Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2010-2011) Subimos ás aulas de primaria- recitamos poesías.

Nestes últimos días, ou máis ben semanas, con motivo do outono e da próxima celebración do magosto, nós na clase estivemos confeccionando un pequeno libriño, que fala en forma de poesía dunha castaña.

Tivemos que colorear, escribir, recortar, e por suposto aprender a poesía; cada un ó seu ritmo, tendo en conta que na clase somos nenos/as de 3, 4 e 5 anos.

E así é como quedou:

Como a aprendimos todos e o libriño nos gustou moito, a profe propúxonos subir ás aulas de primaria a recitala por parellas.

Tamén lles recitamos todos xuntas outra poesía que aprendimos do outono

 

OUTONO, TEN SONO

NON PODE DURMIR.

PONLLE UNHA MANTIÑA,

QUE SE QUEDA AXIÑA

SERENO E FELIZ. (Antonio García Teixeiro)

 

Así estivemos nas clases do 1º e 2º ciclo.

Aquí estamos en 4º e son Aroa e Aitana os que recitan a poesía. A profe pasa as páxinas do libro para que non se olviden nada.

Os nenos desta clase e a súa mestra, Susana tamén nos regalaron a nós unha canción do outono moi bonita.

Noutras aulas nos recitaron poesías do outono e das castañas e tamén falamos cos nenos e nos facían preguntas ou nós a eles para saber máis cousas os uns dos outros.

Foi moi emocionante e divertido compartir cos nenos maiores as nosas cousas así que xa estamos a pensar cal pode ser a próxima.