Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Intercambiámonos de aula para facer novos agrupamentos

Desde este curso, un par de sesións á semana, intercambiámonos cos compañeiros e compañeiras da outra aula para agruparnos por idades, facendo un grupo dos de tres anos e outro cos de catro e cinco, e así poder traballar certos aspectos en maior profundidade.

Cada un dos grupos traballa durante esa sesión co profe ÓSCAR ou ÁNGELA de forma alterna ó longo das sesións semanais.

Entre outras moitas, fixemos estas actividades nos momentos de intercambio.

 

DRAMATIZACIÓNS E XOGOS DE EXPRESIÓN CORPORAL:

Co grupo de tres anos fixemos dramatizacións de historias disfrazándonos, como no caso do conto da "Bela adormecida".

 

Desenvolvendo habiliades comunicativas, expresivas e de coordinación cos movementos dos demáis compañeiros e compañeiras.

 

Tamén traballamos dramatizando con monicreques, cantando e explorando o espacio motrizmente. 

 

 

Os compañeiros de catro e cinco anos, adicáronse a traballar aspectos lóxico matemáticos facendo, entre outras moitas cousas, o seguinte:

 

ENCHENDO A GRELLA:

Tras repartir unha cantidade acordada (por todos e todas) de pedras, cunchas... a cada un, comezamos a encher a grella cun xogo.

 

Tirando o dado por turnos había que ir enchendo a grella con tantas pedras como corresponda. Seguindo a lateralidade correctamente e respectando as quendas.  Cando rematabamos unha liña tiñamos que berrar "liña" todos xuntos.

Cantas pedras puxemos ó final? quen rematou primeiro? Cantas faltan para remtamar a liña? Que ten que sacar o dado para que poidamos cantar "lña"?

 

Representamos no papel a grella coas pedras e outros elementos que fomos colocando.

 

XOGANDO COA SERIE NUMÉRICA:

Ordeamos no chan as tarxetas coa serie numérica do 0 ó 9, cando estaban todas mesturadas no chan non foi moi doado, pero demos feito despois de varios intentos. Coas tarxetas do revés era aínda máis complicado, pero non hai nada imposible para nós ;)

 

Fomos recorrendo con saltos, andando, etc...  a serie numérica, pero non era doado ir dicindo cada número á vez que o pisabamos sen perder o equilibrio... eso si, foi moi divertido.

 

Cos paciños, que empregamos noutas moitas actividades, xogamos a completar cada número da serie cos paus que lles tocaba. Nunhas ocasións colléndoos nós da caixa, e noutras contando os paus que nos entregaban e decidindo en que lugar había que colocalos.

 

Tamén creamos "tantas bolas como indica o noso número" con plastilina, etc.

 

Xa vos iremos contando en sucesivas entradas, todo o que vaiamos facendo nestes momentos de intercambio.