Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

CONTOS E CANTOS " PATAKA FRITA"

CONTOS
E CANTOS “PATAKA FRITA”

O pasado luns día 15 de maio visitounos Laura,da
librería “ PATAKA FRITA” a facernos un contacontos na biblioteca
da escola: a biblio de DORA LECTORA,

a nosa biblioteca escolar.

Houbo dous turnos, o 1º foi despois do recreo para os
nenos de infantil, primeiro e segundo curso e o 2º turno foi ó
redor das 13:00 horas para as restantes aulas da escola.

Ó remate como Laura tamén toca a pandeireta, estivemos
cantando cancións populares como “ Carolina” ou “ Carmiña”.

E aquí remata a actividade con unhas imaxes
recollidad do álbume da biblioteca sobre este evento ó que tamén
poderedes acceder dende o seguinte enlace, se premedes nel.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/galeria/thumbnails.php?album=1871 

Texto ( Lorena e Diego, 6º curso).Gracias chico e chica por facernos esta estupenda entrada!!!