Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2008-2009) EMILIO sae na televisión, no "Telexornal"

Hoxe pola mañá Emilio comentounos que saira no "Telexornal", dándolle de comer a súa cabuxa "Sarita".

Buscando por internet atopamos o vídeo onde saía, agora todos podemos velo.

(2008-2009) Refacemos as normas da aula

Un día, despois de ter que solucionar varios conflictos nos recantos, decidimos que o mellor era voltar a facer as normas da aula, para que todos puidesemos velas en calquera momento.

 

En primeiro lugar acordamos que iamos poñer as cousas que SI podemos facer e as que NON podemos facer.

Tras debatilas e escribilas entre todos/as no encerado, conseguimos "resumilas" nunhas cantas.



Por equipos comezamos a escribir as normas que acordaramos, cada equipo unha delas


Cada equipo tachaba a norma que acaba de escribir cando a tiña rematada. As veces "cando un equipo se perdía", alguén do mesmo tiña que ir a "orientar" ó/s seu/s compañeiro/s.



Despois pegamos "as normas" escritas na catolina que lle correspondía.

 

Cando xa as tiñamos todas escritas, cunha cámara de fotos "fixemos de actores" e tiramos fotos das "accións que indicaban as normas".

 

Pouco a pouco fomos enchendo todo o taboleiro de normas.

 

Cando xa estaba rematado, pensamos que estas normas tamén nos poderían servir para casa, así que nunha folla coas fotografías "escribimos" as normas que lles correspondían a cada unha.

O máis complicado foi "organizarse" para que todos poidesemos escribir as normas. Aceno

 

 

 

(2008-2009) Solucionamos un conflicto... cunha carta

Hoxe tivemos un problema na nosa aula, un compañeiro levou un xoguete de outro compañeiro para a súa casa sen permiso.

Tras falar un pouco sobre como podiamos solucionar este problema e se estaba ben o sucedido, o dono do xoguete plantexou que lle ía escribir unha carta para pedirlle que llo devolvera.

Como ambos estiveron dacordo na solución, os dous "afectados"  puxéronse máns á obra para escribir a carta.

 

Entre os dous foron quen de rematala axina, e abaixo de todo "asinaron" os dous.

 

Logo metérona nun sobre e claro, escribiron tamén para quen ía dirixida.

 

 

Entre os dous meteron a carta na mochila para que a levase para casa. Mañá estaremos todos atentos a ver se trouxo ou non o xoguete de volta.

 Como xa estaba arreglado o problema, os dous decidiron ir a xogar xuntos.

 

(2008-2009) Disfrazámonos de "Corazóns Mixiricas" polo entroido.

Este ano, como o Salón do Libro trababa sobre o "Amor" todo o colexio decidiu disfrazarse deste tema, pero cada curso tiña que "inventar o seu disfraz".

En infantil fixémolo xuntos as dúas clases (3-4 anos e 4-5 anos).

Organizámonos por equipos, cada un coa cor que escolleu para o seu disfraz, cunha plantilla de corazón cada equipo tiña que facer os "que facían falta" para facer os disfraces do seu equipo.

 


Cando xa tiñamos recortados os nosos corazóns (un para diante e outro para a parte de atrás), chegou o momento de facer os ollos, nariz e boca.

 

Probamos o disfraz antes de seguir e nos miramos no espello.

O nariz de plastilina.

E pola parte de atrás estampamos corazóns con pintura.

 

Para facer a coroa de corazóns, algúns se encargaron de facer as tiras de cartulina....

E outros de facer os corazóns...

 

E así quedou a coroa

 

Só nos quedaba por facer unha pancarta para o desfile, despois de falar durante un tempo xurdiu a idea de chamarnos os "Corazóns mixiricas".

 

O día do desfile, despois de poñernos o traxe debuxamonos na cara uns corazóns, menos mal que a profe Bernarda veu a axudarnos

 

Xa estabamos preparados para o desfile.


Pasámolo moi ben...

De volta do desfile pasámolo moi ben na festa que había no colexio, onde tamén viñeron os compañeiros da escola de "Cerdeiras" os "pequenos/as" da galescola.

 

 

(2008-2009) Facemos un castelo "xigante"

Un día mirando fotografías de nenos/as que estiveron na nosa aula en cursos anteriores, descubrimos que rodeando á porta que dá á clase do lado, fixeran un mural xigante.

Decidimos facer tamén o noso mural xigante, tras unha votación entre os debuxos candidatos, gañou a idea de facer o CASTELO que debuxara NEREA:


Unha vez tiñamos escollido o noso "modelo", fomos a buscar o papel para facelo "en grande", ¿canto papel nos ía facer falta?, como xa fixeramos outras veces collimos o metro e nos puxemos a medir e cortar o papel continuo co tamaño que necesitabamos.

 

 

Cos papeis xa cortados, fixemos equipos e dividimos o traballo, cada quen se encargaría de facer unha parte do castelo.

Descubrimos que non eramos capaces de pintar todos á vez porque se movía o papel, así que decidimos pegalo ó chan.

 

Unha vez pegado con celo puxémonos mans á obra.

Eso si, tiñamos que fixarnos no debuxo de Nerea para que nos quedara igual.

Para non confundirnos cada equipo escribiu o nome da cor que había que pintar en cada parte do mural: AMARELO, LANARXA...

 

Xa case tiñamos rematado o noso castelo, só faltaba unha parte.

De novo por equipos rematamos o traballo:

 

E tamén lle fixemos un sol e máis un avión.

 

Así quedou todo rematado, a porta da clase da profe Ángela parecía a porta do castelo.

 

(2008-2009) Visitamos o Salón do Libro e facemos os nosos títeres

O día 2 de febreiro, como xa anotaramos no calendario da nosa aula, participamos nas actividades do salón do libro, e visitamos o noso conto que estaba alí exposto.

Ás 9 da mañá saímos cara Pontevedra en autobús, de camiño recollimos ós compañeiros da escola de Cerdeiras.

 

Cando chegamos, os de infantil asistimos a unha sesión de títeres, pero uns títeres moi especiais, todos eran ZAPATOS. 

O que máis nos gustou, de tódalas historias que nos contaron, foi o do zapato grande, mediano, pequeno e PEQUECHO, que quería ir ata a lúa.

 

Tamén nos gustou a historia do SOL, a LÚA e a choiva. O TIGRE e o ELEFANTE ata facían ruidos.

 

Cando rematou a actuación, a nosa guía que se chamaba "Patricia", ensinounos onde estaba exposto o noso conto "A pricesa e o Oso" e o conto dos nosos compañeiros do colexio e da escola de Cerdeiras.

 

Aquí están todos os demáis traballos dos compañeiros do noso colexio: infantil, primeiro, segundo, terceiro, cuarto e sexto.

 

Despois de ver toda a exposición de traballos, visitar as covas da nube, das fadas e a das "apertas", tivemos un ratiño para ler contos... e había moitísimos.

 

 

Nese momento apareceu o LOBO ORBIL:

 

Aínda que algúns lle tiveron medo, algún ata se atreveu a darlle unha aperta "amorosa". 

 

FACEMOS OS NOSOS TÍTIRES DE "ZAPATOS".

Ó día seguinte, falando do que máis os gustara da visita ó Salón, pensamos que igual nós tamén podiamos facer uns títeres con forma de zapatos, para contar a hisitoria de PEQUECHO.


Así que todos fixemos 4 zapatos: GRANDE  MEDIANO  PEQUENO  e  PEQUECHO.

 

E lle puxemos un pau para poder manexalos como títeres. Pintámolos de vermello porque os da actuación eran dese cor e co nome detrás para non confundilos.

 

Por grupos fomos contando a historia dos zapatos, cada quen como a lembraba. Tamén nos tivemos que poñer de acordo para saber que persoaxe ía facer cada quen.

 

Ás veces cambiabamos parte da historia para facela máis divertida.

 

Ata fixemos a LÚA e un COHETE como na obra de verdade. E como vedes PEQUECHO tamén chegou ata a LÚA.

 

OS ACTORES:

JAVIER                  DIEGO               HUGO

 

AINHOA                   MIGUEL           JAVIER

 

NEREA  montando a pequecho no cohete para que chegase ata a LÚA, os propios actores ata "asomaban a cabeza" para  ver o despegue.

 

NEREA                         INÉS

 

Xa lle contaremos todo isto ós compañeiros e compañeiras que non puideron vir por estaren enfermos. 

 

 

 

(2008-2009) Celebramos o día da PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz. Algunhas clases de outros cursos puxeron na parede, debaixo da escaleira, os seus debuxos, como quedaba un oco ne medio decidimos facer un cartel que puxera PAZ para poñerlo alí.

O primeiro foi medir a parede para saber "canto espcio tiñamos" e de que tamaño tería que ser o papel.

 

Medía "200"...

 

No papel marcamos, co metro, ata o "200", debuxamos unha liña e cortamos o anaco que sobraba.

 

Por parellas debuxamos a silueta da man do noso compañeiro.

 

Coloreamos ambas mans entre os dous.

 

Logo no papel continuo que cortaramos escribmos con lapis, por se nos equivocabamos, a palabra PAZ, con leras ben grandes.

 

Repasámolas con rotulador....

 

E pegamos as nosas mans, xa recortadas, nas liñas das letras, cada quen onde mellor lle pareceu.

 

Con pintura de dedos "embadurnamos" as mans dos compañeiros para poder estampalas no mural da paz.

 

 

 

Ata que tivemos o noso mural rematado.

 

Logo chegou o turno de limpar todo o material que empregamos.

 

Cando xa estaba seco o noso mural colgámolo na parede, como xa o mediramos cabía dentro do oco perfectamente.

 

Aínda que faltaban algúns compañeiros/as demos conta do traballo facéndoo xuntos.

 

Logo para levar para casa fixemos unhas "bandeiras" cunha pomba da paz e o noso nome. Tamén estiveron os nosos compañeiros de 3-4 anos.

(2008-2009): Participamos no "Salón do libro 2009" co conto "A princesa e o Oso"

Un ano máis imos participar no Salón do Libro 2009 de Pontevedra, que este ano está adicado ó "Amor". Os de infantil de 4-5 anos, participamos na elaboración do traballo conxunto realizado por todo o centro  e aportamos  o noso propio conto "A princesa e o Oso".

 

PARTICIPAMOS NA ELABORACIÓN DA "BOLA DO MUNDO"

O primeiro que tivemos que facer foi levar a bola que xa comezaran outros compañeiros á nosa clase:

 

Logo preparamos tiras de papel de xornal para poder pegalas sobre a bola.

 

Con Alkil e as tiras de papel de xornal cada un foi pegándolle capas á nosa bola.

 

Cando rematamos decidimos que iamos escribirlle unha carta ós de primeiro, para dicirlles que xa podían seguir eles pegando papeis na bola.

Primeiro entre todos no encerado...

 

E logo entre todos nun papel..

 

Escribimos "para quen" era a carta no sobre...

 

E fúmoslla llevar á clase de primeiro, pero como non estaban nese momento, deixámoslla enriba da mesa da profe Tina.

 

FACEMOS   O  NOSO  LIBRO:

O noso libro tiña que estar ambientado no Polo Norte, do que xa sabiamos moitas cousas da nosa investigación sobre os iglús. Por iso decidimos que o conto tería forma de iglú.

Tras escribir entre todos e todas o conto, e tras varias "correccións", chegou o día de poñernos ó traballo. 

Por equipos repartimos "a historia" de xeito que cada grupo se encargou da súa parte.

Primeiro debuxamos a parte de historia que nos tocou.

 

Tamén recortando as persaxes de revistas...

 

As veces un equipo atopa "xusto" o que outro equipo estaba a buscar, e llo levaba para que poidese usalo.

 

Recortar das revistas non era doado, pero con coidado fomos capaces de atopar tódalas persoaxes.

 

Cando xa tiñamos feita a "escena", tocaba recortar  silueta do iglú, que debuxaramos na cartolina cunha plantilla.

 

Logo, outro día, cada equipo tivo que escribir "o texto" da súa parte do conto, pero primeiro había que "calcular" o esparcio que tiñamos para escribir.

 

Cada equipo foi escribindo a súa parte da historia.

 

Logo chegou o turno dos "últimos retoques"

Tan só faltaba escoller un título, entre os candidatos eleximos por votación "A PRINCESA E O OSO".

 

Así quedou o noso conto








































Como ves lle puxemos "números" ás páxinas para "non mesturalas unhas coas outras".


Uns días despois avisáronos por e-mail de que iríamos a visitar ó Salón, e a participar nas súas actividades o día 2 de febreiro, para non esquecernos e poder contar cantos días faltaban para ir, decimos anotalo no calendario da clase.

Escribimos LOBO porque é quen máis nos gusta do Salón do Libro.

 

 

 

 

(2008-2009) Investigamos sobre os IGLÚS

Mentres estabamos xogando cos "bits" atopámonos con un iglú... Unha chea de preguntas xurdiron sobre esa  "extraña construcción" e decidimos iniciar un proxecto de investigación sobre os IGLÚS.

Nun diálogo de gran grupo xurdiu o seguinte:

 

¿Que sabiamos sobre os iglús?

  • Son casas pero feitas de neve ou xeo.
  • Nos iglús viven os "esquíos"
  • Non están feitos de neve porque a neve non é cuadrada como os ladrillos.
  • Serven para gardar dentro ós animais.

 

¿Que queriamos saber?

  • ¿Como se fan e de que estan feitos os iglús?
  • ¿Quen vive dentro dos iglús?
  •  ¿Como fan a comida dentro? ¿Teñen cociña?
  • Onde hai tanta neve

 


Buscamos a información:

Para responder ás preguntas era necesario buscar as respostas nalgún lado, xurdiron as seguintes ideas:

No ordenador, usando a pizarra dixital buscamos imaxes de iglús, a partir delas poderiamos logos descubrir moitas respostas ás nosas preguntas.

 

 

Entre as fotografías atopamos unha que nos fixo moita gracia, e que fixo xurdir outra pregunta ¿Que quere facer o oso? ¿por que está mirando dentro do iglú?

 

Tamén no ordenador atopamos os seguinte vídeo, que conta moitas cousas sobre os iglús. Aínda que está en inglés nos serviu de moita axuda.

http://es.youtube.com/watch?v=1aSL9La5ivo

Este vídeo tamén o temos no ordenador da aula, para miralo as veces que necesitaramos e descubrir de cada vez cousas novas.

 

Tamén atopamos información en libros:

 

En mapas:

Onde puidemos descubrir onde podería haber iglús, xa que chegamos á conclusión que se o o "azul" era o mar,  o marrón a terra e o verde a herva... o branco tería que ser a neve.

Buscando en libros e preguntando na casa descubrimos que os había "no Polo norte, na parte de arriba da terra". 

Pareceunos moi curioso que a terra parecera unha pelota... ¡E PODÍA DAR VOLTAS!

 

INVESTIGAMOS:

Para investigar con toda a información que xuntamos nos organizamos por equipos, cada un tiña que responder á pregunta que lle tocase das plantexadas, e logo explicar o que descubriu para pegalo no mural que estabamos a facer entre todos.

 

 

Tamén tivemos que facer as letras do título do mural IGLÚ.

 

 

Como "por un accidente" se nos rompeu o mural por un lado, tivemos que "arranxalo" coa tesoira.

 

Cando rematamos o mural, coa resposta a tódalas preguntas, o colgamos no corredor para que todos puideran velo.

Ademáis do mural fixemos un dossier que levamos para casa, con todo o que descubrimos sobre os iglús.

(2008-2009) Ás árbores do patio xa non lles queda nin unha folla

Como xa chegara o inverno, decidimos ir a comprobar se lle caeran tódalas follas ás árbores do patio, tal como sucedera o curso pasado.

Cando chegamos, descubrimos que xa non lle quedaba nin unha.

 

Como era inverno e facía moito frío iamos todos moi abrigados.

 

Mirade como cambiou a árbore do OUTONO ó INVERNO:

   OUTONO                                   INVERNO

 

 

Pensamos que cando chegue a PRIMAVERA as follas voltarán a nacer, teremos que facer outra foto para comprobalo.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.