Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 1

(2009-2010) CABAZAS, PANTASMAS E BRUXAS POLO SAMAÍN

Este curso, como todos os anos cando chega o outono, e acaba outubro, celebramos a festa do Samáin, o venres 30, pero xa toda a semana a adicamos a decorar e ambientar as aulas e corredoiros e a traballar nas aulas con esta temática.

En canto comezaron a chegar as primeiras cabazas, nos xuntamos todos para baleirar unha.

Así, nos organizamos por equipos, e por turnos fumos levando a cabo todo o proceso:

marcar por ónde abrila,

os profes a abriron cun coitelo xa que probamos con tixeiras pero era moi moi complicado,

baleirala,

   

e decorala; aquí está coas que van chegando de casa,

temos todo cheo de papeles porque estivemos escribindo os nosos nomes para colocar debaixo da cabaza, para o concurso.

 Tamén creamos a nosa propia cabaza en cartolina, para pegala no mural do outono que estamos a facer;

aínda lle falta moito por engadir, pero está quedando moi colorido, coas cores do outono....

 Tamén estivemos a falar dos nosos monstros favoritos, e os debuxamos para o noso mural do medo, e mirade, estos son:

O chupacabras, Bruxas, Vampiros, a momia, os esqueletos, Julito un extraterrestre, e ata os leóns.

aquí estamos pegando os debuxos dos nosos monstros, xunto coas fotos de caras de terror, que fixemos nos mesmos; nalgunhas damos bastante medo...

o día da festa, os mestres tiñan preparado nunha sala, o castelo do medo, que pintamos entre todos os nenos do  cole,  

Tamén estaban todas as cabazas expostas, e eliximos a que máis nos gustaba para facer a votación,

Ademáis bailamos unha canción de medo, que tiña uns debuxos que a todos nos gustaron moito e tamén, os profes Oscar e Ángela nos contaron un conto, e sorpresa! con debuxos que nos pintáramos eses días, pero que non sabíamos que os ían a sacar na pantalla dixital, co ordenador,

qué chulo cando os vimos saír na pantalla....

Tamén levamos algún que outro susto, estando na clase, (sobre todo os máis pequeniños) porque viñeron  a visitarnos bruxas,

e polo patio de cando en vez pasaban correndo algunhas pantasmas,

Xa para rematar o día, despois do recreo decidimos maquillarnos para asustar e dar medo e o que máis éxito tivo foi o de vampiros, todos queríamos os colmillos,...

Xa de despedida, a profe Merce nos contou que as cabazas gañadoras do concurso xa estaban expostas e que no grupo de infantil, a máis votada fora a de Ana, así que todos lle dimos un merecido aplauso.

e agora nos preparamos para celebrar a festa do Magosto, que tamén promete ser divertida, aínda que non pasaremos tanto medo.

 

 

(2009-2010) PRIMEIROS DÍAS DE CLASES

Xa levamos un mes e medio de clases e temos que dicir que estamos todos e todas máis que afeitos ás rutinas e ó día a día das clases.

Os nenos e nenas de 3 anos se adaptaron fenomenal á escola, e os maiores os acollemos moi ben e axudamos sempre que o necesitan.

Os primeiros días foron máis de xogos, contar contos, cantar e bailar, para coñecernos todos mellor e parar pasar máis adiante a organizarnos na aula, cos compañeiros e cos mestres.

 

 

Como vedes, temos moitos xogos e zonas para xogar,

   

 Pero tamén chegou o momento de aprender que se xoga pero tamén se recolle,

de aprender a cómo estar en determinados momentos na aula, a delimitar os distintos espacios,.... así que entre todos consensuamos as normas a seguir, e a través de fotografías dramatizando cada situación ou norma e un pequeno texto ou frase expricándoa, así foi como fixemos o noso panel e o colocamos á vista de todos/as.

Estes días nos fumos dando conta de que faltan aínda normas que anotar, e as engadiremos.

Tamén lle puxemos nome a algúns recantos da aula para saber ónde estamos e ónde gardar o material cando recollemos.

Éste é o cartel do recanto de construccións; os elaboramos por grupos de 3, pensando nós cómo escribir as palabras.

Outra actividade da nosa rutina foi voltar a facer o préstamo de libros da biblioteca de clase e do centro (de forma alterna), cada venres.

Aquí estamos anotando os títulos e a data:

e así é como o rexistramos,

rexistro dun neno de 5 anos

rexistro dun neno de 4 anos

 

rexistro dun neno de 3 anos

 O luns, á volta do fin de semana, sempre facemos unha actividade de lecto-escritura, recordando a historia. Esta vez tocou escribir o nome das persoaxes,

neno de 3 anos

 

5 anos

 

Tamén decoramos a aula, e continuamos a decorala con temática do outono e ó mesmo tempo aprendemos cousas novas.

Xa vos iremos amosando!

(CURSO 2009-2010) O BLOG DE INFANTIL 1- SOMOS O GRUPO DE INFANTIL 1

 

Ola!

Como xa sabedes, este ano na clase estaremos xuntos os nenos/as de 3, 4 e 5 anos.

No noso grupo viñeron por primeira vez á escola, Andrea, Pablo, Cristina e Raúl, todos do nivel de 3 anos, e ademáis un neno do nivel de 5, Víctor. 

Xa levamos unhas semanas de clases, de coñecer o novo espacio, uns, e de compartilo cos que entran, outros, de afacernos a normas de convivencia, a hábitos e rutinas, e tiñamos que mostrarvos a nosa foto de grupo.

De esquerda para dereita, somos:

Ángela, Sara, Ana, Víctor, Antonio, Raúl, Iago,

Aroa, David, Pablo, Anxo,

 Pablo, Cristina, Raúl e Andrea.

Moi pronto vos contaremos máis cousas da nosa aula e do que estamos a traballar.

Un saúdo!!

(2008-2009) DESPEDIDA DO CURSO- SEGUINDO A PISTA

O pasado 22 de xuño, como guinda final ó curso, e para deixar un doce sabor de boca fixemos unha festa de despedida pero antes xogamos a xeguir as pistas, ata acadar un premio final.....

En primeiro lugar, para comezar, e despois de explicar o que íamos facer, entre todos limos as normas básicas a seguir para xogar axeitadamente.

Os profes Ángela, Oscar e Mercedes nos organizaron por grupos, 3 en total, e cada un supervisaba e axudaba a un grupo.

Para facer os equipos, cada neno debía buscar a súa tarxeta (espallada polo chan), que era dunha cor (verde, azul ou vermella) e buscar ós nenos e nenas que tiñan a mesma cor; así quedaron os equipos,

 

                                

unha vez formados os equipos os mestres dábamos a primeira pista: unha tarxeta co debuxo de: a aula de inglés, aula de música e a biblioteca, correspondendo cada lugar a unha cor.

Xa nestas aulas alí nos atopamos moitos globos da nosa cor (ben, houbo un pequeno erro e non coincidiron as cores neste caso, pero non entorpeceu o desenvolvemento do xogo), había que estoupalos

 

 ata atopar a seguinte pista:

 

a fotografía dun lugar do colexio: o parque de infantil, as canchas de baloncesto e o campo verde coas árbores da parte traseira.

Ala fumos, cada equipo ó lugar que lle indicaba a súa tarxeta, e aínda que custou un pouco atopar a seguinte pista, ó final conseguímolo todos,

aquí, nestes lugares non había nota, non; había pegado  ó tronco dunha árbore unha peza de construccións, debaixo dun columpio un tenedor da casiña e nas canchas pegada unha peza dun puzzle;

pensamos que colocando estas cousas no seu sitio alí atoparíamos a seguinte pista,

e alí estaban as seguintes pistas; éstas eran moi moi faciliñas pois tiñan escrito o título de contos da nosa aula e non nos custou nada recoñecelos e algúns/as leélos;

así que buscamos o noso conto e dentro del atopábase a seguinte pista,

ésta sí era moi difícil e estivemos un bo rato pensando ata darnos conta de que os debuxos das tarxetas eran ratos de ordenador, qué raros eran, a maioría pensabamos que eran zapatos....

Había que ir entón á aula de informática,

Non nos equivocábamos, alí había 3 ordenadores encendidos e cunha cor distinta cada un tiña un nome: eran os nomes de profes do cole ós que lles tiñamos que pedir a seguinte pista: Tirso, Blanca e Bernarda.

¿e agora qué? nos deron unha tarxeta cun nº, 21 e por detrás explicaba que había que facer entre todos os do equipo unha torre con ese número de pezas e así acadaríamos a seguinte pista,

Isto tamén foi doado, aínda que tivemos que contar bastantes veces ata poñernos dacordo e dar co número exacto.

Unha vez feita a seguinte pista estaba escrita no encerado,

era unha especie de adiviña, pero moi faciliña, porque de cando en vez falta a luz no cole e xa todos sabemos ónde van os mestres a arranxar o problema, ó cuarto dos contadores,

Alí estaba o premio!!!!

 

era un cofre pequeniño, ¿qué habería dentro que podía coller alí, para todos nós?

 era unha tarxeta que tiña un debuxo dun xeado, por un lado e polo outro había algo escrito: "VALE POR UN XEADO",

Xa repartidos os premios, os vales, os gardamos ben para logo poder cambialos polo xeado de verdade, que o tomaríamos despois de comer todas as lambonadas que trouxemos para a festa.

Um! qué rico todo pero o que máis nos gustou a case todos, o noso premio....

Un saúdo e boas vacacións!!

(2008-2009) EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO E TRABALLO PREVIO

O pasado venres 12 de xuño, fixemos a nosa excursión de fin de curso: o porto de Vigo, e o Zoo, eran a idea inicial, aínda que por problemas coa folga en Vigo, non puidemos ir ó porto, quizáis para o curso que ven...  

Unha semana antes de saír de excursión, preparamos un pouco a saída, preguntándonos cousas e buscando respostas sobre o que nos atoparíamos no zoo e no porto. Nos centramos máis no zoo porque os intereses da maioría estaban postos máis nesta parte da saída. Pensando nas cousas que poderíamos atoparnos alí, xurdiron todo tipo de propostas: "jabalís", rinocerontes, árbores, caracois, formigas, coellos, palmeiras, galiñas, ovellas, porcos, gusanos, peixes, mariposas, patos, osos, un río, targtarugas, cabras, leóns, cebras, monos, elefantes, cocodrilos...............e moitas máis. Algúns nenos/as tamén querían saber se no zoo habería serpes, xirafas, hipopótamos e cans.

Todo o que pensabamos que podía atopar alí, o pegamos nunha cartulina, a profe nos deu os debuxos, que nos recortabamos, e lle escribiamos o nome; logo xa a volta da excursión observaríamos e anotaríamos qué cousas sí atopamos alí e que outras non soen atoparse nun zoolóxico.

 Para averiguar se estábamos no certo, e ir facéndonos unha idea antes da saída, preguntamos na casa e na clase contábamos o que sabíamos, buscamos na nosa clase libros e contos de animais, e de todos pensábamos cales podían estar nun zoo e cales non, atopamos as diferencias entre os domésticos e os salvaxes,

Aquí estamos clasificando os que falan de animais e os que non;

 Falando de por qué viven no zoo encerrados, os animais, isto é o que pensaba Iago: "porque os señores cázanos para o zoo para ensinarlles ós nenos". Para ter máis información tamén buscamos en internet, e alí vimos cómo era o zoo de vigo, e fumos constatando que sí había algúns dos animais que pensabamos. Nos gustou tanto ver a páxina no zoo, que na aula de informática, xa individualmente ou por parellas nos ordenadores, todos fumos entrando na páxina e mirando as diferentes seccións ó noso ritmo.

Traballamos coas letras, palabras dalguns animais, as escribimos, contamos.... aquí Iago nos ensina a todos o que tiña gardado na mochila, unha pegatina coa Z de ZOO.

 

E xa por fin chegou o día da excursión; despois de falar detidamente sobre cómo comportarnos ese día nos distintos lugares, marchamos no autobús para a primeira parada: un miradoito de Arcade.

Tivemos que facer un pouquiño de "sendeirismo" e subir un anaco , co bo tempo que facía era unha delicia camiñar por esas paraxes, e vimos pasar varios avións moi moi cerquiña,

Xa arriba, xogamos nun campo verde e despois, a merendar!!

Seguinte parada: o aeroporto de Vigo.

Logo

Vimos despegar un avión, qué ruido facía e cómo ía subindo cara o ceo....

Xa no zoo, e antes de entrar ás 15:00, comimos todos xuntos nun merendeiro que se atopaba xusto ó lado, polo que tiñamos tamén cerquiña os aseos.  

E por fin a visita ó zoo!

Alí nos dividiron en 3 grupos e cada grupo cunha monitora e 2 mestres.

Aquí estamos coas llamas; a nosa monitora, que era moi simpática, nos explicou que nos alonxáramos un pouquiño porque as llamas teñen o feo costume de escupir.  

 

Alí comprobamos que había leóns e tigres pero non elefantes ou xirafas, polo menos neste zoo.

Pero sen dúbida o animal que máis éxito tivo á hora de conquistarnos á maioría foi o ORIX, que non sale nestas fotos. Tiña unha cría dun día de vida, e alí estivemos moito tempo en silencio á espera do máis pequeno da familia, que se asustaba enseguida.

Cando rematamos a visita no zoo, aproveitamos para xogar un ratiño e merendar e alí rematou a nosa excursión que comezaba tan ben

cunha saída pola montaña e remataba no colexio coa maioría durmindo no autobús, normal despois dunha xornada tan longa.

Ata pronto!

 

(2008-2009) O MEU CONTO FAVORITO

No mes de abril celebrouse o día do libro, e e nos estivemos falando na asemblea sobre qué podían tratar os libros. As respostas foron variadas: animais, de medo, de risa, da morte, de monstros, de ladróns, de mariposas, osos, patos, cabalos, do sol, da lúa, de flores....

Na nosa clase temos unha biblioteca, establecida como un recanto máis. De vez en cando a ordeamos, e aproveitamos para buscar e seleccionar libros ou contos que teñan relación co que estamos traballando ou investigando.

Lemos na clase, individualmente, por parellas contándonos contos un ó outro, e tamén o encargado/a do día conta un conto ós demáis.

 

É a nosa forma de aportar un granciño para que o "día do libro" non se quede só nun día senón que se viva todos os días do ano.

Ese día, dentro da celebración-homenaxe, tivemos a sorte de asistir a un contacontos na nosa escola.

 

 

 

 

 

Ademáis, nós tamén quixemos facer algo especial.

Unha vez establecida a diferencia e relación entre libro e conto, pensamos no libro ou conto que máis nos gustaba da nosa biblio de aula, e tamén explicamos "por qué" e recordamos de qué trataba.

E iste foi o resultado, que se pode ver premendo máis abaixo.

Esperamos que vos guste!!

 

(2008-2009)OS NENOS E NENAS DE GAZA- OS SACAPENAS

Hai un tempo, Oscar, o mestre de infantil, nos contou a todos unha experiencia que se está a facer tamén noutras escolas, e que ten que ver cos nenos e nenas de Gaza; nenos que están enfermos e hospitalizados a consecuencia da guerra.

Isto orixinou diálogos interesantes en torno ó que é a guerra, e a posibles solucións vistas dende os ollos dun neno ("se debe chamar á policía, que non collan pistolas e que metan na carcel ós que están disparando").

Nos contou que a través dunha ONG galega, se lles están enviando ós nenos de alí uns bonequiños chamados "sacapenas", para que non se sintan tan tristes.

Esta historia viña acompañada dun conto,

A todos nos enganchou a historia e a proposta de colaborar, así que comezamos por informarnos e buscar fotos destes nenos, de ónde e cómo vivían.

Buscamos en internet imaxes (seleccionando a mestra previamente páxinas e determinadas fotografías); e comprobamos que aínda que en moitas ocasións estaban tristes e enfermos, noutras tamén rían e estaban contentos á pesares de ter por xoguetes paos, madeiras, e cousas do contorno, nada parecido ós que temos nós.

Así os debuxamos,

Tamén pensamos en qué cousa nosa que temos na casa, nos gustaría regalarlles se estiveran máis cerquiña, xa que son máis pobres e non teñen con qué xogar. 

Isto foi o que xurdiu:

-Un coche e máis un tractor.

-Unha ovella de verdade, para que coman.

-Unha muñeca.

-Un coche bonito.

-Un perro de xoguete.

-Un can pequeniño e un grande.

-Un libro para pintar.

-Unha barby.

O conto nos gustou moito, así que o limos e contamos moitas veces, todos xuntos, individualmente no recanto da biblioteca, por parellas

tamén vimos na pantalla grande o que fixo o grupo de 4 e 5 con imaxes e sonido. 

Incluso fixemos portadas do conto para o recanto da bibliteca, aproveitando para traballar tamén, a diferenciación de texto e debuxo, o título, o autor, a editorial, o fondo, e a plástica.

Na escola pintamos e decoramos os nosos sacapenas, como paso previo ós que faríamos na casa cos pais, nais, abós, irmáns... e así foron chegando os primeiros sacapenas,

Ó principio eran moi poucos,

 

pero mirade agora cantos!!!

Como neste mes se enviarán por correo decidimos mandarllos cunha carta.

O grupo de 4 e 5 anos escribiu a súa, e nós, para non repetirnos no mesmo, a continuamos para rematala e así quedou:

Uns días despois nos chegou un e-mail. Era da ONG que se vai encargar de enviar os sacapenas e que para que os nenos de Gaza puidesen ler a carta, tivo que traducila,

 

Vimos as diferencias na escritura dunha lingua e outra, e todos atopábamos "Us" e "eses" nesta traducción.

Os nenos de 4 e 5 anos lles contestaron dándolle as gracias por traducir a carta e por mandarlles os sacapenas, e agora só falta facer un paquete enorme e despedirnos deles que durante este mes tanto decoraron e alegraron os pasillos do cole.

Un saúdo!

 

 

 

(2008-2009) INVESTIGAMOS SOBRE OS CARACOIS

No mes de maio un luns algúns nenos/as chegaron falando e contando cousas sobre caracois e á pregunta lanzada pola mestra de si queríamos investigar e saber más cousas sobre estes animaliños, á maioría gustounos a idea, así que nos puxemos mans á obra.

A primeira cuestión era ver ¿qué cousas sabíamos sobre os caracois? antes de comezar a investigar para partir dunha base. E isto foi o que opinamos e contamos:

-Viven nunha casa pequeniña que vin eu nun conto. nunha col.

-Non teñen patas, andan a rastras.

-Comen herba.

-Non comen herba, comen formigas.

-Teñen 40 patas.

-Eu un día vin un caracol que tiña a boca así gorda.

-Non, téñena pequena.

-Comen formigas e terra.

-Non, non comen terra.

-Teñen concha e unha baba.

 

Tamén fixemos debuxos de caracois, para amosar eses coñecementos que tiñamos inicialmente deles.

           

A segunda cuestión era ver ¿qué nos gustaría saber ou aprender sobre os caracois? e istas foron as preguntas que xurdiron:

-¿Qué comen?

-Se teñen patas ou non.

-Se teñen dentes.

-¿Cómo fan a baba?

Lóxicamente, a medida que estas preguntas atoparon resposta, o interese e as demandas aumentaron e se obtivo máis información.

Reflexionando sobre ¿Onde conseguir toda esta información?, decidimos buscar na clase nos libros e contos que tiñamos, e o que atopábamos se comentaba, fotocopiaba e recopilaba nun recanto.

Tamén decidimos buscar na biblioteca do colexio,

 

e atopamos tamén un conto onde o protagonista era un caracol,      

             

 A mestra tamén nos propuxo levar unha cartulina cunha notiña pedindo ás familias colaboración para atopar máis información e mandala á escola. Todo o que ía chegando se pegaba nun gran mural.

    

Aprendimos palabras novas coma MOLUSCOS, TENTÁCULOS ou ESPIRAL.

Mirade como facemos espirais, unha xigante entre todos e tamén pequeniñas cos gomets.

               

 Aproveitamos para escribir sobre o que íamos aprendendo,

Todo o que íamos descubrindo novo o pegábaos ou apuntábamos no noso mural,

 

 Tamén fixemos algunha rima sinxela e a profe atopou en internet un video dun caracol moi grande,

 

A maioría de cousas que descubrimos tamén as escribimos para a revista do cole, "O cervo" para contarllas a todos os nenos; así quedaron algunhas,

 Pero sabemos moitas máis cousas, que os caracois nacen de ovos, que teñen os ollos nos tentáculos, que non mastican porque teñen os dentes na lingua,...interesante verdade?

Aquí estamos rematando o noso mural que puxemos no pasillo.

 Ata pronto!!

 

(2008-2009) SEGUIMOS A EXPERIMENTAR COA PINTURA

Na nosa aula, nun dos recantos, o de Arte, de cando en vez se propón algunha actividade máis dirixida.

Neste caso, a proposta foi facer parellas para pintar con pincel e témpera no cabalete, nun folio A3, poñéndose dacordo para pintar xuntos, decidir qué ou deixarse levar pola abstracción, compartindo un espacio moi limitado.

A parella formada por Anxo e Sara, fixeron a seguinte obra:

 

A parella formada por Davi e Aroa, crearon este cadro:

 

 

Pablo e Ana, fixeron o seguinte:

 

 

E esta e a obra de Raúl e Yaiza:

 

 

Cada equipo noutra sesión púxolle un título á súa obra final, e a maioría coincidiron en ver nos seus cadros ou un bosque ou unha selva, animais, seguramente debido ás cores empregadas.

 

A partir de aquí, estas láminas vanse utilizar como fondo para un conto, que inventaremos entre todos, e que máis adiante vos contaremos, cando esté rematado.

Só podemos adiantar que o personaxe, está escollido, e non foi doado, pero despois de varias votacións, a partir das propostas feitas polos nenos/as, o protagonista será unha coella e o nome decidido por todos, tamén por votación, é Tania.

Un saúdo!!

(2008-2009) Letras Galegas ¿quén é Ramón Piñeiro?

A semana do 10 ó 15 de maio a adicamos a coñecer ó personaxe homenaxeado este ano polas Letras Galegas, Ramón Piñeiro, e elaborar un pequeno libriño individual para que tamén os pais e nais soubesen un pouco máis del.

Despois de ver a súa foto en Internet e imprimir algunhas, descubrimos onde estaba o pobo onde naceu Armea, en Lugó; tamén que onde ía á escola de pequeno era a casa do muiñeiro, ou que  él foi un dos fundadores da editorial Galaxia; nos a chamábamos a editorial, fábrica de libros, para entendernos, e fumos quen de localizar algún libro na escola desta editorial e o seu logotipo.

Xogamos coas letras do seu nome e apelidos, da palabra Galaxia, fixemos puzles de papel coa súa cara, o retratamos e finalmente, asentados todos estes coñecementos qué mellor que reflexalos nun gran mural feito de forma cooperativa entre as dúas clases de infantil.

Primeiro nos organizamos por equipos, encargándonos cada equipo dunha fotografía, escribir o pe de foto, recortala, pegala, como por exemplo a do personaxe.

 

De facer e pintar as estrelas, poñer o título no mural,...

E este foi o resultado:

 

 

 

 

E por último por suposto, as firmas dos autores.

Xa por último, como actividade final, na celebración que fixemos no salón de actos, todos os nenos e nenas de infantil representamos unha canción con xestos, para o que estivemos ensaiando estes días, e ata nos fixemos unha coroa cunha balea pintada.

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.