Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog da biblioteca

CONTOS E CANTOS " PATAKA FRITA"

CONTOS E CANTOS “PATAKA FRITA”


O pasado luns día 15 de maio visitounos Laura,da librería “ PATAKA FRITA” a facernos un contacontos na biblioteca da escola: a biblio de DORA LECTORA,

a nosa biblioteca escolar.

Houbo dous turnos, o 1º foi despois do recreo para os nenos de infantil, primeiro e segundo curso e o 2º turno foi ó redor das 13:00 horas para as restantes aulas da escola.


Ó remate como Laura tamén toca a pandeireta, estivemos cantando cancións populares como “ Carolina” ou “ Carmiña”.


E aquí remata a actividade con unhas imaxes recollidad do álbume da biblioteca sobre este evento ó que tamén poderedes acceder dende o seguinte enlace, se premedes nel.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/galeria/thumbnails.php?album=1871 

Texto ( Lorena e Diego, 6º curso).Gracias chico e chica por facernos esta estupenda entrada!!!

 

MATERIAIS PARA CREAR COMPOSICIÓNS ESCRITAS

Ola a tod@s. 

 Dende a aula de Pedagoxía Terapéutica e colaborando coa biblioteca escolar deixamos á vosa disposición un material moi xeitoso para a composición escrita que pode ser de utilidade para tod@s, incluso para encher unha tarde de domingo de choiva, compoñendo e creando textos orixinais.

Premede no enlace de aquí abaixo para poder acceder a este material.

 

Apertas. 

3ª EDICIÓN DAS " LECTURAS NA CARBALLEIRA"

Ola a tod@s! 

Este ano tamén fixemos na biblioteca a xa tradicional edición de " LECTURAS NA CARBALLEIRA" que,  nesta ocasión tivo como homenaxeado principal a figura de Carlos Casares, autor que é o protagonista neste curso escolar, da conmemoración das LETRAS GALEGAS.

Sobre esta actividade, e sobre as que se levaron a cabo nesta data podedes acodir ó noso diario dixital " O CERVO DIXITAL" así como o álbume de fotos titulado" 3ª EDICIÓN DE LECTURAS NA CARBALLEIRA" premendo nos seguintes enlaces, onde atoparedes un fantástico artigo elaborado por Lorena e Diego de 6º curso, asi como fotos e imaxes variadas de este evento tan sinalado na escola e que trata de inculcar o amor pola lectura, os libros trasladándoo fóra da escola, en concreto ás persoas de Campo Lameiro que, ano tras ano nos acompaña nesta actividade.

Agradecemos a colaboración de alumnado, familias, Concello, postos ambulantes do mercado de Campo Lameiro a súa acollida e participación. De seguido, máis abaixo, tedes os enlaces e unhas imaxes para poder ver o realizado neste día 4 de maio de 2017.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/2253

  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/galeria/thumbnails.php?alb...

 

 

 

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

 

 

Como todos os anos dende fai máis de noventa, commemórase en moitos países do mundo, o Día Internacional da Muller Traballadora.

Tamén nós dende o centro quixemos facer unha pequena homenaxe a todas esas mulleres traballadoras, loitadoras, en pro da igualdade, da xustiza, da paz...

 Mulleres de onte....

 

 

Mulleres de hoxe....

 Mulleres que serán traballadoras nun futuro....

 

DORA NOS AMOSA COMO VIVIR EN PAZ...

 

OLA A TODOS/AS !!!!!!!! 

Amiguiños e amiguiñas da Biblio, antes de marchar a recorrer o mundo quero deixarvos un pouquechiño de PAZ no cole...Non vos olvidedes de coidar aos vosos amigos, ás familias, aos animais, ás plantas...

Aquí vos deixo unha morea de bos desexos...

 

 

 

 

Para a celebración deste día contamos coa colaboración do Equipo de Convivencia que preparou unha pequena adaptación dun conto: PEIXIÑO ARCO DA VELLA.

 

Tamén colaborou con nós a mestra de Música coa que cantamos e bailamos " O BAILE DA PAZ"...

 

LEMOS UN MUNDO...EN NADAL.

Antes de "embarcar" no cruceiro, Dora quixo pasar o Nadal entre nós. Como xa sabedes, son unhas datas moi entrañables e a biblio estes días ten un montón de visitas. Dora deixounos un encargo: decorar un mural de Nadal para que quedase ben bonito...

E así foi. Entre todos conseguimos darlle un aire navideño...( por certo, hai que agradecerlle a Rafaela o ben que o debuxou)

 

E, mentres decorabamos, Dora preguntouse se no resto do mundo tamén habería contos de Nadal, e como serían, e que contarían...Queredes velos????? 

 

E, xa para terminar, unhas recomendacións do equipo de Biblio para ler en Nadal. Esperamos que sexan do voso agrado.

PARA QUE NOS LEAN...

PARA QUE LLE PIDAS NA TÚA CARTA A PAPÁ NOEL, OU AOS REIS MAGOS:

 

1º E 2º: EL VIAJE SECRETO. Joan Manuel Gisbert.ALA DELTA. EDELVIVES.

3º E 4º: FABULOSA NOCHE DE SAN JUAN. Joan Manuel Gisbert. ALA DELTA. EDELVIVES.

5º: MAGOS DEL ATARDECER.Joan Manuel Gisbert. ALA DELTA.EDELVIVES.

6º: EL ARQUITECTO Y EL EMPERADOR DE ARABIA .Joan Manuel Gisbert. ALA DELTA. EDELVIVES.

 

 FELIZ NADAL A TOD@S

O EQUIPO DE BIBLIO.

 

APRENDEMOS A PENSAR CON ANGÉLICA SÁTIRO

 

Recibimos na Biblioteca escolar con gran entusiasmo e expectación a visita de Angélica Sátiro, que nos iba a ensinar a pensar...Unha actividade programada dentro do plan de formación deste curso: FILOSOFÍA PARA NENOS

Pensar, para chegar a ser persoas capaces de pensar por sí mesmas, dunha maneira crítica e creativa...

Pensar, para adquirir uns valores básicos: autonomía, igualdade, imparcialidade, solidaridade, respecto...

En fin, pensar, para ser nós mesmos, para encontrar significados apropiados para  a nosa vida...

 

 

E dou comezo a sesión...


Todos sentados en círculo e, Angélica empezou a contarnos un conto.

 

 

Ela preguntaba e nós, contestábamos...

 

 

 

Chegamos a facer serias reflexións sobre se cando estamos durmindo pensamos, ou cando estamos sen pensar en nada aínda así, pensamos...

 

 

E, igual que o protagonista do conto, que cambiou  a súa cabeza, que pensaba e decidía por ela mesma, por outra, que seguía o que decían as demais, nós, tamén nos enfundamos nunha cabeza nova, a ver que era o que se sentía.

 

 

 

E sentimos todos o mesmo. O mellor é que cada quen pense por sí mesmo, sen deixarse influenciar polos demais...Aínda que ás veces nos coste un pouquiño...

 

   

Noraboa pola experiencia Angélica!!!!!!!!!

 

O MEDO NO MUNDO

Este curso "embarcámonos" dende a biblioteca nun novo proxecto centrado na literatura de viaxes: "LEMOS UN MUNDO". A nosa querida mascota Dora Lectora emprende unha viaxe...embarcará no cruceiro "Oasis of the seas" e irá visitando AS SETE MARAVILLAS DO MUNDO, para coñecer, admirar e empaparse da súa literatura.

Pero, antes de partir, Dora celebrou con nós a festa do Samaín, e quixo que todos os alumnos/as recopilaran información a ver que era o que máis asustaba noutros países, que terribles monstros despertaban o medo nos nenos/as...E... o resultado foi moi terrorífico...

 

Para empezar, ambientamos a biblio un pouco...

 

E pasamos a crear os nosos montros que atopamos polo mundo...

 

 

 

TERRORÍCOSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS

Tamén, a profe Bernarda, nos ensinou nun power point, de onde procede o Samaín, e cales foron as súas raices...E así de atentos estivemos...

  

 

E, xa para rematar, entregamos os premios e diplomas, aos gañadores do concurso de cabazas...

Bueno, hai moitos máis...Así que, si queredes velos, mirade no blog de Dinamización...Descubriredes cabazas moi famosas, moi orixinales, e moi,moi elaboradas.

Clausura do curso na biblioteca: Entrega de diplomas a colaborador@s e premios ós más DORA-D@S lectores do ano.

Para clausurar este curso escolar, o pasado día 22 de xuño, no acto de graduación do alumnado de sexto que podedes ver na portada da páxina web tivemos un pequeno espazo para dúas cousas importantes:

1) Premiar ós mellores lector@s do ano, tras facer un estudo no listado que nos proporciona MEIGA.

2) Agradecer ós alumn@s de 5º e 6º curso a súa colaboración nas labores de biblioteca durante os recreos, aspecto ó que lle daremos continuidade.

Moita sorte ó alumnado de 6º que comeza unha nova andanza alá pola vila no instituto, esperamos que sigades a ler moito e, ós demais, ata o próximo curso onde DORA vos espera con moitas máis sorpresas. 

Aí van algunhas imaxes sobre este acto.

Feliz verán 

 

 

Memoria do PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECA ESCOLAR

Este curso presentámonos á convocatoria de Plans de Mellora da Biblioteca Escolar e conseguimos unha importante partida económica para comprar mais volumes, reformar a biblioteca, comprar ordenadores, etc.

Traballamos a reo no proxecto EMOCIÓN-ARTE dende a biblioteca implicando todo o que puidemos ó profesorado, familias e comunidade escolar en xeral. Precisamos de tod@s para que a biblioteca sexa un centro de recursos na escola. Grazas.

 

Aí vai a nosa memoria elaborada con moito agarimo, onde se resume o que fixemos neste curso escolar.Para o curso que ven, precisaremos, mais horas, e sobre todo ganas e esforzo pero os resultados valen a pena....

Viva a nosa biblioteca!!!! 

 

https://issuu.com/hypatiadealejandrina/docs/memoria_final_de_plamb_con_t...

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.