Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2010-2011) Novo curso escolar

                       

¡Curso novo!

Novidades:

A titora: Marga, que ademais de darvos Lingua Castelá e Galega será a mestra de E.F. Tamén da clase o mestre Tirso, Julio, Bernarda, Ana, Loli e Merce.

O Curso: Quinto, moito máis que aprender e disfrutar.

Tamén estrenades Aula: este ano na planta baixa, cerquiña da dirección para estar ben vixiados!!  

Como novidades nela temos os recantos: lugares onde nos ratos libres, recreos de choiva,... poder estar en grupos traballando ou xogando co material que alí temos. Éstes son:

-Lemos?: recanto onde está situada a biblioteca de aula e podemos escoller unha das lecturas para viaxar un ratiño con ela. 

       

-Informámonos?: Co ordenador podemos traballar, buscar información, xogar,...

                          

-Falamos?: Recanto onde poder darlle solución aos problemas que vaian xurdindo cos nosos compañeiros e así levarnos mellor. Importante respetar o turno de fala!

                      

 

Creamos?: Onde poder debuxar, colorear, facer pulseiras, ....

 

 

 

 

 

 

 

Xogamos?: Poderemos elexir un dos xogos que temos na aula: xadrez, dominó, cartas, parchís,...

  

Investigamos?: Nel temos unha Biblioteca específica cos libros sobre o noso corpo, animais, prantas, tecnoloxía, enciclopedia, diccionarios,...

 

E tamén importante, o noso punto de reciclaxe: