Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2008-2009) Disfrazámonos de "Corazóns Mixiricas" polo entroido.

Este ano, como o Salón do Libro trababa sobre o "Amor" todo o colexio decidiu disfrazarse deste tema, pero cada curso tiña que "inventar o seu disfraz".

En infantil fixémolo xuntos as dúas clases (3-4 anos e 4-5 anos).

Organizámonos por equipos, cada un coa cor que escolleu para o seu disfraz, cunha plantilla de corazón cada equipo tiña que facer os "que facían falta" para facer os disfraces do seu equipo.

 


Cando xa tiñamos recortados os nosos corazóns (un para diante e outro para a parte de atrás), chegou o momento de facer os ollos, nariz e boca.

 

Probamos o disfraz antes de seguir e nos miramos no espello.

O nariz de plastilina.

E pola parte de atrás estampamos corazóns con pintura.

 

Para facer a coroa de corazóns, algúns se encargaron de facer as tiras de cartulina....

E outros de facer os corazóns...

 

E así quedou a coroa

 

Só nos quedaba por facer unha pancarta para o desfile, despois de falar durante un tempo xurdiu a idea de chamarnos os "Corazóns mixiricas".

 

O día do desfile, despois de poñernos o traxe debuxamonos na cara uns corazóns, menos mal que a profe Bernarda veu a axudarnos

 

Xa estabamos preparados para o desfile.


Pasámolo moi ben...

De volta do desfile pasámolo moi ben na festa que había no colexio, onde tamén viñeron os compañeiros da escola de "Cerdeiras" os "pequenos/as" da galescola.