Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2007-2008) Facemos o noso disfraz para o entroido

Facemos  o noso disfraz de PEIXES.
 
Como estivemos a investigar sobre o mar,para o noso traballo do Salón do Libr, decidimos disfrazarnos de peixes.
 
Así fixemos os nosos difraces colaborando os nenos/as dunha aula cos da outra.
 
O primeiro que tivemos que facer foi elexir a cor que queríamos empregar no noso disfraz, cada quen anotou o seu nome "descubrindo" onde tiña que poñelo.
Logo con axuda dun compañeiro medimos por onde debiamos cortar a nosa bolsa.
Non era doado cortar as bolsas de plástico, tiñamos que ir con moito coidado. Algúns necesitamos que un compañeiro nos suxeitase o plástico para poder cortalo sen problemas.

Calquera sitio servía sempre que se puidesen cortar.
Cando xa estaban cortadas as bolas, outro día tocáballe o turno ás cabezas de peixe.
Para facer a cabeza tivemos que recortar escamas e pegalas, non era moi doado de despegar a "pegatina", pero con axuda fomos capaces ata os máis pequenos.

Para os ollos pensamos en picalos e pegarlle un pedazo de celofán, do cor da nosa bolsa.
Tan só nos faltaba pegarlle as escamas, tivemos que darlle moitas voltas ata descubrir como podiamos pegar esas pegatinas "tan grandes", cada quen empregou a súa "estratexia", pero todos logramos rematar o disfraz.
Unha vez rematado tocaba o turno de probar se nos quedaba ben, descubrimos que para poñelo e quitalo iamos necesitar a axuda dun compañeiro/a.

 

Estabamos guapos o día do desfile... ¿non si?

 

(2007-2008) Así somos os de tres anos

Este ano na clase de 3 anos de Educación Infantil sómos 11 nenos e nenas, ¿queres saber quenes somos?

 

ÓSCAR (O  PROFE)
HUGO ANA JAVIER SARA
AINHOA INÉS ANTONIO IAGO RAÚL JAVIER DIEGO

 

(2006-2007) Facemos zumes

FACEMOS  ZUMES
En infantil probamos a facer zumes de diferentes froitas para comprobar como sabían.
 
Xa estabamo todos preparados, o primeiro era identificar as froitas que elexiarmos o día anterior, para ver se estaban todas.
A profe Sole comezou a cortalas para ver como eran por dentro.
 
Con axuda dos mestres fomos metendo na licuadora os pedaciños de cada froita ¿de que cor saería o zume?

 

Tivemos que buscar unha forma de organizarnos porque todos queriamos ser os primeiros.

 

Acordamos que o mellor sería facer unha fila para cada froita, e cada un se puxo na da froita que quería probar.

 

Mans á obra ¿que tal sabería o zume de sandía?

 

A cada un lle gustaba máis un zume que os outros.

 

Os mestres Óscar e Sole tamén quixeron probar os zumes para ver cal lles gustaba máis.

 

Cando rematamos quedamos moit sorprendidos de ver como os restos da froita quedaban facendo "liñas" de cores.

Tentamos adiviñar de que froita era cada cor e descubrimos que o que estaba máis abaixo era da primeira froita que probamos e o de enriba era a da última.

(2006-2007) Investigamos sobre as prantas


SEMENTAMOS


CANDO CHEGOU A PRIMAVERA UN DÍA NA ASAMBLEA DA AULA DE 5 ANOS,  XURDIRON VARIAS PREGUNTAS SOBRE AS PRANTAS, ASÍ QUE DECIDIMOS INICIAR UN PROXECTO DE TRABALLO PARA INVESTIGAR AS NOSAS DÚBIDAS. * 

PRIMEIRO ESCRIBIMOS O QUE SABÍAMOS DAS PRANTAS

 

LOGO O QUE QUERIAMOS SABER, PARA MARCAR CUN "X" CANDO ATOPABAMO-LA RESPOSTA.

 

TIVEMOS TAMÉN QUE PENSAR ONDE PODIAMOS ATOPAR A INFORMACIÓN.

 

TIVEMOS QUE ORGANIZARNOS PARA BUSCAR INFORMACIÓN NA NOSA INVESTIGACIÓN. 

O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI SEMENTAR ALGUNHAS PRANTAS, PARA MIRAR COMO MEDRABAN  E ASÍ DESCUBRIR AS RESPOSTAS A ALGUNAS DAS NOSAS PREGUNTAS.

COMO ANTES DE EMPEZAR MIRAMOS A PELÍCULA (DOCUMENTAL)  "DOS HOOBS" SOBRE AS PLANTAS XA SABÍAMOS ALGUNAS COUSAS.

NECESITABAN UN BURATO PARA QUE A AUGA PUIDESE SAÍR CANDO A REGASEMOS. 

 

PENSAMOS QUE HABÍA QUE POÑERLLE UN CARTEL PARA SABER DE QUEN ERA CADA PRANTA E QUE HABÍA PLANTADA EN CADA MACETA. 

 

CANDO TODOS REMATAMOS DE PREPARAR AS NOSAS MACETAS XA PODÍAMOS EMPEZAR A PRANTAR.

 

POÑÍAMOS TERRA NO BOTE E LOGO FACÍAMOS UN BURATO CO DEDO PARA METER DENTRO A SEMENTE. 

 

DESPOIS DE REGALAS. PUXEMOS TODAS AS NOSAS PRANTAS PRETO DA VENTÁ PORQUE NA PELÍCULA DOS "HOOBS" DICÍA QUE AS PRANTAS MEDRABAN CARA O SOL, E NOS QUERIAMOS QUE MEDRARAN "PARA ARRIBA". 

 

CADA EQUIPO PEGOU AS SEMENTES QUE PLANTOU  NO MURAL DA "INVESTIGACIÓN" E TAMÉN ESCRIBIU O SEU NOME. 

 

DURANTE MOITOS DÍAS SEGUIMOS INVESTIGANDO PARA RESPONDER AS PREGUNTAS QUE TIÑAMOS. CADA EQUIPO SE ENCARGABA DE BUSCAR AS RESPOSTAS A UNHA DAS PREGUNTAS.

 

¿QUE PLANTAS SE PODEN COMER?:

O NOSO EQUIPO PENSOU EN RECORTAR DE REVISTAS AS PLANTAS QUE SE PODÍAN COMER. PARA NON OLVIDARNOS PUXEMOS OS NOMES DE CADA COUSA.

 

 

 

¿QUÉ ANIMAIS COMEN PRANTAS?

O NOSO EQUIPO BUSCOU EN LIBROS ANIMAIS QUE COMÍAN PLANTAS, CARNE E QUE VIVÍAN NO MAR. CANDO ATOPABAMOS UN O PROFE FACÍA UNHA FOTOCOPIA E O PEGABAMOS NA FOLLA. ENTRE OS TRES PUXEMOS OS NOMES A CADA UN. 

 

 

¿COMO MEDRAN AS PRANTAS?:

O NOSO EQUIPO DECIDIU DEBUXAR COMO MEDRABAN AS PLANTAS "PARA ARRIBA" COMO DICÍA NA PELÍCULA DOS HOOBS. DECIDIMOS TAMÉN QUE "MELLOR" LLE POÑIAMOS O NOME DAS PARTES QUE TIÑA UNA PLANTAS.

AS VECES TIÑAMOS QUE VOLVER A VER A PELÍCULA DOS HOOBS NO ORDENADOR PARA DESCUBRIR COUSAS.

 

 

O QUE IAMOS DESCUBRINDO O ESCRIBIAMOS NO NOSO MURAL.

 

ASÍ NOS QUEDOU O MURAL DA NOSA INVESTIGACIÓN, ERAN MOITÍSIMAS COUSAS AS QUE DESCUBRIMOS DAS PLANTAS.

 

 

TAMÉN FIXEMOS UN LIBRO DA INVESTIGACIÓN QUE LEVAMOS PARA CASA.

CANDO MEDRARON AS PLANTAS LEVÁMOLAS PARA CASA

 

* Todo o texto desta páxina foi dictado polos nenos/as de Educación. Infantil de 5 anos como fase final do Proxecto de Traballo e transcrito polo mestre.

 

Escolle o blog de cada unha das dúas aulas...

CAMBIAR IMAXE DE GRUPO


O blog de Infantil 1
Curso 2023-24

O blog de infantil 2
Curso 2023-2024
11/05/24: (2023-2024) Así de ben o pasamos na nosa visita á granxa escola "Fervenzaventura" [Infantil xuntos]
01/05/24: (2023-2024) Un mes que vale por dous, entrade para ver todo o que fixemos en abril!
25/04/24: (2023-2024) Celebramos os aniversarios de abril... cociñando galletas!! [Infantil xuntos]
22/03/24: (2023-2024) Celebramos os aniversarios do mes de marzo [Infantil xuntos]
10/03/24: (2023-2024) Febreiro, o mes máis curto e mellor aproveitado!
06/03/24: (2023-2024) Creamos unha fraga máxica e participamos nas actividades so Salón do Libro 2024 [Infantil xuntos]
01/03/24: (2023-2024) Celebrando os aniversarios do mes de febreiro [Infantil xuntos]
15/02/24: (2023-2024) Polo Entroido convertímonos en domadores: creamos o disfraz nun obradoiro coas familias e participamos no desfile do colexio [Infantil xuntos]
10/02/24: (2023-2024) Trescentas actividades para os trescentos días que durou xaneiro
30/01/24: (2023-2024) Organizamos e participamos na II marcha e carreira solidaria, polo día da Paz [Infantil xuntos]
25/01/24: (2023-2024) Celebramos os aniversarios do mes de xaneiro [Infantil xuntos]
22/12/23: (2023-2024) Xa chegou o Nadal! Así o celebramos e participamos no festival. Queres vernos? [Infantil xuntos]
22/12/23: (2023-2024) Un mes máxico e cheo de cousas que facer, así é como pechamos o ano na nosa aula
22/12/23: (2023-2024) Así celebramos os aniversarios do mes de decembro [Infantil xuntos]
07/12/23: (2023-2024) Un novembro cheo de cor violeta, castañas, xogos rupestres e moito máis!
24/11/23: (2023-2024) Así celebramos os aniversarios do mes de novembro [Infantil xuntos]
15/11/23: (2023-2024) Traballamos e celebramos o Magosto con xogos tradicionais e comendo castañas [Infantil xuntos]
08/11/23: (2023-2024) Este mes non paramos nin un segundo, benvidos e benvidas a entrada do blog de outubro!
31/10/23: (2023-2024) Xa chegou o Samaín a infantil... así o celebramos [Infantil xuntos]
24/11/23: (2023-2024) Así celebramos os aniversarios do mes de outubro [Infantil xuntos]
04/10/23: (2023-2024) Novas compañeiras e compañeiros, novo curso, novos retos... nova entrada do blog!
28/09/23: (2023-2024) Celebramos os aniversarios do mes de setembro [Infantil xuntos]
27/06/23: (2022-2023) Despedimos o curso coa entrada de xuño!
27/06/23: (2022-2023) Xa somos uns expertos do arco da vella, así foi a nosa investigación
23/06/23: (2022-2023) Mellor tarde que nunca, aquí están as nosas actividades de maio

Ler tódolas entradas
15/05/24: (2023-2024) Creamos un álbum de peixes, como o primeiro produto final da nosa investigación.
11/05/24: (2023-2024) Así de ben o pasamos na nosa visita á granxa escola "Fervenzaventura" [Infantil xuntos]
02/05/24: (2023-2024) No mes de abril, tamén sucedeu todo isto en Infantil 2
26/04/24: (2023-2024) Así se crea unha explosión e "coca-cola". Descobre como facelo no noso vídeo deste experimento
25/04/24: (2023-2024) Celebramos os aniversarios de abril... cociñando galletas!! [Infantil xuntos]
12/04/24: (2023-2024) Xa atopamos tódalas respostas na nosa investigación sobre "Os peixes". Podemos comezar a traballar na creación do álbum e do vídeo.
22/03/24: (2023-2024) En marzo, sucedeu ademais todo isto en Infantil 2
22/03/24: (2023-2024) Celebramos os aniversarios do mes de marzo [Infantil xuntos]
14/03/24: (2023-2024) Continuamos coa nosa investigación sobre os peixes e atopamos novas respostas
06/03/24: (2023-2024) Creamos unha fraga máxica e participamos nas actividades so Salón do Libro 2024 [Infantil xuntos]
02/03/24: (2023-2024) E ademais, no mes de febreiro, sucedeu todo isto en infantil 2
01/03/24: (2023-2024) Experimentamos con aceite e colorante, e contámolo nun vídeo. Ques velo?
01/03/24: (2023-2024) Celebrando os aniversarios do mes de febreiro [Infantil xuntos]
15/02/24: (2023-2024) Polo Entroido convertímonos en domadores: creamos o disfraz nun obradoiro coas familias e participamos no desfile do colexio [Infantil xuntos]
02/02/24: (2023-2024) E ademais, no mes de xaneiro, sucedeu todo isto...
30/01/24: (2023-2024) Organizamos e participamos na II marcha e carreira solidaria, polo día da Paz [Infantil xuntos]
27/01/24: (2023-2024) Experimentamos con pementa e xabón. Queres saber que sucedeu?
26/01/24: (2023-2024) Continuamos a investigar sobre os peixes e xa temos as primeiras respostas ás nosas preguntas
25/01/24: (2023-2024) Celebramos os aniversarios do mes de xaneiro [Infantil xuntos]
22/12/23: (2023-2024) Xa chegou o Nadal! Así o celebramos e participamos no festival. Queres vernos? [Infantil xuntos]
22/12/23: (2023-2024) Así celebramos os aniversarios do mes de decembro [Infantil xuntos]
01/12/23: (2023-2024) E ademais... no mes de novembro
01/12/23: (2023-2024) Experimentamos cun fluído non newtoniano... Queres saber como facelo? Mira o vídeo que creamos
30/11/23: (2023-2024) Decidimos investigar sobre "os peixes" e damos comezo ao noso primeiro proxecto do curso
24/11/23: (2023-2024) Así celebramos os aniversarios do mes de novembro [Infantil xuntos]

Ler tódolas entradas

RECEITAS DAS TARTAS DE CUMPREANOS


Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.