Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2008-2009) Apareceu un can no patio da escola

Hoxe pola mañá atopamos un can que estaba no patio da escola, ninguén sabía como se chamaba nin se tiña dono ou dona, xa vos iremos contando máis cousas que vaiamos "descubrindo" sobre este novo visitante.

 

Para poder facer a foto do can, tivemos que ir moi despaciño e sen facer ruido para que non escapase de nos, porque estaba moi asustado.

Despois de varios días "investigando" que lle puido pasar ó can pan chegar ó colexio, un día non voltou a aparecer por alí nunca máis. Chegamos á conclusión de que seguramente marchara cos seus donos.


Como a historia do can "misterioso" era moi interesante, decidimos facer un mural para contarlle a todo o mundo as cousas que descubrimos da súa "aventura".

A primeira dúbida que tivemos foi onde poñer a foto do can, ben no medio do papel ou nun lado (non saíron outras alternativas), decidimos solucionalo cunha votación.

Unha vez tomada a decisión pegamos a foto do can.

Coa foto xa pegada, nos organizamos en equipos para contar toda a aventura "que imaxinamos" lle sucedeu o can "misterioso". O que máis nos custou foi poñernos de acordo dentro de cada equipo, pero ó final todos fomos capaces de traballar xuntos.

HUGO   E   LUCÍA  DECIDIRON DEBUXAR E ESCRIBIR A FAMILIA DO CAN:

NURIA E AINHOA  CONTARON ONDE  E  COMO  ATOPAMOS O CAN.

MIGUEL E INÉS DEBUXARON E CONTARON DE ONDE CREMOS QUE ESCAPOU O CAN, DOS "COCHES ELÉCTRICOS" DUNHA FESTA QUE ESTIVO Ó LADO DO COLEXIO.

EMILIO,  JAVIER  E  DIEGO  DECIDIRON ESCRIBIR OS NOMES QUE ENTRE TODOS PENSARAMOS PARA POÑERLLE Ó CAN.

JAVIER E LAURA CONTARON ONDE MARCHOU O CAN DESPOIS DA SÚA AVENTURA.

Cando xa tiñamos todo pegado e  ordenado no seu sitio  no mural,  pareceunos unha boa idea "estampar"  moitos pes de cor marrón, porque desa cor era a terra do patio.


Decidimos tamén pintar algúns pes tamén de cor rosa, porque nos gustaba esa cor.

Cando a fomos a buscar ó almacen, descubrimos que non había esa cor, menos mal que LAURA se lembraba que se podían facer cores novas mesturando outras, descubrimos que mesturando a cor vermella coa branca saía xunto a cor que estabamos a buscar.

Agora só tiñamos que estampar os pes de cor rosa.

Unha vez rematado tivemos que levalo para outro lado da clase e deixalo alí a secar, porque necesitabamos o sitio para poder xogar despois de tanto traballo.

Unha vez o mural estivo seco chegou o momento de colgalo no corredor para que todos coñeceran a aventura do can abandonado.

 

 

Esta é a historia do que nos parece que sucedeu co can.

VIVÍA  NOS  COCHES  ELÉCTRICOS

CAN  APARECEU  NO XARDÍN  -  O  CAN  NO PATIO

VIVÍA COS SEUS PAIS E COS SEUS DONOS

FIXÉMOSLLE  UNHA   FOTO  Ó  CAN

O  ESCAPOU  PARA A SÚA  CASA  E  MARCHOU  COS SEUS DONOS.