Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2010-2011) Temos novos compañeiros

Este curso temos novos compañeiros despois de que algúns compañeiros e compañeiras marcharan para primeiro.

¿Queres coñecelos?

Estes somos os nenos e nenas de Educación Infantil 2 este curso. 


ÓSCAR (PROFE)   -  IKER
 
ÁLVARO   ÁNGEL   JESSICA   ASHLEY   DAVID   GABRIEL  MARTÍN   MARCOS  JAVIER  ANXO

(2009-2010) En busca do tesouro: xogo de pistas de fin de curso

O último día de curso, tiñannos unha sorpresa preparada, iamos xogor a atopar un tesouro agochado.

O primeiro foi xuntar as dúas clases e facer tres equipos:

Spiderman:

Supermán:

 

Batman:

 

Cada equipo comezou cunha pista dentro dun sobre, que nos iría levando por todo o colexio en busca do tesouro.

Todos xuntos tentamos "descifrar a primeira pista" 

 

Outra tíñana os compañeiros e compañeiras de primeiro, que o ano pasado estaban connosco.

 

As pistas fichéronnos subir e baixar as escaleiras...

 

Outra pista estaba dentro da caixa de reciclar papel.

 

Debaixo da  mesa do despacho de secretaría tamén atopamos unha das pistas.

 

E ata debaixo da escaleira, detrás do mural do mar, se agochaba unha das pistas.

 

Tivemos que buscar polo xardín, unha das pistas máis complicadas de atopar...

 

Que o final estaba enterrada debaixo da terra, e sinalizada cunha baideira de cada  equipo.

 

A algúns dos equipos custoulle máis que a outros atopala.

 


O que estaba agochado ¡ERA UN MAPA DO TESOURO!

 

Seguindo mapa tivemos que ir por varias zonas do colexio ata chegar ó tesouro, que estaba marcada cun "X" de cor vermella, como nos mapas dos piratas.

Ó final os tres equipos chegamos xuntos á última pista...

 

A última pista dicía que o tesouro estaba  na entrada.

 

Entre todos pensamos "cal podía ser o tesouro"

 

Que  resultou ser un coche de xoguete para cada un.

 

Andrea repartiu os coches a todos os "investigadores"

 

Ó final xogamos todos xuntos cos coche que se atopaban no tesouro.

 

Xa no recreo nos atopamos cos compañeiros e compañeiras de terceiro que estaban a celebrar unha festa, á que nos convidaron a participar.

Para rematar o día asistimos a unha sesión de contacontos.

(2009-2010) Visitamos Indiana Bill e o Verbum "A casa das palabras"

O día 17 de xuño tivemos unha excursión moi especial, xa que saímos pola mañá e voltamos pola tarde, así que tivermos que comer todos xuntos.

Ademáis ian, ademáis dos de Infantil, os  compañeiros e compañeiras de primeiro, segundo e os da E.E.I. Cerdeiras (de Fragas)

Días antes de saír fomos anotando nunha lista, os nomes dos nenos e nenas que ían traendo a autorización e que ían ir a excursión.

 

Pola mañá fomos ó parque INDIANA BILL, que estaba en Nigrán, e para chegar alí tivemos que ir no autobús e pasar por "tres túneles".

 

Cando chegamos, despois de quitar os zapatos entramos no parque "pola boca dun crocodilo xigante", tranquilos que era de xoguete.

 

Tamén había un tobogán xigante...

 

E moitos sitios por onde trepar, saltar, correr e xogar.

 

Cando saímos do parque chegaba a hora de comer, así que nos fomos ata a "praia de  Samil", organizámonos nas mesas qe había.

 

E nos sos comemos a nosa comida e recollemos ó rematar.

 

Pero había un problema, unhas gaivotas, que seguro que tiñan moita fame porque querían comernos a comida, ata lle comeron o seu bocadillo ó profe Óscar.

 

Cando rematamos de comer, e ata que chegar a hora de entrar no museo "Verbum", puidemos xogar nos columpios que había alí.

 

E tamén beber nunha fonte, na que necesitabas que un compañeiro apretase o botón para saíse a auga.

 

Antes de marchar cara o museo, demos un paseo para mirar a praia e as piscinas.

 


Xa chegaba o momento de entrar no museo, que estaba alí en fronte, só había que cruzar, con moito coidado un paso de peóns.

 

 

Dentro do museo primeiro "xogamos cos sentidos", había que ir poñendo nunha man cada un dos cinco sentidos.

 

E ó final de todo había que coloreala.

 

Despois visitamos a exposición do museo, cada unha das salas era un cubo "cuadrado", que tiña un letra que tiñamos ir descubrindo.

Como esta museo "era especial" e se podían tocar as cousas, ata nos deixaron tocar un "piano moi especial".

 

E para rematar unha das "caixas" nos contou un conto.

 

Xa de volta, ó día seguinte, mesturámonos os nenos e nenas de infantil, primeiro e segundo, para facer murais sobre o que miramos e fixeramos na excursión do día anterior.

Na clase de primeiro fixemos dous grupos.

 

Atá alí subiron compañeiros e compañeiras de 3, 4 e 5 anos.

 

E na nosa clase estiveron tamén nenos e nenas de primeiro e segundo.

 

Así quedou o mural que fixemos o grupo que estaba na aula de infantil. O lugar donde comemos, onde había de todo "a praia, as piscinas, as mesas, os barcos, o parque..." e ata as gaivotas.

 

Pasámolo de medo. 

 

(2009-2010) Que paxaro será? INVESTIGAMOS

Un día pola mañá cando entramos no cole, estamos todos discutindo que paxaro era o que atopamos morto no patio.

Uns pensaban que era un loro, un canario ou unha aguia, pero ninguén o sabía de seguro.

Así que decidimos "investigar que paxaro era".


A INVESTIGACIÓN:

Primeiro lembramos, e anotamos as cousas que sabiamos do paxaro.

  • Estaba morto
  • Tiña o pico laranxa
  • Non tiña plumas
  • Era moi pequeniño

Logo pensamos en hipóteses para explicar o sucedido
  • O paxaro estaba morto porque o pisaron
  • O paxaro estaba morto porque un can o mordeu
  • O paxaro estaba morto porque caeu dunha árbore
  • Non tiña plumas porque llas arrancaron
  • Non tiña plumas porque era unha cría e aínda non lle naceron.
  • Era moi pequeniño así que seguro que é unha cría.
  • Seguramente caeu dun niño dunha das árbores cando naceu, e por iso morreu.

Todos aceptamos a última hipótese, pero quedaban dúas dúbidas

  1. Como nacen os paxaros?
  2. Que paxaro era: un canario, un aguia, un loro, unha avestruz "bebe".

Para responder ás preguntas, e contar o que lle pasara o paxaro organizamos catro equipos, cada un deles investigaría unha parte e logo llo contaría ós demais.

 

Un equipo investigou que paxaro podia ser, cos datos que tiñamos decidiron buscar en internet fotos de "paxaros" e anotaron nun papel os que pensabamos que podían ser:

 

O loro, a aguia e o canario non podían ser porque o peteiro non era da cor que viramos. Cando un paxaro que buscaban non era poñíanlle diante un "NON", e pasaban ó seguinte.

De entre todos pensamos que "tal vez" podería ser un periquito.

 

Os outros equipos investigaron como nacen os paxaros, como caeu da árbore, e como  serían os paxaros que vivían con el.

Cando tódolos equipos remataron de investigar pegaron as súas "conclusións" nun mural, e un por un foron explicando o qeu descubriron ós demais.

Algúns explicaron que pensaban que era un periquito e por que.

 

Outros contaron como caeu da árbore. "Cando non estaba a súa nai naceu e caeu do niño que estaba na árbore, e como non tiña plumas non podía voar"

 

Outros contaron como nacen os paxaros, saen dun ovo que teñen que romper co peteiro para poder saír.

Os outros equipos contaron que paxaros vivían co que atopamos e onde vivían.

 

Cando rematamos de explicar a investigación, e despois de respostar as preguntas que lles facían os seus compañeiros e compañeiras, decoramos o mural con gomets.

 

Agora está no corredor debaixo da investigación sobre a migración dos paxaros a África. ¿Caería o paxaro cando quería ir á África? ¿ou xa viña de volta?

Eso quedará para outra investigación.

 

 

 

(2009-2010) Investigamos sobre os xornais e facemos o noso

Durante varias semanas estivemos traballando con "xornais", descubrindo para que serven e as partes que teñen, ademáis fixemos o noso propio xornal.

O primeiro xornal que atopamos foi un que se "chamaba" A VOZ DE GALICIA.

 

Así que investigamos "que é Galicia", nun mapa descubirmos que era onde viviamos. Seguro que se chamaba así o xornal porque contaba cousas que pasaban en Galicia.

 

Outro díao profe trouxo moitos mais xornais, cada un tiña o seu nome "DIARIO DE PONTEVEDRA", "EL PAIS", "EL MUNDO", FARO DE VIGO", "MARCA"...

Descubrimos que cada un contaba "cousas" de un sitio distinto, e ata había un que só falaba de deportes.

 

A profe Ángela trouxo ó cole moitos "xornais en branco", así que decidimos que cada quen faría o seu.

O primeiro foi escoller un título para o noso xornal.

 

Ademáis do nome do Xornal, tivemos que poñer unha noticia "na portada", como pasaba en tódolos xornais qeu tiñamos.

 

E os máis pequenos fixérono pegando as letras.

 

Tamén descubirmos que os xornais "contaban as mesmas noticias", algúns ata contaban a mesma nova na portada.

Pensamos que seguramente eran novas tan importantes que tódolos xornais as quería contar.

 

Os xornais ademáis de noticias, tamén teñen "anuncios". Descubrimos que os fan para que a xente "compre cousas" como coches, casas...

 

No noso xornal, tamén puxemos novas e anuncios.

 

Descubrimos tamén "algo moi curioso", en tódolos xornais había un mapa con "soles, nubes, paraugas...".

Despois de "debatir" sobre o asunto acordamos que eran "mapas do tempo", para saber que día ía facer.

 

E claro no noso mapa tamén puxemos un "mapa do tempo". Busamos onde quedaba Campo Lameiro ¿poñemoslle un sol ou choverá?... 

 

Tamén lle puxemos noticias de deportes, e outras cousas máis.

 

Cando rematen as clases ímolo levar para casa. 

 

Outro día fixemos  "as nosas páxinas" para o xornal escolar "O Cervo", que podes descargar de seguido:

(2009-2010) Visitamos o Museo e ós compañeiros/as dun colexio de Pontevedra

O pasado xoves 20 de maio, xunto cos compañeiros/as da outra aula e da E.E.I. Cerdeiras, fomos a visitar o Museo de Pontevedra.

 

Como o autobús se retrasaba tivemos que agardar ata que chegase.

 

Cando chegamosa a Pontevedra, e mentras agardabamos o noso turno para entrar no Museo, aproveitamos para tomar a merenda.

 

Mentras estabamos alí vimos como pasaba por diante un tren.

 

Para visitar o Museo fixemos dous grupos. os de 5 anos por un lado e os de 3 e 4 por outro.

 

Entre outras moitas cousas miramos un braco de guerra.

 

O camarote do capitán

 

E ata había un tesouro de OURO.

 

 

VISITAMOS ÓS NENOS E NENAS DUN COLEXIO DE PONTEVEDRA:

 Despois de visitar o Museo, como estaba preto, decidimos facerlle unha visita ós nenos do C.E.I.P. Manuel Vidal Portela, cos que nos escribiramos cartas en varias ocasións.

Antes do día da excursión da quen escribiu unha carta para cada un dos nenos/as e nenas do "colexio de Pontevedra".

Cunha lista de nomes que nos enviaron, fómolos identificando nunha foto, para saber a quen lle estabamos a escribir a carta

 

Cando cada quen sabía a quen lle ía a escribir a súa carta, puxémonos mans á obra. 

 

Non podiamos esquecernos de poñer o nome do neno ou nena...

 

E tamén no sobre onde metimos as cartas.

 

Aquí están as cartas xa preparadas.

 

O día da visita, despois de coñecer o Museo, fomos camiñando ata o cole dos nosos compañeiros/as e alí nos atopamos con eles.

 

Démoslle un por un as cartas que fixeramos.

 

E eles déronnos "caramelos" e ademáis un agasallo

 

Quérelo ver?, aquí está o agasallo que nos deron.

 

(2009-2010) Votamos polo noso libro favorito

Chegou o momento de votar polo noso libro favorito, de entre todos os traídos polos nenos e nenas do colexio á biblioteca do centro.

 

Había unhas papeletas para escribir o voto de cada quen. 

 

De paso que fomos a coller o libro que levabamos para casa da biblioteca do colexio, voltamos a mirar os "libros favoritos" para pensar o noso voto.

 

 

Xa na clase, cada quen escribiu o título do seu libro favorito e metouno dentro dunha caixa, onde xa votaran case tódolos nenos e nenas do colexio.

 

Cal será o libro preferido elexido por todos e todas?

 

 

 

(2009-2010) Participamos na elaboración do Maio e celebramos o día das Letras Galegas

Participamos na elaboración do MAIO do colexio:

Este ano participamos na elaboración do Maio do colexio, a nos toucounos facer a "coroa".

Antes de comezar buscamos en internet e atopamos imaxes e vídeos dos "Maios" e descubrimos entre todos de que estaban feitos.

 

Logo cada quen debuxou o seu Maio, con fiuncho, laranzas, pampullos, margaridas e ovos.

 

Xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula, tivemos que pensar "como iamos poder cubrir o esquelete da coroa con flores".

Cada quen contou a súa idea, pero ningunha funcionaba. Menos mal que ó final a alguén se lle ocurriu facer "longos colares" con flores para logo enroscalos ó redor dos ferros.

 

Puxémonos máns á obra, mentras uns preparaban as flores...

 

Outros ían facendo, en equipo, un colar de flores longuísimo.

 

Así quedou a coroa despois do primeiro día.

 

Como aínda quedaba por rematar, tivemos que facer outro longo colar entre todos, pasándonos as flores polo fío dun ó outro.

 

Así de ben quedou o Maio, que fixemos xunto cos compañeiros de quinto.

 

 

Celebramos o día das Letras Galegas.

Este ano o días das Letras Galegas estivo adicado ó escritor, Uxío Novoneyra.

Coa profe de música aprenderamos unha canción feita cun poema deste autor, do que tiñamos xa unha fotografía na aula.

Tratábase do poema "do Cuco" que iamos interpretar con instrumentos no Festival das Letras Galegas que tería lugar no colexio.

Un día o profe planexounos un xogo, que xa fixeran na outra clase, de seguir unhas pistas, ata atopar unha tarxetas verdes cun texto escrito.

 

 

Cada tarxeta tiña un número detrás, así que pensamos que o lóxico era poñelas no espacio reservado para o seu número.

 

Cando tivemos tódalas pistas, decatámonos de que se trataba do poema "do Cuco" que xa coñeciamos.

Pero había unha última tarxeta que non era parte do poema, despois de discutir sobre o tema descubrimos que se trataba do nome do autor "UXIO NOVONEYRA".

 

Para que todos no colexio aprendesen a canción do Cuco, e puidesen cantala o día do festival, pensamos en facer, xunto cos compañeiros e compañeiras da outra aula, unha "poesía xigante". E para que fose máis bonito poñeriamoslle debuxos das cousas das que falaba a poesía.

 

Así, xunto á letra da poesía, había un debuxo dun cuco, do tempo, dun val (despois de investigar que significaba esa palabra), do silencio, de "cantar"...

 

Así quedou a nosa "poesía xigante",  co nome do autor abaixo de todo acompañado dunha foto súa.

 

Tamé fixemos caricaturas de Uxío Novoneyra... ¿cal vos gusta máis?

 

Logo no festival cantamos e tocamos a canción "do cuco"

 

 

(2009-2010) Recibimos unha chamada dos nenos e nenas do colexio de Pontevedra

Lembrades que cando investigamos sobre a cidade, enviamos unha carta a un colexio de Pontevedra? (Podes voltar a lelas aquí e aquí)

Pois o outro día chamáronnos por teléfono para convidarnos a visitar o seu cole o vindeiro Xoves día 20.

Falamos cos nenos e nenas do outro cole durante uns minutos, para dicirlles que aceptabamos a súa invitación, cun sonoro ¡¡¡SIIII!!

 

Logo miramos en internet a páxina da súa aula, e ali atopamos unha foto onde saen todos. Cal deles sería o que falou por teléfono?.

Teremos que preguntarllo o vindeiro xoves cando vaiamos alí.

Por se queres coñecelos este é o enderezo do seu blog.

http://anosaescola.blogspot.com (dunha das aulas de infantil do C.E.I.P. Manuel Vidal Portela)

(2009-2010) Asistimos á obra de teatro "El gusanito que quería volar"

O Xoves 13 de maio, xunto cos compañeiros e compañeiras da outra aula, e os da "Escola de Fragas"; asistimos a unha obra de teatro en Pontevedra.
 
A obra titulábase "El gusanito que quería volar" e pertence as actividades organizadas por Caixanova.
Coma sempre, tivemos que ir en autobús ata aló, eso si todos moi sentados e agarrados para non "caernos" nas curvas.
 
 
 
Cando chegamos sentámonos, xunto con outros colexio, no teatro e agradamos a que comezase a función.
 
 
Puidemos ver como o "gusano de seda" quería conseguir unhas as para poder voar, e como se atopaba con moitos insectos que hai nas fragas.
 
 
Cando rematou a obra, saímos do teatro, pero aínda tiñamos que camiñar un pouco pola cidade ata chegar ó "parque de Barcelos" onde iamos merendar.
  
 
 
Cando rematamos de merendar estivemos xogando no parque, era tan grande e tiña tantas cousas que o pasamos de medo.
 
 
Como chegaba a hora de marcharse, tivemos que camiñar outro pouco ata chegar ó autobús, que nos agardaba "o lado da policía".
Ademáis pasamos polo lado do colexio de Pontevedra, que imos visitar moi pronto.
 
 
Xa estabamo chegando, alí estaban os coches da policía así que o autobús tiña que estar moi preto.
 
 
Por se queredes ver un resumo da obra á que aisistimos, en internet atopamos este vídeo da mesma.
Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.