Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

PFPP - Seminario 2

DOCUMENTOS DE INTERÉS PARA ELABORAR O "DOCUMENTO PONTE" PROPOSTO NA CCP

Na pasada reunión da COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA acompañei unha proposta ó equipo directivo do centro para a elaboración do DOCUMENTO PONTE, é dicir, de concreción curricular a nivel de centro establecendo os mapas de relacións curriculares de cara a ter o noso propio instrumento de programación.

Esta é unha das dinámicas propostas tras a finalización de COMBAS A1, e de interesante repercusión no centro unha vez que pasamos esta 1º fase de achegamento ó traballo por CCBB.

A continuación achego dous pequenos pero moi interesantes documentos publicados polo MEC  ( hai un 3º máis amplo que non logrei inda descargar da páxina do MEC) que sería interesante ler sobre todo de cara a debatir no claustro da decisión e posta en marcha de iniciar esta proposta.

Aí van:

 

ARRANCANDO COMBAS A2

En breve comezaremos coas dinámicas propostas para o COMBAS A2.

Adxunto deixovos o calendario que determina o CFR para COMBAS e que me remite Rexina, a coordinadora ( quizais haxa algúns cambios....xa se irá informando). 

Tamén vos deixo un enlace moi interante do canal da UNED con conferencias vinculadas coas KEYCONECT  ou competencias clave de Florencio Luengo, poñente nas xornadas do día 21 en Santiago e que pertence ó proxecto Atlántida ( COMBAS Madrid) ....se en algún momento vos apetece consultalas, aí quedan....é moi intersante.

 http://canal.uned.es/teleacto/124.html

Os materiais da 1ª das reunións subireinos dentro de uns días dado que, quero seleccionalos ( son densos como sempre....) así como a convocatoria cos obxectivos de traballo e explicación de en que consiste COMBAS A2.

Por outra parte, o día 22 de xaneiro, o CFR de Pontevedra invita a todos os integrantes dos centros que participan en COMBAS á conferencia de Javier M. Valle " AS COMPETENCIAS CLAVE", o cal aconsello dado que é un pracer escoitalo abordando esta temática na que estamos traballando....simplemente, xunto con Florencio, pódese dicir que se trata de dous cum laude na materia.

Seguirei informando.............. 

 

COMBAS A1. SINTESE DO GRUPO DE TRABALLO

Aí vai o ppt que resume o traballo feito en COMBAS A1 no centro.

ACTIVIDADE 5 COMBAS A1

 

Adxúntanse recursos para a actividade nº 5 de COMBAS, aportados polo CFR por si alguén está interesado na súa consulta.

Garda relación coa avaliación das CCBB e cómo se vinculan os distintos elementos curriculares, aspecto que foi traballado polo miúdo na actividade nº4, no mes de xuño e da que se ensinará o producto final resultante do traballo dos equipos feito nesa reunión.

 

COMBAS: RESUMO DE ACTIVIDADES

Para inaugurar este apartado, déixovos os resumos das actividades feitas no grupo de traballo COMBAS neste curso escolar.

A coordinadora: Rosana Pazos

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.