Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2009-2010) CABAZAS, PANTASMAS E BRUXAS POLO SAMAÍN

Este curso, como todos os anos cando chega o outono, e acaba outubro, celebramos a festa do Samáin, o venres 30, pero xa toda a semana a adicamos a decorar e ambientar as aulas e corredoiros e a traballar nas aulas con esta temática.

En canto comezaron a chegar as primeiras cabazas, nos xuntamos todos para baleirar unha.

Así, nos organizamos por equipos, e por turnos fumos levando a cabo todo o proceso:

marcar por ónde abrila,

os profes a abriron cun coitelo xa que probamos con tixeiras pero era moi moi complicado,

baleirala,

   

e decorala; aquí está coas que van chegando de casa,

temos todo cheo de papeles porque estivemos escribindo os nosos nomes para colocar debaixo da cabaza, para o concurso.

 Tamén creamos a nosa propia cabaza en cartolina, para pegala no mural do outono que estamos a facer;

aínda lle falta moito por engadir, pero está quedando moi colorido, coas cores do outono....

 Tamén estivemos a falar dos nosos monstros favoritos, e os debuxamos para o noso mural do medo, e mirade, estos son:

O chupacabras, Bruxas, Vampiros, a momia, os esqueletos, Julito un extraterrestre, e ata os leóns.

aquí estamos pegando os debuxos dos nosos monstros, xunto coas fotos de caras de terror, que fixemos nos mesmos; nalgunhas damos bastante medo...

o día da festa, os mestres tiñan preparado nunha sala, o castelo do medo, que pintamos entre todos os nenos do  cole,  

Tamén estaban todas as cabazas expostas, e eliximos a que máis nos gustaba para facer a votación,

Ademáis bailamos unha canción de medo, que tiña uns debuxos que a todos nos gustaron moito e tamén, os profes Oscar e Ángela nos contaron un conto, e sorpresa! con debuxos que nos pintáramos eses días, pero que non sabíamos que os ían a sacar na pantalla dixital, co ordenador,

qué chulo cando os vimos saír na pantalla....

Tamén levamos algún que outro susto, estando na clase, (sobre todo os máis pequeniños) porque viñeron  a visitarnos bruxas,

e polo patio de cando en vez pasaban correndo algunhas pantasmas,

Xa para rematar o día, despois do recreo decidimos maquillarnos para asustar e dar medo e o que máis éxito tivo foi o de vampiros, todos queríamos os colmillos,...

Xa de despedida, a profe Merce nos contou que as cabazas gañadoras do concurso xa estaban expostas e que no grupo de infantil, a máis votada fora a de Ana, así que todos lle dimos un merecido aplauso.

e agora nos preparamos para celebrar a festa do Magosto, que tamén promete ser divertida, aínda que non pasaremos tanto medo.