Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 1

(2010-2011) Comezamos un novo proxecto de traballo: ¿QUÉ TEMOS DENTRO DO CORPO?

Xa no Nadal unha nena de clase propuxo que podíamos investigar sobre o que tiñamos dentro do corpo.

A todos nos pareceu boa idea así que agora que rematamos co traballo do Salón do libro, esta semana comezamos o proxecto.

Coma sempre comezamos falando do QUÉ SABEMOS do tema, e á pregunta de ¿qué temos dentro do corpo? estas foron as respostas:

-O cerebro.

-Os osos.

-Sangre.

-Os bebés. As mulleres. Todas.

-Un corazón.

-As costelas.

-O esqueleto.

-A barriga.

-Os pulmóns. Están aquí, no nariz (todos están dacordo).

-Los pulmones, si fumamos nos ponemos malitos.

 

Á pregunta que sería a seguinte parte do proxecto,

¿QUÉ QUEREMOS SABER OU AVERIGUAR?

-Cosas del esqueleto, de los huesos.

-Da sangre, por donde vai.

-Ónde está o corazón. Para qué sirve (un neno contesta: pa que estemos todos vivos).

-Si lo azul de los brazos es sangre.

-Ónde están os pulmóns.

Probablemente a medida que vaiamos respondendo a estas dúbidas e atopando información, xurdirán outras cuestións ás que responder.

 

Cando falamos de ÓNDE PODEMOS BUSCAR A INFORMACIÓN para investigar e averiguar estas cousas:

-No ordenador, en informática.

-Fotos.

-Revistas.

-Na pantalla grande de informática.

-Nas casas.

 

Así que levamos unha nota para casa pedindo axuda para recopilar información no noso proxecto.

 E mentres tanto, comezamos por facer a silueta de cada un,

 

 Cando estean todas feitas, lle pegaremos  a fotocopia da nosa cara, a pintaremos e iremos pegando no noso corpo cada unha das súas partes das que antes falamos e ver ónde verdadeiramente están e cómo son.

 Xa vos contaremos cómo continúa.

 

 

(2010-2011) Facemos un libro para o Salón do libro Infantil e Xuvenil

Vos amosamos cómo quedou finalmente o libro que fixemos entre todos para presentar no Salón do libro.

Cada páxina onde está escrita a verdade ou mentira, ten dentro unha solapa que se tiras dela podes averiguar a resposta.

Para poder velo tendes que premer en ficheiros adxuntos.

 

(2010-2011) Preparamos o salón do libro

Este ano o tema do Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, trata sobre a MENTIRA.

Antes de comezar a preparar o noso traballo, un libro relacionado co tema, xurdiron na clase diálogos sobre a mentira; pensamos en contos nos que os protagonistas minten ("Pinocho", "El traje del emperador", "Corre corre cabaciña", "Carapuchiña", "Os tres porquiños",..), diferenciando os por qués das mentiras: uns minten para salvarse e que non os atrapen, o lobo para poder comerse os porquiños ou a Carapuchiña, outros porque sí, para divertirse, outros porque teñen medo de dicir a verdade.....

 O punto de partido proposto polos organizadores era o conto "El traje nuevo del emperador"

e como participábamos máis clases do colexio, decidimos facer un traballo común, aportando cada curso unha tarefa diferente.

En primaria encargáronse de facer ao emperador, un boneco feito con escaiola, o corpo e a cara, a capa e os zapatos, e os nenos e nenas de infantil decoramos a coroa, os calzóns (con corazóns) e a banda onde puxera "emperador guapo".

un equipo encargouse de decorar a coroa,

outro, recortou os corazóns e decorou os calzóns con eles,

e outro encargouse da banda.

Xa estamos listos!

Agora hai que vestir ao emperador,

Así de chulo quedou o noso protagonista.

Na súa capa transparente (porque en realidae non existía), ten uns bolsillos onde van colocados os libros con distintas historias que cada clase fixo en común.

Na nosa clase a profe propúxonos facer un libro que contase verdades e mentiras sobre o noso pobo e a nosa escola, para que os nenos doutras escolas e pobos xogasen a adiviñar.

 

Para elo empezamos inventando mentiras disparatadas e divertidas sobre nós:

-"detrás de la mesa de la profe hay un lobo"

-"en el patio del cole hay un muñeco de nieve"

-"un mono se escondió en el cole de Campo Lameiro"

-"debaixo da miña almohada hai un tigre"

 

Despois pasamos a inventar mentiras sobre o noso pobo e o noso colexio, seleccionando as que máis nos gustaban, e pensamos en cousas características do pobo (o río, o parque, os petroglifos, o concello,....) e da escola para contar as verdades.

E nos puxemos mans á obra, escribindo e ilustrando cada mentira e verdade.

               

Só faltaba decidir o símbolo co que poderíamos mostrar aos demais se o que estaban lendo era mentira ou verdade. A un neno se lle ocurriu que poñendo o pulgar hacia arriba ou hacia abaixo e todos estivemos dacordo.

Só faltaba facerse unha foto cada un coa mentira que escribira, colocando o pulgar dun xeito ou do outro según fora unha mentira ou non.

E o resultado o podedes ver na seguinte páxina.

O pasamos moi ben facéndoo e mellor todavía léndoo logo entre todos. Esperamos que vos guste!

(2010-2011) O Nadal

Xa comezamos un ano novo e un mes novo e o Nadal quedou atrás pero vos queremos mostrar algunhas das actividades que fixemos nesas datas.

Como empezamos a preparar unha obriña que trataba de Papá Noel, para o festival de Nada, adicamos uns días a conversas e diálogos sobre Papá Noel, mirando fotografías e power points de ónde vive, dos duendes ou elfos que o axudan e de moitas cousas máis relacionadas con él e cos nenos.

E sobre todo a pensar, establecer hipóteses sobre algunhas preguntas que a profe nos ía facendo e a esclarecer algunhas dúbidas.

De paso tamén pintamos un gran Papá Noel onde pegamos na pegada da man de cada un, os regalos que lle íamos pedir.

           

Tamén fixemos unha árbore xigantesca e con relieve, xunto cos nenos da outra clase de infantil, á que lle metimos por dentro papeis de xornal para que estivese ben gordiña

e recortamos papel adhesivo verde para pegarlle por riba

e fumos traendo cada un un adorno da nosa casa para decoralo entre todos

 

e así de bonitiño quedou

Tamén fixemos árbores de Nadal pequeniños para levar cada un á súa casa. Tiñamos que recortar a cartulina para facer o cono, decorala con papeis de cores e formas distintas; cun cepillo de dentes e témpera branca lle facíamos a neve e finalmente recortamos unha espiral tamén con pintiñas de neve para poñer sobre a árbore.

 

          

 

Ademáis tamén decoramos bolas para colgar no corredoiro

E fixemos a nosa postal de Nadal para felicitar ás nosas familias.

                                

E por suposto, lle escribimos a nosa carta aos Reis Magos e Papá Noel, pegando nela os regalos que lles pedíamos

Pero ao que lle adicamos máis tempo foi aos ensaios para a obra do festival e a elaboración dos traxes.

Erabamos tres equipos, por un lado os duendes verdes, por outro os duendes expertos vermellos e por último os reporteiros.

Aquí estamos nun dos ensaios. Como algúns días faltaban nenos, outros compañeiros se animaban a representar o seu papel.

Os tres equipos nos puxemos mans a obra para a elaboración dos traxes.

Aquí estamos os duendes vermellos cortando os chalecos.

Aquí os reporteiros que tiñamos que facer as cámaras

e aquí os duendes verdes

Ademáis do vestiario, precisabamos preparar algo do escenario

A mesa de debate onde se sentaban os expertos, na FÁBRICA DE PAPÁ NOEL.

E por fin chegou o día do festival!

e o fixemos todos moi ben. Se queredes ver a actuación podedes achegarvos ao blog de Infantil 2.

Ó día seguinte do festival, finalizaban as clases e entre outras actividades fixemos unha pequena festa.

Uns días antes todos pensamos no que queríamos que houbese na festa. Os nenos de infantil 2 escribiron algunhas cousas nunha lista e nós a completamos, para que así os profes puidesen preparar todo ben.

 

 

e agora desfrutar!!

              

Como comezo das vacacións non estivo nada mal. E ademáis ese día nos levamos os traballos de todo o trimestre as nosas casas. Que ledicia!!

(2010-2011)Creamos volcáns con distinas técnicas- Remate do proxecto

Vos estivemos contando anteriormente qué andivemos a investigar e a averiguar sobre os volcáns.

Ademáis, como na clase temos un pequeno recanto MUSEO onde expoñemos as nosas "obras", vos amosamos algunhas delas relacionadas con este tema.

Primeiro comezamos por facer volcáns con plastilina, unha vez que xa coñecíamos as partes do volcáns, aínda que nos resultou máis difícil do que pensabamos ao principio. Así quedaron:

A algúns ata lle puxemos nomes, como "Traquer", "Bimbo" ou "Congo".

Noutras sesións pintamos os nosos volcáns con témperas, con distintas cores que nós eliximos.

Noutras sesións pasamos a crear volcáns con distintos tipos de materiais de refugallo e con distintas texturas: lá, teas, algodón, recheo de almofada, botóns,...ademáis de pinturas, rotuladores, cola,...

Aquí estamos a traballar, axudándonos uns aos outros e compartindo o material e tamén as ideas, ¿por qué non?

Xa rematadas, fixemos uns cadros realmente moi abstractos, así que poñede a traballar a imaxinación.

A maioría utilizamos os botóns para facer as pedras e rocas pequeniñas que expulsa o volcán, e a lá vermella para a lava.

Así quedou o noso MUSEO

Agora está baleiro de novo porque levamos os traballos para casa, pero á volta das vacacións seguiremos creando máis obras orixinais.

Tamén rematamos o noso volcán da clase que fixeramos seguindo o modelo que trouxo Andrea. Nós lle engadimos a lava e unha cheminea por dentro.

Con todo o recopilado que temos no noso mural dos volcáns faremos un gran libro de aula para a nosa biblioteca.

Xa rematamos o proxecto e mirade a diferencia de cómo debuxábamos os volcáns antes de aprender sobre eles,

       

e despoís, cando xa sabíamos máis cousas e polo tanto podíamos entrar en detalles,

 

Agora á volta das vacacións de Nadal, como imos participar no salón do libro Infantil de Pontevedra, que trata sobre a "mentira", prepararemos os noso libriño de aula, xa volo amosaremos cando esté rematado.

Un saúdo!

(2010-2011) Investigamos sobre os volcáns

No mes de outubro xurdiu a partir dunha conversación que suscitou moito interese, o tema dos volcáns.

Despois dunha votación con outro tema que tamén nos interesaba, quedou claro que todos queríamos averiguar máis cousas dos volcáns.

Tentamos escribilo todos xuntos e coñecer as súas letras,

 

Partimos dos coñecementos que tiñamos sobre os volcáns, e as nosas ideas:

-Bota a lava.

-Queiman.

-Son como montañas.

-Tiene fuego.

-Sale en los gormitis.

-Podemos facer un volcán nós, entre todos. Con barro. Para poder velo na clase e non ter que velo no ordenador.

-Yo vi uno en la tele.

 

Debuxamos cada quen o seu volcán para afondar máis e observar a súa forma e ver como o reflexa cada un.

Noutra sesión, a profe amósanos na pantalla dixital, o que parece a "silueta" de algo e pensamos qué pode ser:

-parece un tobogán.

-un agujero.

-una telaraña.

-un león.

Era un volcán visto dende arriba, dende un avión por exemplo.

 Aquí xurden algunhas preguntas que constitúen a seguinte parte do proxecto, ¿qué queremos saber sobre os volcáns?

-¿cómo es la lava?

-¿cómo explotan os volcáns?

-¿cómo son?

-ver videos del volcáns.

-facer un volcán.

 

Á pregunta de ónde averiguar todo isto e atopar a información:

-Nas casas, preguntando aos pais.

-No ordenador da clase.

-Nos libros.

-En informática.

 

Mandamos unha nota a casa pedindo axuda e colaboración na aportación de calquera tipo de información relacionada cos volcáns e as familias sí que traballan, porque nos empeza a chegar moita, moita información e moitas cousas interesantes.

Un neno da clase tróuxonos un mapa da illa de Tenerife, onde hai un volcán, O TEIDE, que curiosamente parécese moito o nome dunha nena de clase, TAIDA.

Así averiguamos que é a montaña ou pico máis alto de España.

Os seus tíos, primo e abó estiveron alí e nos trouxo moitas fotos para velo máis detalladamente.

O pegamos xa fotocopiado, no noso mural, marcando o percorrido ata o volcán,

e xa individualmente o localizamos nun "mapa" de España, e aprendemos así que este volcán está nunhas illas, rodeadas todas de mar.

Na aula buscamos en internet entre todos e atopamos algun video interesante,

              

para poder atopar resposta á pregunta de cómo explotan, e así averiguamos que cando un volcán explota se di que entra en "erupción".

E que bota ou expulsa lava, gases e ceniza, rocas e pedras, fume,

aquí estamos recortando todas estas cousas que expulsa, para pegalas no noso libro sobre os volcáns e así non olvidarnos.

Ademáis un día, Nicolás trouxo a clase un bote de "arena volcánica" do TEIDE.

Puidemos tocala e cheirala e cada quen pegou unha pouca no seu libro.

 

Unha mañá tamén nos levamos todos unha sorpresa cando Andrea apareceu na clase cun gran volcán que fixera na súa casa coa súa familia

quedoulles chulísimo e así ademáis tamén nos deu ideas a nós para facer o noso e pensar con qué materiais o poderíamos elaborar.

Nos puxemos mans á obra,

Aínda non temos fotos de cómo quedou pero volo amosaremos na próxima páxina que escribamos.

Outro día, Aitana tróuxonos un libro que foi mercar coa súa nai, sobre o lume onde aparecía un volcán

 

E Raúl, como a súa aboa estivo pasando uns días en Tenerife, tróuxolle unha figura do volcán Teide, feita por algún artesano da zona,

Así e con axuda do ordenador tamén puidemos ir averiguando as partes do volcán.

¿sabíades que os volcáns tamén teñen unha chimenea, que vai por dentro por onde sube o magma cando entra en erupción?

Vistos os videos sobre cómo erupcionan, decidimos facer un experimento na aula, simulando a erupción dun volcán.

Invitamos aos nenos da clase do lado a que participaran nalgo tan interesante,

primeiro botamos a auga no bote

despois vinagre

e por último o bicarbonato (sempre baixo a supervisión e mirada atenta dos mestres)

e foi como máxico porque en canto os tres elementos estiveron mezclados, empezou a subir espuma e sair como si fora a lava dun volcán.

o experimento gustounos moitísimo e temos ganas de repetilo noutra ocasión. Xa o faremos co noso volcán que está rematado.

Ademáis, contarvos que a finales do mes de outubro saleu nas noticias que un volcán estaba entrando en erupción e estaba morrendo xente.

A profe ensinounos no ordenador e en fotos cómo era ese volcán, ónde estaba, en Indonesia, o volcán MERAPI e fixemos algunha actividade ademáis de introducir na clase un enorme MAPAMUNDI.

para localizar o lugar exacto onde se atopaba

a partir de ahí, estábamos pendientes dos últimos acontecementos que tiñan relación con este volcán e os comentábamos, escribíamos,... 

e ademais como outros nenos/as trouxeran fotos dalgúns volcáns, decidimos pegalos no noso mapamundi, para isto tivo que axudarnos moito a profe, eque ela sabe ónde está cada lugar, cidade, país.

Un neno tamén nos trouxo información doutro volcán, o monte FUJI en Japón, e fotos da súa ladera de lava xa totalmente seca porque agora no está activo ou funcionando.

Aquí estamos mirando un mapa do mundo pequeno que él trouxo onde están sinaladas as distancias entre este volcán e o Teide, que está máis cerquiña nosa, para darnos conta do lonxe que está.

Toda a información que nos ía chegando a colacábamos nun gran mural para poder vela e comentala cando quixéramos

O proxecto está prácticamente rematado e cada neno elaborou o seu libro onde está recopilada a información.

Tamén adicamos parte do proxecto ao "arte", a crear con distinas técnicas os nosos volcáns e pronto volveremos para mostrárvolo!

(2010-2011) AS FESTAS DO OUTONO: Samaín e Magosto

No outono hai dúas festas que non podemos deixar de celebrar. Agora que xa as vivimos, vos contamos cómo nos foi.

Polo SAMAÍN xa sabedes todos que é tradición que cada neno e nena traia a súa cabaza que decorou na casa con axuda da súa familia.

Nós fumos traéndo as nosas e nos retratamos con elas, antes de colocalas todas xuntas coas dos demais nenos do colexio, para a exposición.

 

  

 

 

  

Eses días tamén tiñamos unha cabaza na clase que trouxo a profe para abrir e decorar entre todos.

Marcamos por ónde abrila, lle pintamos ollos, nariz e boca e a baleiramos:

    

         

Como estes días traballamos de maneira conxunta con nenos da autra clase de infantil, eles se encargaron de rematala; Iker a pintou toda de témpera con distintas cores.

Polo Samaín ademáis de traballar distintos conceptos e a través da lecto-escritura e a lóxica matemática e en traballos en papel, tamén preparamos un conto

                  

Na aula de música aprendimos a canción do conto, e nas clases entre todos fixemos un gran mural que se plegaba (e o podíamos facer aparecer e desaparecer). Nel contábamos a historia con debuxos e os nomes dos persoaxes ou esceas.

os profes Oscar e Ángela o ían abrindo e contando mentres nós cantabamos a canción cando correspondía.

Ese mesmo día tamén nos maquillamos nas clases; tiñamos varios modelos para elixir entre vampiro e monstro

e a verdade é que dábamos bastante medo.

Os nenos máis grandes tamén viñeron visitarnos vestidos para a ocasión e máis dun tivo que esconderse ou sentarse ó ladiño dos profes para non ter medo, aínda que hai que dicir que somos todos uns valentes eh!

 

O MAGOSTO- CELEBRACIÓN

En días anteriores ao magosto xa vos contamos noutra páxina algunhas cousas que fixemos.

Pero ademáis, como nesta festa se comen as castañas, e na clase tiñamos outros froitos do outono que tamén queríamos probar, adicamos parte dunha sesión a probar algún deles.

Unha nai nos trouxo unha chea de freixoas,

a profe as cortou pola metade e nós as comíamos con cuchariñas de prástico, igualiño que cando comemos os kiwis.

foron todo un éxito e encantáronnos á maioría de nós.

O que non gustou tanto foi o zume de granada,

pero sí foi moi divertido facelo, o pasamos moi ben e así xa sabemos a qué sabe esta froita tan extraña.

Mirade cómo usamos o exprimidor, a maioría sentíamos cóxegas nas mans,

 

Neses días tamén confeccionamos a nosa cesta para meter as castañas asadas o día do magosto. As fixemos en cartulina, cunha plantilla en forma de castaña e as decoramos con gomets, pintando, con castañas,.

e cun cordel as rematábamos para pechar o bolsiño e convertilo en bolso.

O día do magosto foi moi divertido porque fixemos xogos no pabellón, por equipos (cada aula era un equipo) e tiñamos que superar 8 probas. Por cada proba superada conseguíamos un colar cunha castaña dunha cor.

Esto supoñía que nos tiñamos que esforzar todos/as moito para acadar un obxectivo común.

aquí estamos na primeira proba, de conseguir meter unha castaña nun iogur.

nesta proba temos que meter nunha cesta unha castaña  tirándoa dende unha distancia.

ou nesta, que temos que ir levando co dedo a castaña polo camiño sen que se salga del.

Foron todos moi divertidos, pero o que máis nos gustou á maioría foi a proba de ir na moto a recoller castañas e a de darlle de comer ao coello e ao xabarín.

E por fin a comer as castañas asadas!!!

Así demos por rematada esta xornada e tamén finalizamos outra etapa deste trimestre.

Agora nos toca embarcarnos noutras aventuras como o Nadal e o Salón do Libro Infantil.

(2010-2011) Subimos ás aulas de primaria- recitamos poesías.

Nestes últimos días, ou máis ben semanas, con motivo do outono e da próxima celebración do magosto, nós na clase estivemos confeccionando un pequeno libriño, que fala en forma de poesía dunha castaña.

Tivemos que colorear, escribir, recortar, e por suposto aprender a poesía; cada un ó seu ritmo, tendo en conta que na clase somos nenos/as de 3, 4 e 5 anos.

E así é como quedou:

Como a aprendimos todos e o libriño nos gustou moito, a profe propúxonos subir ás aulas de primaria a recitala por parellas.

Tamén lles recitamos todos xuntas outra poesía que aprendimos do outono

 

OUTONO, TEN SONO

NON PODE DURMIR.

PONLLE UNHA MANTIÑA,

QUE SE QUEDA AXIÑA

SERENO E FELIZ. (Antonio García Teixeiro)

 

Así estivemos nas clases do 1º e 2º ciclo.

Aquí estamos en 4º e son Aroa e Aitana os que recitan a poesía. A profe pasa as páxinas do libro para que non se olviden nada.

Os nenos desta clase e a súa mestra, Susana tamén nos regalaron a nós unha canción do outono moi bonita.

Noutras aulas nos recitaron poesías do outono e das castañas e tamén falamos cos nenos e nos facían preguntas ou nós a eles para saber máis cousas os uns dos outros.

Foi moi emocionante e divertido compartir cos nenos maiores as nosas cousas así que xa estamos a pensar cal pode ser a próxima.

(2010-2011) Mes de outubro- En qué andamos a traballar estes días

Xa hai tempo que non vos ensinamos e contamos nada do que estamos a facer.

Esta semana pasada xurdiron na clase conversas moi interesantes en torno a varios temas e finalmente e despois de votar todos para decidir sobre cal iniciar unha investigación, estamos a traballar e investigar sobre os VOLCÁNS.

Noutra páxina vos contaremos con detalle o que traballamos e o que descubrimos. 

Pero neste mes de outubro fixemos moitísimas cousas; de xeito paralelo a chegada do outono e á preparación das festas relacionadas, seguimos a decorar a clase

En setembro fixéramos debuxos de nós mesmos para decorar a porta de entrada xunto coa foto de grupo e follas pintadas por nos.

Tamén  levamos unha foto de grupo que pegamos nunha cartolina, xunto co horario de clase, e decoramos. Parecía un marco de fotos de verdade!

Ademáis, no recanto das rutinas do encargado, na alfombra onde falamos todos os días, cambiamos a ventana do tempo, que xa estaba moi vella, por un mapa de Galicia, onde está indicado con un puntiño ónde os atopamos nós, en Campo Lameiro

e debuxamos algúns símbolos característicos do tempo, para poder pegar no mapa cada día, como nas noticias.

aquí fáltanos a tormenta que cando sacamos a foto aínda non a debuxáramos.

Tamén seguimos a asistir a clase de Informática, e as primeiras semanas, traballamos coa pantalla dixital, buscando fotos do que nos interesaba, mirando as de clase e participando en xogos, sobre todo para que os de 3 se familiarizasen con eles e co seu funcionamento.

 

Na aula tamén seguimos a amosar moito interese polo proxector de luz e facemos montaxes moi orixinais, e o que máis nos atrae de todo son as pezas de cores que se reflexan na parede.

Pero como mellor se ve é cando oscureces toda a clase; ásí é chulo de verdade.

E un día ata nos fixeron un regalo moi moi interesante, un "caleidoscopio" que un neno da clase e a súa nai atoparon nunha tenda e nos mercaron un para a nosa clase e outro para infantil 2.

Aquí estamos probándoo e comprobando que se ven as cousas repetidas, moitas, moitas veces e pequeniñas,

Este neno que nolo regalou, decidiu poñerlle de nome "mirador", que soa máis fácil.

Nos escribímolle entre todos unha carta a él e a súa nai (con quen foi a mercalo) dándolle as gracias.

 

A NOSA CLASE E O NOSO COLE- O MÁIS SIGNIFICATIVO

Estamos a confeccionar un libriño individual sobre o máis relevante da nosa clase e os nosos profes así como do cole e finalmente o reflexamos nun gran mural para amosarlle aos nenos grandes cómo é a nosa aula, que hai nela e que facemos nos distintos recantos.

Aínda non o rematamos de todo pero en canto esté listo o poderedes ver no corredoiro e abrir as súas finestras a ver qué se esconde detrás.

 

Como este ano temos por fin parque novo, e os nenos da outra aula de infantil fixeron un gran mural con todos os seus xogos, un día estivemos observándoo e comentándoo entre todos.

Quedou claro que o xogo que máis nos gusta á maioría é a roda. Logo debuxamos na clase o xogo preferido e  pegamos unha foto do parque onde lle puxemos o título que os nenos de Infantil 2 inventaron "parque novo", pois previamente estivemos a diferenciar e atopar o título no mural.

Como xa estaba escrito só tiñamos que copialo.

 

O OUTONO

Como cada curso, observamos e conversamos sobre o máis destacado desta época, recollemos follas, as pintamos, creamos con elas, buscamos en internet froitos do outono, e os temos nunha cesta na clase; aínda nos quedan moitos por traer

debuxamos as nosas árbores espidas,

e tamén estamos a decorar o corredoiro con froitos xigantes.

Primeiro os pintamos con témpera,

e cando están secos, os enchemos con bolas de papel de periódico

e mirade que bonitos quedan colgados do teito.

Facendo as bolas de papel para enchelos tamén xogamos a imaxinar qué podía ser ese anaco de papel, e se nos ocurrían cousas divertidas, como por exemplo estas dúas,

 UNHA  MAZÁ

UN TELÉFONO   

 

Tamén estamos a confeccionar as nosas cestas para o magosto e facendo un libro dunha castaña, pero isto o imos a deixar para contarvos noutra ocasión.

Ata pronto!

 

(CURSO 2010-2011) Fotografiamos a escola e creamos unha historia.

 Nestas primeiras semanas de clase, algúns nenos/as, cámara en man, adicáronse a facer fotografías pola escola, polas distintas estancias, daquelas cousas que máis lles chamaban a atención.

Cada semana  é un neno ou nena o que fai de fotógrafo.

O primeiro en comezar foi Pablo V.

Unha vez chea a cámara, as descargamos no ordenador da clase con axuda da profe, que ademáis logo tivo que imprimilas na impresora da sala de mestres.

Estas son as fotos que sacou:

  

  

  

  

  

 

 As vimos todos xuntos no ordenador

 

e  lles poñíamos títulos raros -que a profe dicía "orixinais"-

Ésta é a alfombra do corredoiro e a un neno se lle ocurriu poñerlle de título "Barro".

 Tamén había outras de cousas ou obxectos, que as empregaremos para un libro de vocabulario, onde escribiremos os seus nomes, como ésta

FERRAMENTAS

Finalmente, a profe propúxonos ao equipo dos de 5 escoller 5 ou 6 fotos que máis nos gustaran para crear unha historia.

Estas foron as que escollimos

e nos puxemos mans a obra, pegándoas en cartolinas.

 

 Noutra sesión, amosando xa as fotos elixidas a todo o grupo, entre todos fumos creando a historia.

Xa inventada, había que transcribila no papel e debuxar as esceas, así que nos repartimos o traballo e nuns días a rematamos, e así é como quedou:

"E QUERÍA LEVARSE AS PELOTAS E AOS PARRULOS"

Esperamos que vos guste. Outro día é outro neno fotógrafo e xa pensaremos qué inventamos coas fotos.

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.