Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Infantil xuntos

(2013-2014) Celebrámo-los cumpreanos do mes de febreiro facendo pizzas.

Para celebrar os cumpreanos do mes de febreiro, decidimos facer pizzas en lugar dunha tarta, xa que os compañeiros de E.I.2 estaban a traballar coas pizzas para o noso traballo do salón do libro.

Nesta ocasión íamos face-las pizzas o mesmo día que celebrabamos os cumpreanos de EVA, JOAQUÍN, ALBERTO, XIAN E DANIELA. 

 

Os homenaxeados encargaronse de ir a buscar os ingredientes, que estaban no frigorífico desde que os trouxeramos das nosas casas.

 

Organizámonos por equipos compostos por nenos e nenas de ámbalas dúas aulas, cada equipo faría unha pizza cos ingredientes que tiñamos sobre as nosas mesas:

  • unha base de pizza
  • tomate fritido
  • xamón cocido
  • queixo raiado
  • aceitunas

 

Primeiro puxemos un pouco de tomate fritido sobre a base da pizza.

 

Enriba botamos un pouco de queixo raiado.

 

Como sobrou queixo puidemos comer o resto ;) estaba boísimo.

 

Cortámo-lo xamón cocido en anaquiños cun coitelo de prástico, e botámolos tamén na nosa pizza.

 

Por último cortamos as aceitunas para poder poñelas  na nosa pizza.

 

Así quedaron as nosas pizzas, tan só faltaba metelas no forno para cociñalas.

 

Pero antes había que botarlle un pouco de orégano en cada unha delas. A profe ÁNGELA encargouse de facelo.

 

O profe ÓSCAR foi metendo cada unha das pizzas no forno, e tivemos que agardar un anaco ata que se foran cociñando.

 

Coas primeiras pizzas que foron saíndo do fornO, os homenaxeados foron soprando as candeas.

 

E por suposto tamén lles cantamos as cancións de "cumpleanos feliz" e "parabéns para ti".

 

A pizza estaba tan boa que case todos quixemos repetir.

 

Eso si, tivemos que agardar para comer o noso anaco porque estaba un pouco quente porque saira do forno.

 

Cando rematamos de comera as pizzas, fixemos unha pequena festa con patacas fritidas, gusanitos e zume, como cada mes.

Agora tan só temos que agardar ata que remate o mes de marzo para voltar a ter unha celebración de cumpreanos.

(2013-2014) Descubrindo a Nelson Mandela polo día da Paz

Como xa vos comentáramos noutra entrada, entre as fotografías que nos trouxeron QUIQUE e ZOE había unha que fora tomada en Sudáfrica, na que aparecía un home chamado NELSON MANDELA.

 

Estivemos investigando quen era esa persoa e por que era tan importante, fixémolo visionando, ámbalas dúas aulas xuntos, varios vídeos sobre Nelson Mandela (podes ve-los vídeos que empregamos desde aquí)

 

Descubrimos varios aspectos interesantes sobre a vida de Nelson Mandela:

  • Que naceu en QUNU, unha aldea de Sudáfrica
  • Que de pequeno lle chamaban MADIBA 
  • Que protestou para conseguir que os negros e os brancos fosen iguais, durante a APARTHEID.
  • Que o meteron no cárcere por defender as súas ideas e que estivo alí durante moito tempo.
  • Que foi liberado (polo presidente de Sudáfrica que era branco)
  • Que xunto ó presidente de Sudáfrica conseguiu o Premio Nobel da Paz, pola súa defensa da igualdade entre as persoas.
  • Que finalmente foi elexido presidente de Sudáfrica
  • Que morreu no mes de decembro do ano pasado. 

 

Con todos eses datos preparamos, en ámbalas dúas aulas, uns traballos sobre Nelson Mandela, para conmemorar o "Día da Paz".

 

O NOSO LIBRO DE MANDELA:

Fixemos unha caricatura da cara de Nelson Mandela empregando unha soa cor.

Os compañeir@s de infantil 1 decidiron debuxar a Mandela de corpo enteiro.

 

Escribímoslle o seu nome e fomos engadindo ó noso libro os diferentes feitos relevantes na vida de Nelson Mandela ata completalo.

Tan só faltaba escribir na portada do libro "DÍA DA PAZ" e "MADIBA", que era como lle chamaban a Mandela cando era pequeno.

 

Dentro do libro tamén puxemos as pegadas das nosas mans que os pintamos uns ós outros de marrón e branco, como as cores das persoas polas que mandela loitara para que fosen iguais.

 

 

O MURAL DE NELSON MANDELA:

Para que todo o mundo poidese coñecer o que xa sabíamos sobre Nelson Mandela, fixemos un mural para poñer no corredor.

Os compañeiros/as de infantil 1 encargáronse de debuxar a silueta e colorear o corpo de Mandela.

Logo, entre todos, pegámoslle no corpo noticias de feitos relevantes sucedidos durante a vida de Mandela.

Escribimos tamén os feitos máis importantes que fixera na súa vida, así todos e todas poderían coñecelos.

 

Con letras móviles escribimos o nome de Madela para rematar o noso mural.

 

Colgámolo no corredor para que estivese ó alcance todos e todas.  (fai click no mural para amplialo. Ata os maiores se detiveron a ler o que poñía.

 

Xuntámonos para comentar e recordar todo o que Mandela fixera en prol da igualdade das persoas.

 

 

ASÍ QUEDOU O NOSO LIBRO SOBRE MANDELA:

Así quedou o libro sobre Mandela que levamos para as nosas casas.

 

 

CELEBRAMO-LO DÍA PAZ NO COLEXIO:

Ademáis do noso mural sobre Mandela, no corredor tamén había varios traballos sobre a paz que fixeran os compañeiros e compañeiras das outras aulas. 

O día da paz, o 30 de xaneiro, visitámolo para comentar o que había posto nel.

 

Asistimos a unha dramatización sobre a tolerancia, levada a cabo por parte dos nosos compañeiros e compañeiras de primeiro.

 

Visionamos un fermoso e emotivo vídeo no que saíamos todos e todas dándonos apertas.

 

Tes máis información sobre a celebración do día Paz aquí.

 

(2013-2014) Celebramo-los cumpreanos do mes de xaneiro

No mes de xaneiro, tres compañeiros da aula de Infantil 2 celebraban o seu aniversario, xa desde o comezo do mesmo tivemos anotado no calendario da aula de E.I.2 o día en que iamos celebralos.

 

Como sempre os homenaxeados ían facer unha tarta para invitar ós seus compañeiros e compañeiras, así que elexiron unha das receitas do noso libro.

 

Entre todos fomos lendo a receita para repartir os ingredientes entre os tres compañeiros e compañeiras que cumprían anos.

 

Un día antes da celebración fixemo-las nosas trufas de chocolate con formas, eso si sen gluten para que tamén puidese comelas unha compañeiras celíaca.

 

Seguimos os pasos da receita ata que conseguimos rematar as nosas trufas.

 

Metémolas na nevera ata o día seguinte.

 

O día da celebración fomos a buscar as trufas que xa estaban listas. 

 

Cantámoslle a canción, contamos e sopramos as candeas da nosa idade. YESSICA e NOA necesitaron cinco candeas.

 

Para IAGO tivemos que quitar unha das candeas porque cumpría catro anos.

 

Un a un fómolas probando e... estaban boísimas.

 

Algúns ata quixeron repetir, eso si compartindo as que quedaban.

 

E como sempre, despois das trufas, continuamos a festa con patacas fritidas, gusanitos e zume... todo elo por suposto sen gluten.

 

Agora tan só nos queda agardar ata o vindeiro mes, en que celebraremo-los cumpreanos do mes de febreiro.

 

(2013-2014) Visitamos a exposición sobre Alexander Calder na aula de sexto

O venres pola mañá estabamos invitados a visitar a exposición sobre Alexander Calder, que organizaran os compañeiros e compañeiras de sexto curso na súa aula.

 

Dous compañeiros maiores que interpretaban ós pais do artista e invitáronos a pasar a súa aula-exposición.

 

Pouco a pouco foron descubríndonos todo o que lle sucedera ó longo do tempo.

 

Era moi divertido porque ían dramatizando cada unha das etapas da súa vida.

 

Coñecimos parte da súa obra artística, e toda a aula dos compañeiros/as de sexto estaba chea de reproduccións das creacións artísticas de Alexander Calder.

 

Sabías que pintou o seu propio coche?... e os compañeiros e compañeiras de sexto tamén o fixeron na aula... con coches de xoguete!!

 

Ata puidemos ver o "circo de Calder" baseado no circo que o artista organizara no seu momento.

 

Tamén había móbiles pendurados do teito e sobre as mesas... que se movían "soprando"

 

Co visionado dalgúns videos sobre Calder rematou esta interesante visita.

 

Se queres saber máis sobre Alexander Calder, os compañeiros e compañeiras de sexto o explican nestas entradas, onde contan todo o que foron traballando antes desta exposición:

28/11/13: (2013-2014) Móbiles
18/11/13: (2013-2014)Os nosos cadros "Calderianos"

31/10/13: (2013-2014) Retratámonos con alambre
28/10/13: (2013-2014) Deseñando o pintado do noso coche
18/11/13: (2013-2014) Descubrindo a Alexander Calder 

 

Tamén incluimos no noso recanto de infantil, no apartado de xogos, unha aplicación coa que podemos crear os nosos móbiles e ver como se moven... 

 

 

 

(2013-2014) Vendimando, facendo mosto e.... pasándoo de medo

Como cada outono chega a época da vendima, para saber de que se trataba establecemos, en ámbalas dúas aulas de infantil, dialogos para con contar as propias experiencias, o que sabiamos da vendima e para que se recollían as uvas das viñas.

Para aclarar as nosas ideas visionamos unha serie de vídeos moi interesantes, sobre o proceso da vendima e fabricación do mosto e viño.

Podes ver os vídeos que empregamos no recanto de infantil no apartado vídeos, ou ben directamente desde aquí.

O último dos vídeos amosaba como fixeran unha vendima os compañeiros e compañeiras doutro colexio, xustamente como a que iamos a organizar nas nosas aulas. 

Curiosamente nos vídeos empregaban capachos para recoller as uvas, os mesmos que nos tiñamos nas nosas aulas, que casualidade!

 

PREPARÁNDONOS PARA A VENDIMA:

O día en que iamos vendimar xuntámonos os nenos e nenas das dúas aulas de infantil e comezamos a lembrar, coa axuda dos vídeos, cales eran os pasos a seguir para facer unha vendima, en que orde irían e cal sería o noso obxectivo final: "facer mosto".

Ademáis aproveitamos para ir escribindo un listado do material, que segundo o que observabamos nos vídeos, iamos precisar para vendimar.

 

Mentras a profe Ángela e a profe Merce marcharon a preparar a nosa "viña especial" quedamos todos e todas co profe Óscar revisando se tiñamos todo o material preciso.

Un colador: acordamos que o empregariamos para colar o mosto ó final de todo o proceso.

 

Unha xerra onde meteriamos o mosto que iamos facer, para poder probalo logo,  cando a observamos con detalle vimos que tiña uns números escritos. Para que servirían?

 

Comprobamos tamén se tiñamos tesorias, morteiros para esmagar as uvas, os capachos, etc

 

Tamén tiñamos un BOCOI que iamos empregar para pisar as uvas. Caberiamos dentro?... a mellor forma de atopar a resposta foi mediante a experimentación.

Aqueles que quixemos fomos probando se cabiamos ou non para logo poder entrar a pisar as uvas. Algúns decidiron que non querían entrar pero outros si se atreveron:



Outros compañeiros e compañeiras que tamén se atreveron a entrar, posteriormente si quererían pisa-las uvas dentro do bocoi.

 

 

ORGANIZÁMO-LOS EQUIPOS DE TRABALLO:

Chegou o momento da vendima, pero tal como miraramos nos vídeos había que organizarse e traballar en equipos, e así o fixemos. Cada equipo sería o encargado dun capacho, dentro do cal metermos as tesoiras para poder levalas ata a nosa viña.

 

Cos equipos xa organizados, e cada equipo encargándose de transportar o seu material, encamiñámonos cara o patio do colexio.

 

Alí estaba a nosa viña preparada, chea de racimos de uvas que tiñamos que vendimar. Canto traballo!

 

Cada equipo encargaríase de recoller as uvas dunha parte da nosa viña para, entre todos, dar feito co traballo de vendimalas todas.

 

Era moi importante falar para organizarse, e poñerse dacordo dentro de cada equipo.

 

Mans á obra! ente todos e todas demos vendimado toda a nosa viña, cortando os racimos tal como miráramos no vídeo (agarrándoo cunha man con coidado e cortando coa outra)

 

Cando rematamos a vendima, voltamos para a aula cos nosos capachos cheos de uvas tintas e brancas.

 

 

PREPARANDO AS UVAS:

Como non tiñamos esa máquina tan chula que miraramos no vídeo, tivemos que separar coas nosas mans, unha a unha tódalas uvas do seu racimo... menos mal que traballando xuntos demos acabado de contado. 

 

Cando xa tiñamos as uvas preparadas, chegou o momento de clasificalas e separalas en dous grupos. Por unha banda as uvas brancas, coas que fariamo-lo mosto cos morteiros, e por outra as tintas, que iamos pisar no bocoi cos nosos pes.

Cada equipo botou as súas uvas tintas dentro do bocoi, e deixou as brancas nun recipiente.

 

PISANDO AS UVAS:

Coas uvas tintas que tiñamos dentro do bocoi decidimos facer mosto pisándoas cos nosos pes, tal como miraramos no vídeo.

O primeiro foi descalzarse, aqueles que quixeron pisar as uvas.

 

E cos pes fomos pisando as uvas tintas, pareceunos que estaban frías e producíanos una sensación extraña.

 

Despois de pisalas había que lavar o pes e secalos ben coa toalla, para poder poñer de novo os calcetíns e os zapatos.

 

Axudándonos uns ós outros todo resultou moito máis doado.

 

Aquí podes vernos a todos e todas os que nos atrevemos a pisar as uvas cos pes. (podes velas a tamaño completo premendo sobre cada imaxe ou na galería fotográfica premendo aquí)

Ata se apuntaron os profes a pisar as uvas, eso si ó final de todo cando xa fixeramos nós o traballo máis duro :)


E así quedaron as nosas uvas pisada, co mosto no fondo.

 

FACENDO O MOSTO DAS UVAS BRANCAS

Xa coas uvas tintas pisadas tocaballe o turno ás uvas brancas, neste caso cada equipo, coas súas uvas moi ben lavadas, empregou o morteiro e o seu recipiente de plástico para sacarlles o zume.

 

Coas uva esmagadas, empregamos o colador para separar o zume (mosto) da pel das uvas.

 

Con cada novo equipo que ía rematando a cantidade de mosto dentro da xerra ía medrando e cada vez estaba máis arriba.

 

Fomos anotando ata onde chegaba cada un dos equipos, e como a xerra tiña números puidemos saber "ata que número" chegabamos coa nosa parte.

Conseguimos xuntar 900 mililitros de mosto, case un litro.

 

PROBANDO O NOSO MOSTO:

Tan só quedaba que, quen quixera, probase o mosto que acababamos de face entre todos e todas.

 

Pareceunos que nos quedou moi rico, seguro que sería unha boa colleita.

 

QUE SUCEDEU COAS UVAS TINTAS PISADAS?

Despois de aportar diferentes ideas de como poderiamos sacar o mosto tinto, da bolsa que estaba dentro do bocoi e que empregamos para pisalas, ocurriúsenos que poderíamos empregar un caldeiro.

 

E facerlle uns buraquiños á bolsa para que saíse o mosto. Así xa non facía falta usar o colador.

 

Observamos que este mosto era de cor escura, case vermella, mentras que o das uvas brancas era de cor claro, case verde.

Despois de tanto traballo, chegou o momento de descansar un anaco e de lembrar o ben que o pasamos con esta experiencia, de seguro que a contaremos na casa con tódolos detalles.

Nos vindeiros días secuenciaremos imaxes de todo o que sucedeu, e contaremos todo este proceso ós compañeiros e compañeiras do colexio, cun mural no corredor.

 

Podes atopar moitas máis fotografías desta experiencia na galería fotografíca, á que acceder directamente desde aquí.

(2013-2014) Celebramos os cumpreanos de outubro

O pasado martes 29 celebramos os cumpreanos dos compañeiros que cumprían en outubro.

Nesta ocasión tocoulle o turno a tres nenos da aula de Infantil 1:Álvaro, Iker e Lucas,  e en cambio non cumpría ninguén en Infantil 2.

Os nosos compañeiros decoraron as súas coroas, coa axuda doutros nenos da clase, e elixiron do noso libro das receitas que tarta querían facer e optaron nesta ocasión polas trufas de chocolate.

Con todos os ingredientes xa na clase, nos puxemos mans a obra, mirando no noso libro os pasos do proceso:

 

-Desfacer as madalenas e galletas, para logo mezclalas con azucre, cacao e leite, ata obter unha masa compacta que nos permitise facer boliñas con ela.

Como facemos sempre, botamos man da axuda dalgúns compañeiros, encantados de colaborar.

 

Xa coas trufas listas o seguinte paso, ademáis de recoller e deixar todo ben limpiño, era deixalas no frigorífico do cole, pois ata o día seguinte non as comeríamos.

Xa o día da celebración, Lucas e Álvaro sopraron 3 candeas

e Iker soprou as 4.

E logo....a repartilas...e a comerrr!!!!

Como a bandexa pesaba bastante axudounos o profe Oscar a repartilas e que non caesen.

 Estaban riquísimas e tamén estaban moi boas as patatiñas e gusaniños!!

Agora haberá que mirar no noso libro dos cumpreanos, cando será a seguinte festa!!

(2013-2014) Participamos na celebración do Magosto-Samaín.

Este ano celebramos o mesmo día o Samaín e o Magosto, esto foi todo o que fixemos neste día tan especial.

 

UN SAMAÍN... DE MEDO:

Para celebrar o Samaín había preparado no centro catro obradoiros no que pasalo de medo. Por eles irían pasando tódolos nenos e nenas do colexio.

En primeiro lugar os de infantil participamos nunha sesión de curtametraxes, onde unha bruxa (que se parecía moito a profe Merce) nos foi presentando uns vídeos de Samaín.

 

Nalgún deles ata había que bailar.

 

Cando rematamos de ver os vídeos marchamos cara o pavillón onde había preparado outro obradoiro, polo camiño cruzámonos cos compañeiros de outros cursos, que ían cara  o seu obradoiro, e cuns monstruos moi especiais: os nenos de quinto e sexto, que querían asustarnos pero non foron capaces :)

 

Alí tamén estaba outra bruxa-pantasma, esta vez moi parecida á profe Marga, que nos propuxo participar en varios xogos, además de pegarnos coa súa vasoira (como ten que facer toda bruxa que se precie)

 

Había que espertala e escapat correndo... para que non te pillara, senón acabarías durmindo con ela e terías que atrapar ós demáis.

 

Noutro dos xogos había que escapar das bruxas motorizadas, e se lograban pillarte tiñas que agardar a que foses rescatado por unha fada para poder moverte novamente.

 

 

Chegou despóis o momento de participar nun obradoiro na Biblioteca do centro, o corredor estaba un pouco escuro pero démola atopado sen problemas. 

 

Alí atopámonos, a escuras e iluminados con candeas, con alguén tapado cunha capa... quen sería?

 

Resultou ser unha elfa amiga da Dora Lectora (a mascota da biblioteca), pero que se parecía moito á profe Rosana.

Alí contáronnos un conto e varias poesías sobre o samaín.

 

Por último participamos no obradoiro de maquillaxe, onde cada quen escolleu se quería que a profe Bernarda ou un zombi (moi parecido a profe Loli) lle pintase a cara.

 

Mentras tanto os demáis formos pintando os nosos medos nun mural, no que xa participaran os compañeiros e compañeiras dos demáis cursos.

 

Tamén votamos ás nosas cabazas preferidas, de todas as que estaban alí expostas, había que escoller seu númeor e anotalo nun papel.

 

Xa co número escollido metímos o noso voto na urna.

 

Entre tódalas cabazas, feitas polos compañeiros e compañeiras de todo o colexio, estaban tamen as que fixeramos nos.

 

Cales son as túas favoritas?:

 

 

UN RECREO TERRORÍFICO: 

Despois de tanto susto chegou o momento da merenda... cando rematamos a profe Ángela, que estaba disfrazada de bruxa, deunos un caramelo con forma de ollo... menos mal que non era de verdade ;)

 

E no patio xogamos todos e todas disfrazados/as a darnos sustos terroríficos.

 

 

PREMIOS ÁS CABAZAS MÁIS VOTADAS E ORIXINAIS:

Despois do recreo xuntámonos cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio, para asistir ó acto de entrega de premios e diplomas as cabazas máis orixinais.

Unha bruxa-demo (curiosamente moi parecida á profe Merce) fixo de mestra de ceremonias.

 

Como resultado da votación a cabaza favorita de Educación Infantil foi a de Yessica, a quen lle entregaron un libro de agasallo.

 

Aquí podes vela xunto ós elexidos de primeiro, segundo e terceiro ciclo de primaria, cada un co seu agasallo.

 

Tamén se entregaron diplomas ás cabazas máis divertidas, de entre elas algunha foron para compañeiros e compañeiras de infantil. Marcos foi un dos primeiros en recibir o seu diploma á cabaza máis "destornillante".

 

O profe Óscar ,que estaba disfrazado de vampiro, foi entregándonos os diplomas, como neste caso a Lucas.

 

A cabaza de Guille foi outra das máis divertidas.

 

A cabaza de Noa foi elexida como a máis "festeira".

 

Velaquí as cabazas gañadoras da votación e as máis divertidas de todo o colexio.

 

Cun aprauso agradecemos a todos e todas o seu traballo e a creación dunhas fantásticas cabazas, foran elexidas ou non.

 

Por último bailamos todos xuntos a canción "xa ven o mosntrúo", que xa coñecíamos da clase de música.

 

 

CELEBRÁMO-LO MAGOSTO:

Xa rematado o Samaín saímos ó patio a celebrar o Magosto, collendo os nosos cestos-caldeiro, fomos pasando por debaixo da pantasma que tiñamos enriba da porta da aula.

 

De camiño podiamos xa escoitar ós demáis compañeiros e compañeiras do centro listos para a celebración.

 

Os compañeiros e compañeiras  maiores foron repartíndonos as castañas asadas.

 

Tan só quedaba comelas para rematar a celebración.

 

Podes ver outras moitas fotografías desta celebración  na galería de imaxes, ou directamente desde aquí. 

(2013-2014) Léndonos libros uns ós outros

Unha vez á semana, cada venres, os nenos e nenas de infantil das dúas aulas, adicamos un tempo a lernos libros os uns ós outros, tomando decisións conxuntas falando co noso compañeiro ou compañeira:

 

As normas son sinxelas, pero non sempre doadas de cumprir, sobre todo ó principio. Cada parella ten que escoller un único libro de cada vez, para que un llo conte ó outro.

 

Que libro queremos ler?  Onde os imos a ler?

Ás veces non resulta doado decidir entre dúas opinións diferentes... Descubrimos que a solución sempre está en falar para chegar un acordo.

 

Algunhas parellas foron capaces de escoller un único libro e lerllo un ó outro.

 

Outras terán que falar máis a seguiente semana para poñerse dacordo e ler xuntos un único libro e non un cada un.


Cando rematou o tempo, cada parella contoulle ós demáis que problemas atoparon, se se puxeron ou non de acordo, se leron un libro xuntos ou un cada membro da parella...

Tamén buscamos solucións, entre todos, para eses pequenos problemas que xurdiron.

Aquelas parellas que tiveron problemas de comunicación, e non foron quen de chegar a acordos, voltarán a tentalo xuntos novamente a semana seguinte, de seguro que o conseguen desta vez.

 

 

 

(2012-2013) Celebramo-los cumpreanos do mes de setembro

Neste mes de setembro, tal como poñia no calendario dos cumpreanos da clase, só HUGO cumpría anos, así que todos e todas quixemos axudalo a facer a tarta para a súa festa.

HUGO escolleu unha tarta no noso libro de receitas (podes ver o libro desde aquí), alí aparecían os ingredientes que necesitariamos e as instruccións para preparala.

 

Seguindo a receita fomos xuntando os ingredientes, algúns deles traídos da casa, comprobando que non tivesen gluten. Contamos cantos precisabamos de cada un, segundo indicaba na receita.

 

Xa con tódolos ingredientes preparados, fomos lendo a receita para elaborar a nosa tarta de chocolate e galletas.

 

Mollando galletas en leite, cubríndoas con natillas e outra capa de galletas... estes eran os pasos que estaban escritos na receita que estabamos a facer.

 

Por último, mentras os demáis merendaban, unha capa de cocholate enriba de todo. Tan só había que metela no frigorífico e agardar ata o día seguinte, cando celebraríamos a festa de cumpreanos de setembro.

 

Xa coa súa corona de "cumpreañeiro" soprou as catro candea, despois de cantarlle a canción de "cumpleaños feliz" e "parabéns para ti".

 

E convidou a tarta e zume de piña a tódolos seus "invitados". Cunhas patacas fritidas e gusanitos, por suposto sen gluten, rematamos esta primeira festa de cumpleanos do curso. Agora teremos que agardar ata o mes de outubro para a seguinte celebración.

 

Tamén traballamos coa receita que empregaramos, rodeando ingredientes e cantidades, segundo as iamos "lendo" e "descubrindo" na mesma.

(2012-2013) Rematámo-lo curso buscando o tesouro

Como cada ano, ó ultimo día de curso, participamos na búsqueda do tesouro. Xunto, os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil fomos superando unha serie de pistas ata chegar ó final.

Neste ocasión organizámonos en tres equipos, cada un deles asociado a unha cor, e cada un deles dirixido por un dos profes.

  • OS FARAÓNS (Óscar)
  • OS LOBOS (Ángela)
  • OS PILOTOS (Merce)

 

O primeiro foi buscar cadanseu nome nun dos tres "listados" que había polas dúas aulas de Infantil, e organizarse xunto ó equipo que lle correspondera. Para elo había unha fotografía de cada equipo pegada en cada mesa.

 

E así quedaron finalmente os tres equipos:

OS PILOTOS: 

 

 

OS FARAÓNS:

 

OS LOBOS:

 

 

O primeiro foi descubrir por nos mesmos onde se atopaba a primeira pista, despois de valorar diferentes opcións, cada equipo deuna descuberto debaixo da súa mesa.

 

Todos xuntos lemos a primeira pista... e comezamos o xogo.

A partir de aquí, cada un dos equipos atopou as seguintes pistas pero en distinta orde, para non encontrarnos polo camiño, pero todas nos levaron ata o tesouro final:

 

A SEGUINTE PISTA TEN MOI BO “OLOR”. PERO COIDADO IGUAL ESTÁ CHEA DE TERRA!!

Descubrimos que tiñamos que ir ó patio, onde plantaramos os guisantes de olor, para atopar a seguinte proba para poder chegar ata a seguinte pista.

 

Nela descubrimos que cada capitán do equipo, tiña que conseguir facer unha fotografía o resto dos seus compañeiros, organizándoos para que saisen todos eles.

 

Así de ben quedaron as fotos de cada equipo. Proba superada!... xa podíamos ler a seguinte pista

 

 

 

A   TARTARUGA  NON  PODÍA DURMIR PORQUE SEMPRE CHAMABAN Á PORTA PARA DARLLE REGALOS. A PISTA ESTÁ NO OBXECTO QUE LLE AXUDABA A DURMIR.

Lembrando o conto que escoitaramos días atrás chegamos á conclusión de que se trataba dun reloxo, así que fomos buscando entre os reloxos do colexio ata dar coa pista da nosa cor.  Cada reloxo estaba nun lugar diferente: no corredor, na sala de mestres/as e na aula de primeiro.

 

Cando limos a proba descubrimos que había que ir á aula de música, e alí debuxar entre todos un reloxo, pero tiñamos unha única folla e un lapis, polo que tivemos que organizarnos previamente.

Cando rematamos de debuxar o reloxo puidemos ler a seguinte pista

 

PARA ATOPAR A SEGUINTE PISTA TERÁS QUE RESOLVER UN XOGO, QUE NON É EXIPCIO PERO PODERÍA SELO. EN QUE AULA ESTARÁ?

Como os de Infantil 2 investigaron os Exipcios pensamos que na súa aula debería estar o xogo que tiñamos que resolver... sería tan difícil como un xeroglífico?

 

 

Tratábase de montar un percorrido para que o cabaleiro puidese rescatar á princesa, empregando só as pezas que indicaban. Tardamos un anaco para resolver este xogo de lóxica, pero foi moi divertido.

O final conseguimos ler ó contido da seguinte pista.

 

CHEGOU A HORA DE XOGAR CUN DADO. NON SABEDES ONDE ESTÁ? ENCENDEDE OS  MOTORES E SEGURO QUE DADES CO LUGAR.

Seguro que estaba na aula de Infantil 1, onde estaban a investigar sobre os COCHES, así que cara aló marchamos a xogar co dado. Había que tirar todos alomenos unha vez, e xuntar 40 puntos (pegándoos con gomets)...

Tardamos un anaco en xuntar tanto punto... pero demos superado a proba e podiamos ler a seguinte pista:

 

COIDADO COA BRUXA QUE ESTÁ VIXIANDO A SEGUINTE PISTA... COLLÉDELLA CON COIDADO NON SE VAIA A ENTERAR.

Despois de pensar un anaco e de debatir disintas alternativas, chegamos ó acordo que tiñamos que ir á Biblioteca, onde había unha bruxa, para buscar a seguinte pista:

Achamos a seguinte pista dentro dun libro de Exipto, coches e lobos respectivamente.

 

A seguinte pista era diferente para cada cor, porque nos levarìa onda tres mestres e mestras distintos. Velaquí os tedes:

 

A SEGUINTE PISTA TENA ALGUÉN QUE MANDA MOITO NO COLEXIO... IGUAL O ATOPAS NO SEU DESPACHO. 

A pista de cor rosa tíñaa o profe TIRSO.

 

 

HELLO HELLO, VIDEO BUSCAR A PISTA.

Tíñaa a profe LOLI, porque estaba rescrita en inglés.

 

A SEGUINTE PISTA TENA A NAI DUN COMPAÑEIRO. TEREDES QUE IR Á SÚA CASA? 

Descubrimos que a tería a nai de NICO que era a profe de quinto, así que marchamos cara a súa aula.

 

Xa coa nosa pista na man puidemos continuar a búsqueda do tesouro.

 

XA ESTÁS PRETO DO FINAL... NA AULA DE INFANTIL 1 ATOPAREDES A ÚLTIMA PISTA.

Cando chegamos á aula de INFANTIL 1 estivemos buscando a última pista, que estaba moi agochada... pero demos con ela.

Atopamos un sobre da cor do noso equipo, e dentro atopamos "xeroglíficos expicios", que tiñan un número detrás.

 

Como cada equipo só tiña unhas poucas "letras" exipcias tivemos que agardar a que chegaran os demáis equipos para completar o xeroglífico. 

 

Despois da festa de cumpreanos, que vos comentamos na entrada anterior, demos rematado de resolver o xeroglífico.

SARCÓFAGO!! , alí e onde estaba o tesouro.

 

Dentro atopamos un bolígrafo fantástico para cada un, ademáis de servir para escribir e debuxar, facía pompas e tiña un selo para estampar na parte superior. Cada quen escolleu o que máis lle gustaba.

 

E así rematamos o curso, con este xogo tan fantástico.

Vémonos novamente o próximo curso, con novos compañeiros e compañeiras de tres anos, ata entón:

 

BO VERÁN A TODOS E TODAS!

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.