Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2008-2009) As árbores do patio cambian co outono

Xa o curso pasado comprobamos que as árbores do patio ían cambiando co paso do tempo. Un día na asamblea xurdiu a pregunta de se isto pasaría tódolos anos.

En primeiro lugar tentamos lembrar que lle ía pasando "á nosa árbore" do patio coas súas follas. Acordamos entre todos comprobar se este ano "eramos capaces de adiviñar" que lle ía pasar a árbore.

¿Tería aínda follas agora que xa estabamos en outono? Fómolo comprobar e sacamos estas fotos.

Aínda lle quedaban follas, pero moitas xa estaban no chan.

Tamén descubrimos que había un niño dun paxaron, nunha das doutras árbores, pero non quedaba xa ningún paxaro nel... ¿ónde marcharían?. 

Cada quen aportou o que sabía e todos e todas quedamos convencidos de que seguramente "marcharon" a outro lugar onde non fixera tanto frío, porque alguén o mirara nunha "película" da televisión.

 

Cando chegue o inverno iremos comprobar se se quedou sen ningunha folla, tal como lle sucedera o ano pasado.

(2008-2009) Preparamos a festa do magosto

Como se acercaba a festa do Magosto, decidimos poñernos mans á obra e ir preparando todo o que iamos necesitar.

O primeiro foi facer un cartel que axudase "os demáis" a atopar o lugar onde se ía celebrar a festa do Magosto.

Miguel recortou o pedazo de papel que acordamos entre todos e todas.

 

Despois nos organizamos en dous grupos, un deles encargado de facer o cartel do Samaín e outo do cartel do Magosto.

Escribimos primeiro con lapis o cartel, entre todos e todas dentro do equipo, foi fácil escribilo. O maior problema foi calcular o tamaño das letras, pero despois de varios intentos de escribir e borrar cada equipo chegou a un acordo sobre o tamaño.

Logo chegou o turno de repasar as letras con témpera, cada equipo escolleu o que necesitaba (brocha, pinceis, témpera de cores) que empregou libremente coa única condición de recoller todo o material cando rematasen.

 

Así quedou o cartel do MAGOSTO rematado, ahora tocaba esperar toda a noite a que seracar.

 

Ó día seguinte xa tiñamos o noso mural seco, e por votación acordamos que o mellor sitio para poñelo era enriba da porta da sala de usos múltiples, onde ía ter lugar a festa do Magosto.

 

 

CESTOS PARA AS CASTAÑAS:

Como cada ano fixemos os nosos cestos para meter as castañas asadas, empregando cartóns de leite.

Cando estabamos a piques de comezar, contamos os cartóns e observamos que non ían a chegar para todos, así que con axuda de gomets "calculamos" cantos cartóns nos farían falta para que todos tivesen os seus.

 

Tres compañeiros/as se encargaron de traer os cartons que faltaban, e o día seguinte puidemos poñernos mans á obra e facer os nosos cestos. ¿Que che parece como quedaron?

 

A FESTA DO MAGOSTO: XOGOS NO PAVILLÓN:

O día da festa do magosto participamos en xogos no pavillón.

 

 E organizamos o reparto de castañas, os encargados das dúas aulas serían os responsables de repartir as castañas ós demáis... igual que facían os "maiores" na súa festa.

 

Como había moito lío, os "repartidores" fixeron dúas filas para poder repartilos cómodamente e en orde.

 

(2008-2009) Polo Samaín.... unhas cabazas "de medo"

Cando chegou o final do mes de outubro Emilio comentounos na asamblea que na súa casa tiña unhas cabazas "xigantes", e que se queríamos que nos traía unha para facer un "monstruo". Como estaba preto o Samaín decidimos facer cabazas que "meteran medo".

Ó día seguinte Emilio e Miguel trouxeron varias cabazas, algunhas eran grandes outra pequenas, e de cores diferentes... resultaba que non todas eran de cor laranxa como todos pensabamos.

¿Como imos facer o "monstruo" coa cabaza?: todos respostamos que había que vaciala primeiro, e para iso tiñamos que quitarlle un cacho. Mellor o de arriba porque así lle servía de "sombreiro".

¿Cantas cousas tiña por dentro aquela cabaza que trouxera Emilio?





Como tiñan tantas "tripas" e coa culleriña non iamos dar acabado decidimos meter as mans e sacar todo o que tiña dentro. ¿cantas pepitas tiña?


 

Cando xa estivo vacía, despois de moito traballar, Emilio debuxoulle os ollos o nariz e a boca, e o profe, con moitísimo coidado de non cortase co coitelo, quitoulle as partes que estaban debuxadas.

Fíxonos moita gracia que parecía un puzle e podiamos poñer e quitar os ollos, a nariz e a boca as veces que queriamos.


A cabaza que fixo o equipo de Miguel tamén daba moito medo.




Emilio e o seu equipo tamén fixo outra cabaza, pero esta vez máis pequena.



Así quedaron as nosas primerias 3 cabazas terroríficas.




Para saber cantas cabazas tiñamos decidimos ordenalas de máis pequena a máis grande.



 
Pensamos que había que facer un cartel para que a xente soubera quen fixera as cabazas e para dicir que non se podían tocar, xa que eran moi delicadas.




Colocamos as cabazas no corredor do colexio, debaixo das escaleiras.




E ó lado de "Pepe" o esqueleto.


Ó día seguinte, Elimio trouxo unha cabaza ENORME...




Que costou moitísimo valeirar porque tiña moitas "tripas"




Puxémola ó lado das demais.





Para que todos soubesen como se chama a festa das cabazas en Galicia, decidimos poñer un cartel anunciando a Festa do SAMAÍN. Así todos os demais nenos e nenas do colexio poderían poñer alí as súas cabazas do samaín.


Traballamos a reo...



Como tamén fixeramos unhas coroas de lúa coa profre Rosa de Inglés, fixémonos unha foto onde saímos cos compañeiros da clase do lado e os profes Óscar, Dori e Rosa.

(2008-2009) Fixemos unha tarta con mel

Un día na asamblea alguén contou que lle picara unha abella, falando sobre o tema decidimos investigar sobre elas e estas foron algunhas das cousas que xa sabíamos sobre estes animais.

 

Entre as cousas que sabiamos Miguel dixo que se podían facer tartas coa mel que facían as abellas, porque o seu pai que era panadeiro sabía como facelas.

Así pois decidimos que nós tamén iamos facer unha tarta con mel, escribimos unha nota para casa distribuindo os ingredientes entre todos (uns tiñan que traer mazá, platanos...), o profe Óscar se tiña que encargar de traer o mel.

Cando xa tivemos todos os ingredientes da nosa lista comezamos a facer a nosa tarta

 

Contamos e clasificamos cantas froitas tiñamos de cada tipo.



Miguel e Emilio encargáronse de poñer a parte de abaixo da tarta, porque despois de moito discutir acordamos que algo tiña que ter por debaixo para que non cairan os ingredientes.



Como o biscoito era caudrado quedaban ocos no medio, a alguén se lle ocurriu que cortándoos en triángulos se podían ocupar todos os ocos

 

Nerea, que era a encargada ese día encargouse de encher toda a tarta de mel, non nos sobrou nada.

 

Logo entre todos puxemos por riba cachos das froitas que trouxeramos:



 

 

 

 

Cando xa estaba rematada, chegou a  hora de probar que tal sabía a tarta. Hugo foi o encargado de ir repartindo a tarta entre os nenos e nenas que quixeron probala.

 

 

A algúns nos gustou a tarta e a outros non nos gustou. Cada un anotou nunha lista se lle gustou ou non a tarta. Cando contamos os votos descubrimos que había máis xente á que si lle gustaba a nosa tarta de mel.

 

Para beber trouxemos zume de froitas da casa, é o rematar tivemos que recoller para deixar a clase limpa.

 

E claro, tamén tivemos que limpar as mesas porque quedaron todas manchadas coa mel... que pegaba moito.


(2008-2009) Apareceu un can no patio da escola

Hoxe pola mañá atopamos un can que estaba no patio da escola, ninguén sabía como se chamaba nin se tiña dono ou dona, xa vos iremos contando máis cousas que vaiamos "descubrindo" sobre este novo visitante.



 

Para poder facer a foto do can, tivemos que ir moi despaciño e sen facer ruido para que non escapase de nos, porque estaba moi asustado.



Despois de varios días "investigando" que lle puido pasar ó can pan chegar ó colexio, un día non voltou a aparecer por alí nunca máis. Chegamos á conclusión de que seguramente marchara cos seus donos.


Como a historia do can "misterioso" era moi interesante, decidimos facer un mural para contarlle a todo o mundo as cousas que descubrimos da súa "aventura".

A primeira dúbida que tivemos foi onde poñer a foto do can, ben no medio do papel ou nun lado (non saíron outras alternativas), decidimos solucionalo cunha votación.



Unha vez tomada a decisión pegamos a foto do can.



Coa foto xa pegada, nos organizamos en equipos para contar toda a aventura "que imaxinamos" lle sucedeu o can "misterioso". O que máis nos custou foi poñernos de acordo dentro de cada equipo, pero ó final todos fomos capaces de traballar xuntos.



HUGO   E   LUCÍA  DECIDIRON DEBUXAR E ESCRIBIR A FAMILIA DO CAN:





NURIA E AINHOA  CONTARON ONDE  E  COMO  ATOPAMOS O CAN.



MIGUEL E INÉS DEBUXARON E CONTARON DE ONDE CREMOS QUE ESCAPOU O CAN, DOS "COCHES ELÉCTRICOS" DUNHA FESTA QUE ESTIVO Ó LADO DO COLEXIO.



EMILIO,  JAVIER  E  DIEGO  DECIDIRON ESCRIBIR OS NOMES QUE ENTRE TODOS PENSARAMOS PARA POÑERLLE Ó CAN.



JAVIER E LAURA CONTARON ONDE MARCHOU O CAN DESPOIS DA SÚA AVENTURA.



Cando xa tiñamos todo pegado e  ordenado no seu sitio  no mural,  pareceunos unha boa idea "estampar"  moitos pes de cor marrón, porque desa cor era a terra do patio.



Decidimos tamén pintar algúns pes tamén de cor rosa, porque nos gustaba esa cor.



Cando a fomos a buscar ó almacen, descubrimos que non había esa cor, menos mal que LAURA se lembraba que se podían facer cores novas mesturando outras, descubrimos que mesturando a cor vermella coa branca saía xunto a cor que estabamos a buscar.




Agora só tiñamos que estampar os pes de cor rosa.





Unha vez rematado tivemos que levalo para outro lado da clase e deixalo alí a secar, porque necesitabamos o sitio para poder xogar despois de tanto traballo.





Unha vez o mural estivo seco chegou o momento de colgalo no corredor para que todos coñeceran a aventura do can abandonado.

 

 

Esta é a historia do que nos parece que sucedeu co can.



VIVÍA  NOS  COCHES  ELÉCTRICOS





CAN  APARECEU  NO XARDÍN  -  O  CAN  NO PATIO




VIVÍA COS SEUS PAIS E COS SEUS DONOS





FIXÉMOSLLE  UNHA   FOTO  Ó  CAN





O  ESCAPOU  PARA A SÚA  CASA  E  MARCHOU  COS SEUS DONOS.

(2008-2009) ¿Queres saber quenes estamos este curso na aula de 4 e 5 anos?

Este curso Óscar é o profe da aula de 4 e 5 anos, tamén cambiaron algúns dos compañeiros, uns porque marcharon para primeiro e outros porque viñeron da outra aula. ¿Queres coñecernos?.

Esta é a foto que nos fixo a profe Merce o primeiro día, nos daba a risa todo o tempo así que na foto saímos rindo.




DIEGO     AINHOA   NURIA    ÓSCAR    NEREA    INÉS

JAVIER JAVIER  MIGUEL  EMILIO HUGO  LUCÍA  LAURA
 
 
 
Tamén fixemos unha imaxe coa profe Mercedes
 
 
 

(2007-2008) Así é a nosa aula, ¿queres coñecela?

HOLA, OS NENOS E NENAS DA CLASE DE 4 E 5 ANOS QUEREMOS ENSEÑARCHE COMO É E QUE FACEMOS NA NOSA CLASE ESTE CURSO.

NA  PORTA  DA CLASE, FORA, TEMOS  UNHA  FOTO  DE  NOS  COA  PROFE  ÁNGELA, PARA QUE  A  VEXAN  TODOS. A FIXEMOS  A  PRINCIPIO DE CURSO.

 

 

 

NADA  MÁIS  CHEGAR  Á  ESCOLA,  SACAMOS  OS  ABRIGOS,  QUE  QUEDAN GARDADOS  NOS  PERCHEIROS.

ESTÁN  FORA DA CLASE PORQUE ASÍ TEMOS  MÁIS  ESPACIO DENTRO, XA QUE NON É MOI GRANDE.

 

 

 

E  POÑEMOS  OS  MANDILÓNS.



 

NA CLASE  TEMOS  MOITOS  XOGOS E  MATERIAL  PARA TRABALLAR E  APRENDER.

ESTES  SON ALGÚNS DOS RECANTOS:

 

 

ESCOLA: PASAMOS  LISTA.

 

 

QUE  TEN  AS  TARXETAS  PARA  PASAR  LISTA E PARA  VER  QUÉN  FALTA.

 

 

O/A  ENCARGADA, CADA DÍA, TAMÉN  SINALA  O DÍA DA SEMANA QUE É, O DÍA DO CALENDARIO, E O TEMPO QUE FAI.

COMO VEDES  TEMOS OS NOMES  DAS SEMANAS ESCRITOS DÚAS VECES, UNHA EN GALEGO, E A DE DEBAIXO EN CASTELÁN; ASÍ VEMOS AS DIFERENCIAS.

 

 

 

 

LOGO, NÓS, INDIVIDUALMENTE, BUSCAMOS A DATA NO NOSO CALENDARIO, MARCANDO O DÍA, DEBUXANDO O TEMPO QUE FAI, E ANOTANDO POR DETRÁS  ALGUNHAS DATAS  OU   ACONTECEMENTOS ESPECIAIS , COMO OS CUMPRE ANOS, CELEBRACIÓNS, SAÍDAS…

 

 

E LEMOS  NO  CALENDARIO QUÉN ESTÁ DE SANTO ESE DÍA.



NA  CLASE TAMÉN  TEMOS  UN  RELOXIO,  QUE XUNTO  CO  HORARIO,  NOS  AXUDAN  A  ORIENTARNOS NO TEMPO  E NOS DIFERENTES TEMPOS E ACTIVIDADES DE CADA DÍA.


O/A  ENCARGADO/A DO DÍA TAMÉN  SE DEBUXA NO ENCERADO,  PON O  SEU NOME E APELIDOS  E ESCRIBE  A  DATA  DO DÍA.

A NOSA PROFE PON A DATA MÁIS ARRIBA  COAS LETRAS MINÚSCULAS.


 

 

 

O/A ENCARGADO/A TAMÉN SAÚDA ÓS NENOS DANDO OS BOS DÍAS COA SÚA MAN DEREITA,  CONTA ÓS NENOS CUNHA CANCIÓN, E  NOS  CONTA  UN CONTO A TODOS.

 

MENTRES, NÓS, ESCOITAMOS BEN ATENTOS, NA ZONA DA ASAMBLEA.

 

 

TEMOS  UNHAS  NORMAS  PARA ESTAR REUNIDOS NA ASAMBLEA, E SON  ÉSTAS:

 

GARDAR TURNO PARA FALAR-  ESCOITAR ATENTAMENTE-  ESTAR  BEN SENTADOS.

 

TEMOS  TAMÉN  UNHAS NORMAS FEITAS E CONSENSUADAS ENTRE TODOS, PARA SABER ESTAR  NA CLASE E NO COLE.

MIRADE, MIRADE!

 

 

E  TAMÉN  TEMOS  UN  BAÑO DENTRO DA NOSA  CLASE. POR SUPOSTO, HAI  UNHAS NORMAS  PARA  UTILIZALO

 

 

 

O ENCARGADO DO DÍA TEN MOITAS TAREFAS FIXAS  E OUTRAS VARÍAN EN FUNCIÓN DO QUE ESTEAMOS A TRABALLAR OU OS PEQUENOS PROXECTOS NOS QUE ESTEAMOS PARTICIPANDO.

 

POR  EXEMPLO,  CANDO TEMOS PRANTAS NA CLASE, TEN QUE REGALAS, COS VERMES DE SEDA, BOTARLLES COMIDA, OU NA SALA DE INFORMÁTICA, FACER AS  PARELLAS PARA TRABALLAR NOS ORDENADORES.

 

 

    

 

 

 NA  NOSA CLASE, ADEMÁIS DA ZONA DAS MESAS DE TRABALLO, DONDE TAMÉN FACEMOS A MERENDA, E DA ZONA DA ASAMBLEA, TEMOS OUTROS RECANTOS DE XOGO E TRABALLO ¿QUEREDES  COÑECELOS?

 

A  BIBLIOTECA:

 

 

OS  VENRES  FACEMOS  PRÉSTAMO DE LIBROS, CADA NENO/A ESCOLLE UN CONTO PARA LEVAR A CASA, E O APUNTA  NUN REXISTRO DA AULA.

 

 

 

NO  2º  TRIMESTRE  NOS  XUNTABAMOS  UN DÍA  A  SEMANA, UN RATIÑO, COS NENOS/AS DE 3  ANOS  PARA CONTARNOS  CONTOS POR  PARELLAS.

E Ó REMATAR FACÍAMOS  UN  REXISTRO.



 



 


TAMÉN TEMOS  ORDENADOR NA AULA, E TEMOS  UNS TURNOS FEITOS, POR PARELLAS PARA ORGANIZARNOS E PODER UTILIZALO TODOS.

 

 

 

NÓS  ESCOLLEMOS OS XOGOS, TAMÉN TEMOS POWER POINTS (DE ANIMAIS, DOS BEBÉS, DE VINCENT VANG GOGH, DE DISTINTOS PAÍSES DO MUNDO E DAS FOTOS DAS ACTIVIDADES FEITAS Ó LONGO DO CURSO).

UNHA VEZ Á SEMANA SUBIMOS  Á AULA DE INFORMÁTICA, ONDE TEMOS UN ORDENADOR PARA CADA DOUS, E ALGÚNS DÍAS  BUSCAMOS INFORMACIÓN EN INTERNET, E TRABALLAMOS COA PANTALLA DIXITAL.

 

 ESTE  É  O  RECANTO DOS PUZZLES, XOGOS DE LÓXICA-MATEMÁTICA: DOMINÓS, DE SUMAS E RESTAS, XOGO MEMORIA, PINCHOS, COLARES…….

 

 

TAMÉN  TEMOS  UNHA  ZONA  ONDE  XOGAMOS  COAS  CONSTRUCCIÓNS, XOGOS DE FERRAMENTAS...

 
 


PERRUQUERÍA



 

 PELUCHES E TÍTERES

 

 

 

E  TEAS   E  DISFRACES….. ¿ESTAMOS  GUAPOS?

 

 

PLASTILINA

 

NO  COLE  TAMÉN  PINTAMOS  CON TÉMPERAS  E  PINCEIS, E  ATA TEMOS  UN CABALETE  E  UN GORRO DE PINTOR.

PERO SI  PARECEMOS  PINTORES DE VERDADE…..!!

 

 


 

APROVEITAMOS  UNHAS  PAREDES  LIBRES  DA  CLASE  PARA  O  NOSO PEQUENO MUSEO  E  ALÍ EXPOÑER DE VEZ  EN  CANDO  OS  TRABALLOS  DE  PLÁSTICA  OU DE  CALQUERA  PROXECTO  QUE  ESTEAMOS  TRABALLANDO.

 

 

RETRATOS   DE  VINCENT  VANG GOGH"

 


 

 "A NOITE ESTRELADA"

 

 

ADEMÁIS  DA  NOSA  CLASE,  APROVEITAMOS  AS  PAREDES  DOS  PASILLOS  PARA  EXPOÑER  TRABALLOS  QUE  FUMOS FACENDO DURANTE TODO O CURSO.

PORQUE  CADA RECANTO DA NOSA ESCOLA PODE AMOSARNOS ALGO  NOVO E  INTERESANTE!

 


 

 

E  ATA  AQUÍ  CHEGA  O NOSO  PERCORRIDO.

ESPERAMOS  QUE  VOS  GUSTARA  A NOSA  ESCOLA!

(2007-2008) Estes somos os nenos e nenas de 4 e 5 anos

¿Queres saber quenes estamos este ano na aula de 4 e 5 anos? Este ano somos 12 nenos e nenas e a nosa profe se chama Ángela.


JOSE   LAURA   PABLO  RAÚL  EMILIO  MIGUEL  LAURA
NURIA   MARÍA   LUCÍA   NEREA  NURIA

 

(2006-2007) Facemos zumes

FACEMOS  ZUMES
En infantil probamos a facer zumes de diferentes froitas para comprobar como sabían.
 
Xa estabamo todos preparados, o primeiro era identificar as froitas que elexiarmos o día anterior, para ver se estaban todas.
A profe Sole comezou a cortalas para ver como eran por dentro.
 
Con axuda dos mestres fomos metendo na licuadora os pedaciños de cada froita ¿de que cor saería o zume?

 

Tivemos que buscar unha forma de organizarnos porque todos queriamos ser os primeiros.

 

Acordamos que o mellor sería facer unha fila para cada froita, e cada un se puxo na da froita que quería probar.

 

Mans á obra ¿que tal sabería o zume de sandía?

 

A cada un lle gustaba máis un zume que os outros.

 

Os mestres Óscar e Sole tamén quixeron probar os zumes para ver cal lles gustaba máis.

 

Cando rematamos quedamos moit sorprendidos de ver como os restos da froita quedaban facendo "liñas" de cores.

Tentamos adiviñar de que froita era cada cor e descubrimos que o que estaba máis abaixo era da primeira froita que probamos e o de enriba era a da última.

(2006-2007) Investigamos sobre as prantas


SEMENTAMOS


CANDO CHEGOU A PRIMAVERA UN DÍA NA ASAMBLEA DA AULA DE 5 ANOS,  XURDIRON VARIAS PREGUNTAS SOBRE AS PRANTAS, ASÍ QUE DECIDIMOS INICIAR UN PROXECTO DE TRABALLO PARA INVESTIGAR AS NOSAS DÚBIDAS. * 

PRIMEIRO ESCRIBIMOS O QUE SABÍAMOS DAS PRANTAS

 

LOGO O QUE QUERIAMOS SABER, PARA MARCAR CUN "X" CANDO ATOPABAMO-LA RESPOSTA.

 

TIVEMOS TAMÉN QUE PENSAR ONDE PODIAMOS ATOPAR A INFORMACIÓN.

 

TIVEMOS QUE ORGANIZARNOS PARA BUSCAR INFORMACIÓN NA NOSA INVESTIGACIÓN. 

O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI SEMENTAR ALGUNHAS PRANTAS, PARA MIRAR COMO MEDRABAN  E ASÍ DESCUBRIR AS RESPOSTAS A ALGUNAS DAS NOSAS PREGUNTAS.

COMO ANTES DE EMPEZAR MIRAMOS A PELÍCULA (DOCUMENTAL)  "DOS HOOBS" SOBRE AS PLANTAS XA SABÍAMOS ALGUNAS COUSAS.

NECESITABAN UN BURATO PARA QUE A AUGA PUIDESE SAÍR CANDO A REGASEMOS. 

 

PENSAMOS QUE HABÍA QUE POÑERLLE UN CARTEL PARA SABER DE QUEN ERA CADA PRANTA E QUE HABÍA PLANTADA EN CADA MACETA. 

 

CANDO TODOS REMATAMOS DE PREPARAR AS NOSAS MACETAS XA PODÍAMOS EMPEZAR A PRANTAR.

 

POÑÍAMOS TERRA NO BOTE E LOGO FACÍAMOS UN BURATO CO DEDO PARA METER DENTRO A SEMENTE. 

 

DESPOIS DE REGALAS. PUXEMOS TODAS AS NOSAS PRANTAS PRETO DA VENTÁ PORQUE NA PELÍCULA DOS "HOOBS" DICÍA QUE AS PRANTAS MEDRABAN CARA O SOL, E NOS QUERIAMOS QUE MEDRARAN "PARA ARRIBA". 

 

CADA EQUIPO PEGOU AS SEMENTES QUE PLANTOU  NO MURAL DA "INVESTIGACIÓN" E TAMÉN ESCRIBIU O SEU NOME. 

 

DURANTE MOITOS DÍAS SEGUIMOS INVESTIGANDO PARA RESPONDER AS PREGUNTAS QUE TIÑAMOS. CADA EQUIPO SE ENCARGABA DE BUSCAR AS RESPOSTAS A UNHA DAS PREGUNTAS.

 

¿QUE PLANTAS SE PODEN COMER?:

O NOSO EQUIPO PENSOU EN RECORTAR DE REVISTAS AS PLANTAS QUE SE PODÍAN COMER. PARA NON OLVIDARNOS PUXEMOS OS NOMES DE CADA COUSA.

 

 

 

¿QUÉ ANIMAIS COMEN PRANTAS?

O NOSO EQUIPO BUSCOU EN LIBROS ANIMAIS QUE COMÍAN PLANTAS, CARNE E QUE VIVÍAN NO MAR. CANDO ATOPABAMOS UN O PROFE FACÍA UNHA FOTOCOPIA E O PEGABAMOS NA FOLLA. ENTRE OS TRES PUXEMOS OS NOMES A CADA UN. 

 

 

¿COMO MEDRAN AS PRANTAS?:

O NOSO EQUIPO DECIDIU DEBUXAR COMO MEDRABAN AS PLANTAS "PARA ARRIBA" COMO DICÍA NA PELÍCULA DOS HOOBS. DECIDIMOS TAMÉN QUE "MELLOR" LLE POÑIAMOS O NOME DAS PARTES QUE TIÑA UNA PLANTAS.

AS VECES TIÑAMOS QUE VOLVER A VER A PELÍCULA DOS HOOBS NO ORDENADOR PARA DESCUBRIR COUSAS.

 

 

O QUE IAMOS DESCUBRINDO O ESCRIBIAMOS NO NOSO MURAL.

 

ASÍ NOS QUEDOU O MURAL DA NOSA INVESTIGACIÓN, ERAN MOITÍSIMAS COUSAS AS QUE DESCUBRIMOS DAS PLANTAS.

 

 

TAMÉN FIXEMOS UN LIBRO DA INVESTIGACIÓN QUE LEVAMOS PARA CASA.

CANDO MEDRARON AS PLANTAS LEVÁMOLAS PARA CASA

 

* Todo o texto desta páxina foi dictado polos nenos/as de Educación. Infantil de 5 anos como fase final do Proxecto de Traballo e transcrito polo mestre.

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.