Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) Vendimando, facendo mosto e.... pasándoo de medo

Como cada outono chega a época da vendima, para saber de que se trataba
establecemos, en ámbalas dúas aulas de infantil, dialogos para con
contar as propias experiencias, o que sabiamos da vendima e para que se
recollían as uvas das viñas.

Para aclarar as nosas ideas visionamos unha serie de vídeos moi interesantes, sobre o proceso da vendima e fabricación do mosto e viño.

Podes ver os vídeos que empregamos no recanto de infantil no apartado vídeos, ou ben directamente desde aquí.

O último dos vídeos amosaba como fixeran unha vendima os compañeiros e
compañeiras doutro colexio, xustamente como a que iamos a organizar nas
nosas aulas. 

Curiosamente nos vídeos empregaban capachos para recoller as uvas, os mesmos que nos tiñamos nas nosas aulas, que casualidade!

 

PREPARÁNDONOS PARA A VENDIMA:

O día en que iamos vendimar xuntámonos os nenos e nenas das dúas aulas
de infantil e comezamos a lembrar, coa axuda dos vídeos, cales eran os
pasos a seguir para facer unha vendima, en que orde irían e cal sería o
noso obxectivo final: "facer mosto".

Ademáis aproveitamos para ir escribindo un listado do material, que
segundo o que observabamos nos vídeos, iamos precisar para vendimar.

 

Mentras a profe Ángela e a profe Merce marcharon a preparar a nosa "viña
especial" quedamos todos e todas co profe Óscar revisando se tiñamos
todo o material preciso.

Un colador: acordamos que o empregariamos para colar o mosto ó final de todo o proceso.

 

Unha xerra onde meteriamos o mosto que iamos facer, para poder probalo logo,  cando a observamos con detalle vimos que tiña uns números escritos. Para que servirían?

 

Comprobamos tamén se tiñamos tesorias, morteiros para esmagar as uvas, os capachos, etc

 

Tamén tiñamos un BOCOI que iamos empregar para pisar as uvas. Caberiamos
dentro?... a mellor forma de atopar a resposta foi mediante a
experimentación.

Aqueles que quixemos fomos probando se cabiamos ou non para logo
poder entrar a pisar as uvas. Algúns decidiron que non querían entrar pero
outros si se atreveron:

Outros compañeiros e compañeiras que tamén se atreveron a entrar, posteriormente si quererían pisa-las uvas dentro do bocoi.

 

 

ORGANIZÁMO-LOS EQUIPOS DE TRABALLO:

Chegou o momento da vendima, pero tal como miraramos nos vídeos había
que organizarse e traballar en equipos, e así o fixemos. Cada equipo
sería o encargado dun capacho, dentro do cal metermos as tesoiras para
poder levalas ata a nosa viña.

 

Cos equipos xa organizados, e cada equipo encargándose de transportar o seu material, encamiñámonos cara o patio do colexio.

 

Alí estaba a nosa viña preparada, chea de racimos de uvas que tiñamos que vendimar. Canto traballo!

 

Cada equipo encargaríase de recoller as uvas dunha parte da nosa viña para, entre todos, dar feito co traballo de vendimalas todas.

 

Era moi importante falar para organizarse, e poñerse dacordo dentro de cada equipo.

 

Mans á obra! ente todos e todas demos vendimado toda a nosa viña, cortando os racimos tal como miráramos no vídeo (agarrándoo cunha man con coidado e cortando coa outra)

 

Cando rematamos a vendima, voltamos para a aula cos nosos capachos cheos de uvas tintas e brancas.

 

 

PREPARANDO AS UVAS:

Como non tiñamos esa máquina tan chula que miraramos no vídeo, tivemos que separar coas nosas mans, unha a unha tódalas uvas do seu racimo... menos mal que traballando xuntos demos acabado de contado. 

 

Cando xa tiñamos as uvas preparadas, chegou o momento de clasificalas e separalas en dous grupos. Por unha banda as uvas brancas, coas que fariamo-lo mosto cos morteiros, e por outra as tintas, que iamos pisar no bocoi cos nosos pes.

Cada equipo botou as súas uvas tintas dentro do bocoi, e deixou as brancas nun recipiente.

 

PISANDO AS UVAS:

Coas uvas tintas que tiñamos dentro do bocoi decidimos facer mosto pisándoas cos nosos pes, tal como miraramos no vídeo.

O primeiro foi descalzarse, aqueles que quixeron pisar as uvas.

 

E cos pes fomos pisando as uvas tintas, pareceunos que estaban frías e producíanos una sensación extraña.

 

Despois de pisalas había que lavar o pes e secalos ben coa toalla, para poder poñer de novo os calcetíns e os zapatos.

 

Axudándonos uns ós outros todo resultou moito máis doado.

 

Aquí podes vernos a todos e todas os que nos atrevemos a pisar as uvas cos pes. (podes velas a tamaño completo premendo sobre cada imaxe ou na galería fotográfica premendo aquí)

Ata se apuntaron os profes a pisar as uvas, eso si ó final de todo cando xa fixeramos nós o traballo máis duro :)

E así quedaron as nosas uvas pisada, co mosto no fondo.

 

FACENDO O MOSTO DAS UVAS BRANCAS

Xa coas uvas tintas pisadas tocaballe o turno ás uvas brancas, neste caso cada equipo, coas súas uvas moi ben lavadas, empregou o morteiro e o seu recipiente de plástico para sacarlles o zume.

 

Coas uva esmagadas, empregamos o colador para separar o zume (mosto) da pel das uvas.

 

Con cada novo equipo que ía rematando a cantidade de mosto dentro da xerra ía medrando e cada vez estaba máis arriba.

 

Fomos anotando ata onde chegaba cada un dos equipos, e como a xerra tiña números puidemos saber "ata que número" chegabamos coa nosa parte.

Conseguimos xuntar 900 mililitros de mosto, case un litro.

 

PROBANDO O NOSO MOSTO:

Tan só quedaba que, quen quixera, probase o mosto que acababamos de face entre todos e todas.

 

Pareceunos que nos quedou moi rico, seguro que sería unha boa colleita.

 

QUE SUCEDEU COAS UVAS TINTAS PISADAS?

Despois de aportar diferentes ideas de como poderiamos sacar o mosto tinto, da bolsa que estaba dentro do bocoi e que empregamos para pisalas, ocurriúsenos que poderíamos empregar un caldeiro.

 

E facerlle uns buraquiños á bolsa para que saíse o mosto. Así xa non facía falta usar o colador.

 

Observamos que este mosto era de cor escura, case vermella, mentras que o das uvas brancas era de cor claro, case verde.

Despois de tanto traballo, chegou o momento de descansar un anaco e de lembrar o ben que o pasamos con esta experiencia, de seguro que a contaremos na casa con tódolos detalles.

Nos vindeiros días secuenciaremos imaxes de todo o que sucedeu, e contaremos todo este proceso ós compañeiros e compañeiras do colexio, cun mural no corredor.

 

Podes atopar moitas máis fotografías desta experiencia na galería fotografíca, á que acceder directamente desde aquí.