Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2009-2010) Que paxaro será? INVESTIGAMOS

Un día pola mañá cando entramos no cole, estamos todos discutindo que paxaro era o que atopamos morto no patio.

Uns pensaban que era un loro, un canario ou unha aguia, pero ninguén o sabía de seguro.

Así que decidimos "investigar que paxaro era".

A INVESTIGACIÓN:

Primeiro lembramos, e anotamos as cousas que sabiamos do paxaro.

  • Estaba morto
  • Tiña o pico laranxa
  • Non tiña plumas
  • Era moi pequeniño

Logo pensamos en hipóteses para explicar o sucedido

  • O paxaro estaba morto porque o pisaron
  • O paxaro estaba morto porque un can o mordeu
  • O paxaro estaba morto porque caeu dunha árbore
  • Non tiña plumas porque llas arrancaron
  • Non tiña plumas porque era unha cría e aínda non lle naceron.
  • Era moi pequeniño así que seguro que é unha cría.
  • Seguramente caeu dun niño dunha das árbores cando naceu, e por iso morreu.

Todos aceptamos a última hipótese, pero quedaban dúas dúbidas

  1. Como nacen os paxaros?
  2. Que paxaro era: un canario, un aguia, un loro, unha avestruz "bebe".

Para responder ás preguntas, e contar o que lle pasara o paxaro organizamos catro equipos, cada un deles investigaría unha parte e logo llo contaría ós demais.

 

Un equipo investigou que paxaro podia ser, cos datos que tiñamos decidiron buscar en internet fotos de "paxaros" e anotaron nun papel os que pensabamos que podían ser:

 

O loro, a aguia e o canario non podían ser porque o peteiro non era da cor que viramos. Cando un paxaro que buscaban non era poñíanlle diante un "NON", e pasaban ó seguinte.

De entre todos pensamos que "tal vez" podería ser un periquito.

 

Os outros equipos investigaron como nacen os paxaros, como caeu da árbore, e como  serían os paxaros que vivían con el.

Cando tódolos equipos remataron de investigar pegaron as súas "conclusións" nun mural, e un por un foron explicando o qeu descubriron ós demais.

Algúns explicaron que pensaban que era un periquito e por que.

 

Outros contaron como caeu da árbore. "Cando non estaba a súa nai naceu e caeu do niño que estaba na árbore, e como non tiña plumas non podía voar"

 

Outros contaron como nacen os paxaros, saen dun ovo que teñen que romper co peteiro para poder saír.

Os outros equipos contaron que paxaros vivían co que atopamos e onde vivían.

 

Cando rematamos de explicar a investigación, e despois de respostar as preguntas que lles facían os seus compañeiros e compañeiras, decoramos o mural con gomets.

 

Agora está no corredor debaixo da investigación sobre a migración dos paxaros a África. ¿Caería o paxaro cando quería ir á África? ¿ou xa viña de volta?

Eso quedará para outra investigación.