co material que alí temos. Éstes son:

-Lemos?: recanto onde está situada a biblioteca de aula e podemos escoller unha das lecturas para viaxar un ratiño con ela. 

       

-Informámonos?: Co ordenador podemos traballar, buscar información, xogar,...

                          

-Falamos?: Recanto onde poder darlle solución aos problemas que vaian xurdindo cos nosos compañeiros e así levarnos mellor. Importante respetar o turno de fala!

                      

 

Creamos?: Onde poder debuxar, colorear, facer pulseiras, ....

 

 

 

 

 

 

 

Xogamos?: Poderemos elexir un dos xogos que temos na aula: xadrez, dominó, cartas, parchís,...

  

Investigamos?: Nel temos unha Biblioteca específica cos libros sobre o noso corpo, animais, prantas, tecnoloxía, enciclopedia, diccionarios,...

 

E tamén importante, o noso punto de reciclaxe:

                    

                 

(2009-2010) Elaboramos o Maio

 

Os nenos e nenas de 5º trouxemos flores, fiunchos, ovos e laranxas e elaboramos o noso Maio.

 

 

Campaña Riscos Laborais "Moitollo"

 

Durante o curso 2009/10 os alumnos/as de 5ºe 6º visionaron un video en 3D para a prevención de riscos laborais.

O video foi proxectado no camión de "Moitollo"

Utilizaron unhas gafas para poder visionar o video en 3D.

A mascota "Moitollo" déixanos despois duns divertidos consellos, ademáis de  agasallarnos con camisetas, chaveiros, ...

Excursión a Santiago

 

En maio os alumnos do colexio de 3º a 6º iremos a Santiago para visitar a catedral e a exposición "Galicia Dixital".

 

 

Xogos do recanto de quinto

 

Atrevédesvos a pasar un test sobre o tema que andamos a tratar "Os Inventos"?

Boa sorte e... sede rápidos!

 

 

Aparato locomotor: ósos, músculos e ariculacións.

 


CONEXIÓN HAWAI

Programa de xogos

e actividades

coas que entretervos .

.

Xogo de preguntas e respostas

sobre A PAZ 

.

.

Xa estades cansos de tanto traballar? Pois aquí tedes un enlace no que atoparedes actividades xogadas coas que pasar un bo rato.

.

.

.

Programa de xogos para aprender a coidar o teu entorno

.

.

. CHILDTOPÍA:

páxina na que tedes un feixe de actividades entretidas: xogos, adiviñas, plastilina, ...

.

.

.

.

Xogo semellante ao pasapalabra, para un ou dous xogadores e con diferentes niveis a elexir.

.

.

.

Taller de contos onde poderedes personalizar e ler ou escoitar un feixe de historias.

.

.

www.catedraldesantiago.es

Aquí podedes enlazar con unidades didácticas moi interesantes sobre cultura e tradicións de Galicia. 

  O túnel do tempo

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.