Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Infantil xuntos

(2014-2015) Celebrámo-los cumpreanos do mes de xaneiro

Co comezo do novo ano chegou o turno de celebrar os cumpreanos de este mes de xaneiro.
 
Nesta ocasión os homenaxeados foron TIAGO que cumple cinco anos, NOA e YESSICA que cumpliron seis ó longo deste mes de xaneiro, os tres da aula de infantil 2.
 
 
Elexiron para "invitar ós seus compañeiros e compañeiras" facer trufas de chocolate, de entre as receitas que había no noso libro.
 
 
Contaron coa axuda de outros compañeiros e compañeiras para cer tamén as trufas sen gluten. 
 
 
 
Entre todos e todas rematamos axiña de darlle forma "de bola" ás trufas. Xa estaban lista para metela no frigorífico.
 
 
 
Ó día seguinte, cando tería lugar a celebración dos cumpreanos, os tres homenaxeados foron a buscalas ó frigorífico da sala de mestres. Menos mal que non faltaba ningunha  ;)
 
 
 
NOA e YESSICA sopraron as súas seis candeas... 
 
 
 
e TIAGO as súas cinco.
 
 
 
Os anftrións foron repartindo as trufas... e ata sobraron para repetir o que quixo. 
 
 
 
Rematamos a festa mensual de cumpreanos con gusanitos e patacas fritidas. 
 
 
E como non, con zume como bebida. 
 
 
 
Agora tan só nos queda agardar un mes enteiro para que chegue o próximo cumpleanos... iremos contando os días nos nosos calendarios

(2014-2015) Así preparamos o festival de Nadal

O pasado 19 de decembro celebramos o noso festival de Nadal.

Para que ese día todo estivese a punto e poder desenvolvernos no escenario como verdadeiros artistas, as semanas previas andivemos moi atarefados nos preparativos.

Por un lado os ensaios,

que os facíamos cada día, sempre que se podía.

E por outra banda, preparar os traxes e elementos necesarios no escenario.

Así, por grupos encargámonos de facer:

-O mantel da mesa da obra de teatro- con regla e lápiz e un pouco de cabeciña, medimos nun longo papel marcando as líneas á mesma distancia por un lado e polo outro para elaborar os cuadrados.

 

 

 

 

-O cadro da casa da mosca Chosca

 onde aparecían todos os invitados da anterior festa que fixera a mosca Chosca na inauguración da súa casa.

-O reloxio de parede

-A árbore de Nadal da casa da mosca Chosca

 

-Os traxes e máscaras, (da obra de teatro e do baile dos nenos e nenas de 3 anos).

 

Axudándonos os uns aos outros cando o necesitábamos.  

 

 E por fin chegou o día do festival, que fixemos en dúas tandas: o xoves 18 para os nen@s e profes e o venres 19 para as familias.

Estabamos todos moi nerviosos e emocionados con todo o que acontecería no festival, que para algús de nós era a primeira vez.

 (aquí estamos os compañeiros de Infantil 2 agardando xa preparados, para ir á sala de usos múltiples).

 

Os de 3 anos bailamos unha canción dunha árbore de Nadal, por iso nos vestimos de árbores con bolas de cores.

 

Os de 4 anos fixemos unha pequena coreografía da canció "Cantando baixo a choiva"

 

e os de 5, a nosa obra de teatro continuación do conto tan coñecido "A casa da mosca Chosca".

 

 

 Feliz ano a tod@s!!!!

(2014-2015) Celebrámo-los cumpreanos do mes de decembro

Neste último mes do ano só LUIS cumplía anos así que, uns días antes de rematar o curso, e entre todo o que fixemos polo Nadal, celebrámo-lo seu cumpreanos facendo unha tarta. 
Como sempre fixémola cos ingredientes que trouxeramos da casa. Nesta ocasió faríamos unha tarta de galleta e chocolate, que aparecía no noso libro das recitas (que podes consultar aquí) 
O día da celebración LUIS soplou as tres candeas e cantámoslle "cumpreanos feliz" en tres idiomas. 
LUIS foi repartíndolle un anaco de tarta os que querían probala.. e cando rematamos participamos na festa con patacas fritidas e gusanitos. 
Ata ANDREA, a irmán de LUIS veu a visitarnos para celebrar o cumpreanos do seu irmán 

(2014-2015) Celebramos os cumpreanos de Outubro

O pasado xoves 30, como era final de mes, e aproveitando que foi un día diferente porque participamos nalgunhas actividades do Samaín, celebramos os cumpreanos de tres compañeiros, neste caso de Infantil 1:

Álvaro e Lucas, que cumpriron 4 anos

       

e Iker, que cumpriu 5.

     

Coma sempre facemos, os nosos compañeiros buscaron no libro de receitas, a que máis lle gustaba para a súa tarta, e aínda que lles custou un pouco decidirse, finalmente conseguiron poñerse dacordo. 

      

Cos ingredientes listos, traídos da casa, o mércores, día anterior á celebración, prepararon a súa tarta e tamén unha máis pequeniña con madalenas sen gluten.

Os bizcoitos e madalenas, unha vez abertos e colocados na bandexa, os espolvorearon cun pouquiño de leite para humedecelos.

Engadiron as natillas de vainilla e a capa de chocolate de fundir

      

e lista a tarta para comer ao día seguinte!!

 

Qué boa estaba!!! e co conto de estar disfrazados e ser un día especial, ata nos soubo mellor incluso!

E por suposto, tampouco faltaron as patatiñas, os gusaniños e o zume!  Sorinte


 

 

 

(2014-2015) VÍDEO-CONTO: A serpe terrorífica

Conto creado polos nenos e nenas de Educación Infantil durante o curso 2014-2015, para a celebración do Samaín. Máis información sobre o proceso de creación aquí.

(2014-2015) Celebrámo-lo samaín co noso conto de medo

Este ano no colexio para celebrar o Samaín, ademais de participar no concurso-exposición de cabazas de medo, tiñamos que inventar para logo "contar un conto terrorífico" a tódolos compañeiros e compañeiras na biblioteca. 

 

CREAMOS O NOSO CONTO DE MEDO:

Para crear o noso conto de medo acordamos que os da aula de infantil 2 comezasen a facer o primeiro borrador, que logo ampliarían na aula de infantil 1.

Partiron da foto de árbores terrorífica que había entre as que tiñamos na exposición de árbores do corredor.

 

E entre todos e todas foron elaborando o primeiro borrador da historia, unha vez rematada pasáronlla ós compañeiros de compañeiras de infantil 1.

 

Coa historia xa rematada chegou o momento de plasmala para poder contala na biblioteca. Para elo acordamos que serían os de 4 e 5 años das dúas aulas quenes se encargarían deste traballo.

Organizados por equipos escolleron unha cor de cartolina para elaborar a súa parte da historia.

 

Que foron plasmando con debuxos e pegando imaxes.

 

Podes ver a nosa historia de medo no vídeo-conto que creamos coa historia aquí.

 

CABAZA, MORCEGO E PANTASMA XIGANTES NO CORREDOR:

Mentras os compañeiros e compañeiras de 3 anos, foron os encargados de crear unha cabaza, un morcego e unha pantasma xigante para pendurar no corredor.

Despois de falar do que íamos facer, nos repartirmos  en 3 equipos para  pintar as figuras do samaín.

         

Tivemos que agardar a que secara, e noutra sesión, nos adicamos a  encher estas figuras terroríficas con papel de xornal ben enrugado, facendo bolas con él.

E así quedaron unha vez rematados.

 

VOTANDO NO CONCURSO DE CALACÚS. 

O día da celebración do Samaín, participamos na votación das cabazas que había na exposición, eran unha chea.

 

Mentras agardábamos para votar estivemos visionando e xogando con algúns vídeos e cancións sobre o Samaín e Halloween.

 

Coa axuda dos profes, que estaban tamén disfrazados coma todos nós, fomos elexindo os números das dúas cabazas que máis nos gustaban.

 

E metemos a nosa papeleta cos dous números na caixa de votación.

 

Encantounos pasar pola "porta tenebrosa" pola que se accedía á exposición de cabazas.

Agora tan só quedaba agardar a que votasen os compañeiros e compañeiras dos demáis cursos, para coñecer ás cabazas gañadoras ó final da mañá. 

 

Durante o recreo a profe Yolanda pintounos unhas arañas moi simpáticas a aqueles que quixemos... que fomos case todos e todas ;) 

 

CONTAMOS O NOSO CONTO DE MEDO:

Na biblioteca do colexio fomos contándolle o noso conto de medo a tódolos compañeiros e compañeiras. 

 

O xurado, no que estaban NOA e IVÁN como representantes de cada unha das aula de infantil, deunos unha puntuación moi alta, foi o segundo conto que máis puntos conseguiu despois dos dous gañadores.

Lembrade que moi pronto poderedes ver o noso conto de medo en vídeo, permanecede atentos.

PREMIOS ÁS CABAZAS MÁIS...

A profe Merce foi a encargada de anunciar os resultados da votación da exposición de cabazas do Samaín.

 

As cabazas máis votadas de INFANTIL 1 e INFANTIL 2 foron as de JORGE e NOA.

 

Estas foron as dúas cabazas de infantil que máis gustaron ós compañeiros e compañeiras do centro, que foron presentadas xunto ás gañadoras dos restantes cursos.

 

Tamén entregaron unha chea de diplomas ás cabazas máis simpáticas, entre elas estiveron varias dos compañeiros e compañeiras de infantil.

(2014-2015) Facemos pan como na prehistoria e celebrámo-lo Magosto no Parque arqueolóxico

Por fin chegou o gran día, iamos visitar o Parque Arqueolóxico da Arte Rupeste de Campo Lameiro para celebrar alí o Magosto. Podes ver como preparamos esta visita nas diferentes entradas dos recantos de infantil 1 e infantil 2.

No Parque, ademáis de celebrar o Magosto iamos aprender a facer pan como os homes e mulleres da prehistoria.

 

Cando chegamos estaba agardándonos FRAN, quen nos acompañaría ó longo da visita.

 

Primeiro fomos visitar o cervo EDUR, que xa coñecíamos da nosa visita do curso pasado ó Parque Arqueolóxico, dentro da nosa investigación sobre a prehistoria.

 

Alí estaba enorme coma sempre. Comentamos con Fran moitas das cousas que xa sabiamos sobre el: por que o debuxaron, para que os cazaban...

 

E descubrimos novos datos que non sabíamos.

 

O seguinte paso foi encamiñarse cara o poboado prehistórico, alí sería onde iamos a facer o pan como na antigüedade.

 

FRAN contounos que se facía a fariña con diferentes sementes: trigo, centeo, millo... e ata landras ou castañas.

 

Que aquí dentro era onde gardaban tódalas sementes que colleitaban ó longo do ano.

 

E que empregaban duas pedras para ir esmagándoas e conseguir que as sementes se "transformasen" en fariña de cor branca.

 

Nós, por equipos, tamén empregamos pedras para conseguir a fariña.

 

Con fariña e auga fomos amosando a masa para facer pan.

 

Había que darlle con bastante forza, pero entre todos e todas demos feito unha bola enorme.

 

Dous compañeiros que son celíacos tiveron que facer o seu pan cunha fariña especial, sen gluten.

 

Aínda que só eran dous, coa axuda do profe ÓSCAR, deron feito tamén a súa bola de masa de pan.

 

Dividimos a bola en diferentes "tortas" para poder cociñalas nun recipiente sobre o lume... parecido a como facían na prehistoria. As dos compañeiros celíacos tivemos que facelas no forno, xa que non podían mesturarse coas outras.

 

E así quedaron as nosas tortas de pan xa cociñadas.

 

Durante a merenda comímolas con crema de cacao.. estaban boísimas...

 

Despóis de tanto traballo chegou o momento da merecida merenda... todos e todas sentados sobre a herva merendamos xuntos.

 

Rematada a merenda participamos na celebración do Magosto recitando as poesías que inventaramos, xunto ó cartel escrito coa poesía.

Os compañeiros de compañeiras de Infantil 1 recitaron as súa creación.

 

E logo os compañeiros de infantil 2 tamén recitaron a poesía que inventaran na súa aula.

 

Os diferentes cursos do colexio foron recitando as súas rimas, e cando remataron degustamos as castañas asadas do Magosto.

 

 

(2014-2015) Trasladámonos por uns días!

A semana pasada tivemos que improvisar sobre a marcha un cambio de aula.

Como na clase de Infantil 1 comezaron a instalar un chan de corcho, e o cheiro que desprendía a cola era moi forte, nos trasladamos todos os nenos/as de infantil á biblioteca do cole, xunto a Dora Lectora.

Coa axuda dalgúns compañeiros maiores de primaria, subimos o material e mobiliario e alá fomos!

    

Tratamos de seguir o horario na medida do posible, e así había momentos onde unha das clases quedaba soa na biblio e aproveitaba a tratar aspectos que tiña pendientes da aula, mentres o resto estaban ou ben en música, inglés, informática ou psicomotricidade.

        

Como nesta foto, na que os compañeiros de Inf 2, como quedaron sós, seguen a traballar sobre as normas de clase.

E os que rematan len contos..

Tivemos momentos e tempos para todo, diálogos, lectura e escoita de contos,  os xogos na alfombra, porque recantos non tiñamo e outras propostas que os profes nos facían, tanto de papel e orais, como creativas.

Decorando as nosas botellas de plástico que transformamos en macetas.

Falando sobre algunhas imaxes que os profes nos mostraron que tiñan que ver coas árbores e os bosques.

 Traballando en equipo a partir destas imaxes e fotografías,


que interpretamos e ilustramos á nosa maneira ademáis de pensar nun título.

 

Representando con plastilina as árbores que aparecían nelas

tamén dun xeito cooperativo.

A verdade é que nos entendimos moi ben todos xuntos nun espacio máis reducido que as nosas aulas e os profes din que o fixemos moi moi ben, pero xa tiñamos ganas de volver aos nosos recantos das nosas estupendas aulas!!

 

 

(2014-2015) Intercambiámonos de aula para facer novos agrupamentos

Desde este curso, un par de sesións á semana, intercambiámonos cos compañeiros e compañeiras da outra aula para agruparnos por idades, facendo un grupo dos de tres anos e outro cos de catro e cinco, e así poder traballar certos aspectos en maior profundidade.

Cada un dos grupos traballa durante esa sesión co profe ÓSCAR ou ÁNGELA de forma alterna ó longo das sesións semanais.

Entre outras moitas, fixemos estas actividades nos momentos de intercambio.

 

DRAMATIZACIÓNS E XOGOS DE EXPRESIÓN CORPORAL:

Co grupo de tres anos fixemos dramatizacións de historias disfrazándonos, como no caso do conto da "Bela adormecida".

 

Desenvolvendo habiliades comunicativas, expresivas e de coordinación cos movementos dos demáis compañeiros e compañeiras.

 

Tamén traballamos dramatizando con monicreques, cantando e explorando o espacio motrizmente. 

 

 

Os compañeiros de catro e cinco anos, adicáronse a traballar aspectos lóxico matemáticos facendo, entre outras moitas cousas, o seguinte:

 

ENCHENDO A GRELLA:

Tras repartir unha cantidade acordada (por todos e todas) de pedras, cunchas... a cada un, comezamos a encher a grella cun xogo.

 

Tirando o dado por turnos había que ir enchendo a grella con tantas pedras como corresponda. Seguindo a lateralidade correctamente e respectando as quendas.  Cando rematabamos unha liña tiñamos que berrar "liña" todos xuntos.

Cantas pedras puxemos ó final? quen rematou primeiro? Cantas faltan para remtamar a liña? Que ten que sacar o dado para que poidamos cantar "lña"?

 

Representamos no papel a grella coas pedras e outros elementos que fomos colocando.

 

XOGANDO COA SERIE NUMÉRICA:

Ordeamos no chan as tarxetas coa serie numérica do 0 ó 9, cando estaban todas mesturadas no chan non foi moi doado, pero demos feito despois de varios intentos. Coas tarxetas do revés era aínda máis complicado, pero non hai nada imposible para nós ;)

 

Fomos recorrendo con saltos, andando, etc...  a serie numérica, pero non era doado ir dicindo cada número á vez que o pisabamos sen perder o equilibrio... eso si, foi moi divertido.

 

Cos paciños, que empregamos noutas moitas actividades, xogamos a completar cada número da serie cos paus que lles tocaba. Nunhas ocasións colléndoos nós da caixa, e noutras contando os paus que nos entregaban e decidindo en que lugar había que colocalos.

 

Tamén creamos "tantas bolas como indica o noso número" con plastilina, etc.

 

Xa vos iremos contando en sucesivas entradas, todo o que vaiamos facendo nestes momentos de intercambio.

(2014-2015) Celebrámo-los aniversarios do mes de setembro

O último venres do mes, como no curso pasado, celebramos os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que cumpriran anos nos últimos trinta días, neste caso ó longo do mes de setembro.
 
Nesta ocasión HUGO e LOIS foron os afortunados xa que aparecían na folla de setembro do libro dos cumpreanos. Xunto a eles estaba LAURA, que non puidera celebrar o seu cumpreanos no mes de xuño porque estaba enferma.
 
O primeiro, como sempre, foi que os tres homenaxeados escolleran unha tarta das nosas receitas, para facerlla ó resto dos compañeiros e compañeiras, os seus convidados. Podes ver o noso libro de receitas aquí
 
Por suposto ensinámoslle os compañeiros/as a nosa decision. 
 
 
 
O día antes da festa de aniversario, cos ingredientes que trouxeramos da casa, foi o momento de facer a nosa tarta de cumpleanos. Pero o primeiro era comprobar, lendo na receita, que tivesemos tódolos ingredientes que precisabamos. 
 
 
Puxémonos mans á obra. HUGO E LOIS farían a tarta normal. 
 
 
 
Con galletas, natillas, nata, lacasitos e plátano. 
 
 
Mentras que LAURA e NOA (a quen escolleu como axudante), fixeron a mesma tarta pero con ingredientes sen gluten. 
 
 
As tartas rematadas metímolas no frigorífico. Tan só quedaba agardar ata a festa do día seguinte.
 
 
 
Contamos as candeas que cada un precisaba para que as fose soplando. 
 
 
De cada vez fomos engadíndolle unha. 
 
 
Ata que todos demos soplado as candeas. Do de menos idade o de máis idade.
 
 
Despois das cancións e felicitacións, os tres homenaxeados repartiron a súa tarta entre os seus convidados. 
E cando rematamos, completamos a festa con zume, patacas fritidas e gusanitos... por suposto sen gluten.
 
Como sempre foi unha grande festa de aniversario. Agora tan só nos queda agardar un mes para a seguinte festa. 
Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.