Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Infantil xuntos

(2018-2019) Así rematamos o noso Telexornal. Xa está listo e poderás velo dentro dunha semana.

Como xa vos contamos en entradas anteriores, estamos a preparar un telexornal onde contaremos as novas máis relevantes que tiveron lugar ó longo deste curso.

Podes ver os pasos previos nas seguintes entradas:

11/05/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Entrevistamos a Susa Herrera para o telexornal que estamos creando en infantil

25/05/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Continuamos a crear as novas que formarán parte do noso telexornal

 

Ó longo das últimas semanas, rematamos de rodas tódalas noticias que tiñamos previstas para o noso telexornal. A medida que as fomos creando anotámolo no noso mural.

 

Por turnos fomos facendo cámaras, reporteiros, sendo a "voz en off"  e os entrevistadores, das diferentes noticias que tiñamos aínda pendentes.

 

Nalgunhas delas tivemos que desprazarnos "por exteriores", para contar a noticia desde o sitio onde tiveron lugar. 

 

Despois de crear cada unha delas, visulizámolas para facer unha valoración crítica de como quedou.

 

 

Xa con tódalas noticias rematadas, tivemos que preparar a rodaxe dos presentadores no plató de informativos para o que, manifestando a nosa opinión nunha votación, eleximos que decorado queríamos que aparecera en lugar do fondo verde do chroma.

 

 

Acordamos e elaboramos unha "escaleta" coa orde das noticias que os presentadores terían que ir comentando, e que xa estaban todas listas. En cada unha das noticias fomos escribindo o texto que terían que dicir as presentadoras. 

 

 

Rodamos as escenas das presentadoras sobre un chroma verde, no que posteriormente aparecería o decorado do plató e a mesa.

 

 

A encargada do equipo de maquillaxe e perruquería, deulles os últimos retoques antes de comezar a rodaxe.

 

 

O noso meteorólgo tivo que decidir que tempo anunciaría na súa predición meteorolóxica. 

 

 

Coa grabación da noticia da viaxe en tren a Vigo demos por rematado o noso telexornal

 

Escribimos nas nosas propias escaletas as noticias que estan presentes no telexornal.

 

O vindeiro venres 21 presentaremos no centro o noso telexornal, e xusto ese mesmo día poderás velo na nosa cale de youtube. Por suposto tamén o anunciremos cunha entrada neste blogue.

Non vos esquezades de voltar a velo!!

(2018-2019) Recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras da Galiña Azul

Como cada mes de xuño, cando remata o curso, convidamos ós compañeiros e compañeiras máis maiores da Escola Infantil "A Galiña Azul" a facernos unha visita. Moitos deles estarán connosco o vindeiro curso.

Coñecímolos a todos/as vendo as súas fotos, e repartimos os novos compañeiros e compañeiras entre os diferentes equipos cooperativos.

Preparamos uns fantásticos marcos de agasallo para cada un dos nenos e nenas que virían. Cada equipo preparou o do seu neno/a "apadriñado".

 

 

O día da visita viñeron acompañados de Bego e de Sonia, que tamén foran as profes dalgúns de nós fai uns anos, cando estabamos na Galiña Azul.

 

 

Puidemos xogoar todos xuntos nas aulas un anaco.

 

Fixemos esta fantástica foto de grupo, todos xuntos e xuntas. 

 

E asistimos a unha estupenda sesión de contacontos, con monicreques, a cargo dos compañeiros e compañeiras de sexto.

 

 

Xa de volta na a aula, cada equipo co seu neno/a apadriñado, pegou a fotografía de grupo no marco que fixeran de agasallo.

 

 

Xogamos tamén no patio do colexio todos xuntos, onde nos convidaron a unhas deliciosas galletas.

 

 

Cando tiñan xa que marchar de volta para o colexio, posto que era a hora de comer para eles, despedímolos ata a vindeira ocasión. 

 

(2018-2019) Viaxamos en tren ata Vigo para visitar o Zoo e Indiana Bill

O pasado 11 de xuño, xunto cos compañeiros de 1º e  2º, viaxamos en tren ata Vigo para poder visitar o Zoo. Pola tarde puidemos xogar todos e todas no parque Indiana Bill.

Asi nos foi nesta saída de fin de curso de mañá e tarde:

Antes do día da víaxe foron necesarios algúns preparativos, como anotar quenes ían asistir, preparar os nosos bocadillos para a merenda ou facer o mapa co percorrido da viaxe. Iríamos en autobús, en tren e camiñando.

 

 

 

Xuntámonos cos compañeiros de primeiro e segundo para facer os nosos bocadillos para a merenda, durante a excursión.

 

 

Con todo xa organizado, por fin chegou o día da viaxe. Como indicaba no noso mapa primeiro había que ir en autobús ata a estación de tren de Pontevedra.

 

Despois unha fantástica viaxe en tren ata Vigo... había unha chea de túneles!

 

 

Cando chegamos á estación de Vigo, había que buscar de novo o autobús para que nos levase ata o zoo, tal como indicaba o mapa do percorrido. 

 

 

Fomos comprobando no mapa, como iamos pasando por cada un dos sitios que previamente marcáramos.

 

 

A seguinte parada era a visita ó zoo, onde puidemos ver unha chea de animais. Pero antes unha paradiña para tomara os bocadillos que fixéramos para a nosa merenda.

 

 

Rematada a visita ó zoo tivemos que coller novamente o autobús para viaxar ata o parque "Indiana Bill". Cando chegamos tomamos a nosa comida nun parque que había preto de alí...

 

... onde tamén puidemos xogar un pouco ata que chegase a hora de entrada no parque.

 

 

Tal como sinalaba o noso mapa, o último tramo do percorrido da nosa viaxe ata Indiana Bill, tería que ser camiñando.

 

 

Cando chegamos a Indiana Bill xa nos estaban a agardando. 

 

 

Pasámolo xenial... antes de marchar, unha foto de recordo..

 

 

Chegou o momento de despedirse e voltar cara o colexio, esta vez só en autobús, onde nos estarían agardando as nosas familias.

(2018-2019) Continuamos a cociñar. Nas últimas semanas fixemos Spagueti e Magdalenas

Como xa vos comentamos nunha entrada anterior, comezamos a cociñar diferentes platos nas aulas de Educación Infantil. Podes lembrar como cociñamos a pizza na seguinte entrada:

11/05/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Convertímonos en Chefs: Comezamos cociñando unha pizza

Nas últimas semanas continuamos a cociñar outros dos platos que tiñamos anotados na nosa lista.

Antes de comezar, escribimos entre todos e todas a lista de ingredientes que precisamos, para cada un dos platos, así como as cantidades e medidas de cada un deles.

 

Seguindo a receita escrita entre todos e todas, pesando e medid¡ndo os ingredientes, nunha das semanas cociñamos SPAGUETIS:

 

 

Antes de comelos cada quen condimentounos con tomate fritido, peituga de pavo e queixo en po, segundo quixera.

Estaban boísimos!!!

 

 

Noutra das semanas cociñamos MAGDALENAS DE CHOCOLATE, seguindo novamente a receita que escribimos entre todos e todas.

 

 

Aproveitamos para rodar unha noticia sobre a cociña, para incluila no telexornal que estamos a rodar, e do que xa vos fomos comentando noutras entradas anteriores.

 

 

Seguido os pasos da receita fomos cociñando as nosas magdalenas de chocolate, que decoramos con virutas de caramelo.

 

 

Tan só quedaba probalas. Estaban boísimas!!!

 

 

Con cada plato, fomos anotando no panel, cales xa fixéramos.

 

 

Anotamos no noso recetario individual, a receita de cada un dos platos que cociñamos. 

 

Aínda nos quedan algunhas semanas antes de que remate o curso, para poder cociñar outros platos. Como sempre poderedes velos en futuras publicacións neste blogue.

 

(2018-2019) Celebramos os aniversarios de Anxo e Antía no mes de maio

No mes de maio cumpriron anos ANXO e ANTÍA. Ademáis de anotalo no noso calendario online, tamén fixamos a data en que celebraríamos a súa festa. Como sempre convidarían ós seus compañeiros e compañeiras, a comer unha tarta que eles mesmos farían.

Escolleron a receita da súa tarta favorita, e con eles escribimos a nota de ingredientes para pedir ás familias.

 

 

Mentras non chegaba o día de elaborar a tarta e celebrar a gran festa, preparamos unhas camisetas de regalo para os homenaxeados.

 

Un día antes da festa, os dous anfitrións puxéronse mans á obra para, seguindo as indicacións da recita, facer a tarta que escolleran.

 

 

Despois dunha noite no frigorífico, o día da gran festa, tiveron que decorala con Lacasitos, tal como indicaba o último paso da receita. 

 

 

Xa estaba todo listo. Unhas cancións e a soprar as candeas!!!

 

 

 

A tarta, que repartiron entre todos e todas, estaba boísima. Ata veu a profe Gonzalo a probala.  

 

 

Rematamos a festa con gusanitos, patacas fritidas e zume de piña. 

 

Tan só nos quedan por celebrar os anviersarios de xuño, e dos compañeiros e compañeiras que cumpren no verán. Deste xeito remataremos tódolas celebracións dos aniversarios ata o vindeiro curso.

(2018-2019) Continuamos a crear as novas que formarán parte do noso telexornal

Como xa vos contamos en entradas anteriores, estamos a preparar un telexornal onde contaremos as novas máis relevantes que tiveron lugar ó longo deste curso.

Podes ver os pasos previos nas seguintes entradas:

11/05/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Entrevistamos a Susa Herrera para o telexornal que estamos creando en infantil

 

Tiñamos aínda unha chea de novas pendentes de crear, antes de poder facer o noso telexornal, por esa razón pensamos que o mellor sería repartírnolas entre as dúas aulas, e anotar no mural a decisión tomada.

 

Ó longo dos días fomos planificando, creando os textos e rodando as diferentes novas que lles correspondía a cada aula. Decidimos en cada caso se precisaríamos facer unha entrevista e a quen, donde teríamos que usar a cámara de vídeo para rodar as imaxes, e quen faría a "voz en off".

 

Entrevistamos ó profe Paulo e á directora....

 

 

Creamos algunha reportaxe divulgativa ;)

 

Tamén preguntamos ós compañeiros e compañeiras maiores as súas impresións sobre certas noticias.

 

 

Despois de cada rodaxe visualizábamos como quedou a noticia, para decidir que incluír como "voz en off" cando só había imaxes, ou facer unha valoración crítica para incluír posibles modificacións.

 

Escribimos entre todos e todas o que podíamos dicir en cada un dos vídeos, redactando a noticia correspondente. En ocasións dictámoslle ós profes o que deberíamos dicir en cada caso.

 

Fomos anotando no mural da planificación aquelas novas que íamos rematando. 

 

 

Polo momento aínda non podemos ensinarvos as novas que xa temos listas, pero si podemos deixarvos algunhas "capturas" das mesmas, para que vaides abrindo boca.

 

Nunhas semanas teremos rematado o noso telexornal e poderemos facelo público, para que todos e todas poidades velo e coñecer o que sucedeu ó longo deste curso.

 

(2018-2019) Participamos nas “lecturas na carballeira” cunha poesía de Rosalía de Castro

Un curso máis, organizado polo Equipo de Biblioteca escolar do centro, participamos nas "Lecturas na Carballeira". Nesta ocasión habí que recitar algunha poesía. 

En infantil decidimos recitar a creación de Rosalía de Castro "XAN", que xa coñecíamos da celebración do día do libro.

 

Preparamos un "rollo" xigante onde iríamos contando a historia, a vez que recitábamos a poesía.

 

 

O día das "Lecturas na Carballeira", marchamos cara a prazo do Concello, onde estaban agardando os veciños que asistirían como público. 

 

 

Alí, xunto ós restante compañeiros e compañeiras do centro, fomos recitando a poesía de Xan, usando o noso "rollo xigante" para explicala.

 

 

A AMPA entregounos un agasallo a cada un por participar no "concurso de poesías das "Letras Galegas".

  

 

Tamén nos deron un "libro a cada unha das aulas" como premio polas nosas creacións. Nos demais cursos, ademais do agasallo individual, entregaron premios ás mellores poesías.

 

 

Agora estes libros forman parte da nosa biblioteca de aula.

 

 

Poderás atopar máis información sobre esta actividade no "blogue da Biblioteca escolar" nuns días.

 

 

(2018-2019) Entrevistamos a Susa Herrera para o telexornal que estamos creando en infantil

Un día os profes ensináronos na clase un telexornal con noticias moi curiosas, a partir del xurdiu un diálogo sobre todo o que alí saía, para que servía e quen os facía.

 

 

A todos nos parecía raro que non saira ningunha noticia do noso colexio, así que alguén plantexou a idea de facer o noso propio telexornal contando as noticias que sucederan ó longo deste curso.

Acordamos crear o noso propio telexornal, e comezamos por organizar e planificar o traballo, clasificando as noticias do telexornal que acabábamos de ver en diferentes seccións. Escribimos debaixo as noticias que contaríamos do noso colexio de cada categoría.

  

 

Pedimos tamén axuda ás nosas familias para conseguir información sobre como se fai un telexornal. Recibimos varios vídeos e documentos (que podedes atopar no recanto de infantil no apartado de vídeos). Tamén trouxemos un micrónofo que poderíamos usar nas noticias que había que crear.

  

 

Con esa información anotamos no mural tanto o material que precisaríamos así como as persoas que se encargan de facelo, e o rol que desempeña cada un deles.

 

Agora que xa sabíamos quen era un redactor, presentador, realizador...  estabamos preparados para crear as nosas noticias.

Cando estiveran todas listas poderíamos "crear" un plató e rodar un telexornal con todas elas.

Como esta semana viría Susa Herrera a presentar o seu novo libro-disco, e como estaba xa anotado na nosa lista de noticias previstas, pensamos que poderíamos facerlle unha entrevista para logo incorporar á noticia. 

Entre todos e todas escribimos as preguntas que lle faríamos.

 

Acordamos quen sería reporteiro e cámara, entre os voluntarios que se presentaron.

 

 

Despois de varios ensaios, o día da celebración do concerto de Susa Herrea (do que teredes unha entrada nesta mesma web), cando rematou o concerto puidemos facerlle unha entrevista. 

Aquí está o equipo de dous redactores e o cámara esperando a que chegara, probando que todo funcionase correctamente.

 

Foi moi divertida e quedou xenial, lista para incorporala á noticia.

 

 

Visionamos a noticia na aula, para ver que nos parecía e facer unha valoración crítica da mesma.

 

Poderedes ver esta entrevista, xunto coas restantes noticias, cando estea listo o telexornal a final de curso, como sempre poderedes velo neste blogue.

Continuaremos a contar o proceso de creación do noso telexornal ó longo das vindeiras semanas en sucesivas entradas.

 

(2018-2019) Convertímonos en Chefs: Comezamos cociñando unha pizza

Imos a convertirnos en CHEFS, unha vez á semana, nas aulas de Educación Infantil para aprender a cociñar diferentes pratos, traballando así coas cantidades e medidas dos ingredients de cada receita.

Precisabamos antes de comezar, como todo bo chef, facer o noso gorro, con letras, unha culler e un garfo.

  

Tivemos tamén que decidir entre todos e todas que platos queríamos cociñar ó longo das semanas, escribindo unha lista e plasmándoo nun mural.

 

 

Imos cociñar todo isto, tan só nos queda decidir que queremos facer cada semana.

 

 

Preparamos tamén o noso RECETARIO onde iremos anotando as receitas dos pratos que viamos facendo na clase.

 

Xa estaba todo listo no noso recanto da cociña, preparado para cociñar o primeiro plato.

 

Os chefs estaban listos e preparados... esta semana cociñaremos PIZZA.

  

O primeiro foi escribir nunha lista os ingredientes que iamos empregar. Fomos pesando cada un dos ingredientes, para ilos  mesturando na cantidade xusta para facer a masa da pizza.

Unha vez feita había que deixala "medrar"  un anaco, agardamos todo o recreo.

Á volta do recreo, organizados xa por equipos cooperativos, cada quen extendeu un anaco de masa e preparou a súa pizza. 

 

 

Tivemos que falar para acordar, dentro de cada equipo, quen se encargaría de engadir cada un dos ingredientes: o tomate fritido, o queixo raiado, o pavo e as aceitunas.

 

Así de fantásticas quedaron... tan só quedaba metelas no forno. 

 

 

Os profes foron metendo as pizzas no forno, que como pon no cartel non se pode tocar.  Durante o tempo en que non se usa está desenchufado (é imposible enchufalo) polo que non funciona, por cuestións de seguridade.

 

 

Unha a unha as pizzas foron pasando polo forno.

 

Para que quedasen así de fantásticas. 

 

Tan só quedaba comer o anaco que nos correspondía dentro do equipo, ou levalo para casa segundo decidisen cada quen. 

 

 

Estaba boísima!!!

 

Anotamos nos receitario os ingredientes e título desta receita. 

 

Para a vindeira semana cociñaremos un novo prato... se voltades por este blogue poderedes descubrir de cal se trata.

 

(2018-2019) Participamos nas actividades da “Semana do libro"

Desde a biblioteca do centro organizáronse unha serie de actividades para celebrar a "semana do libro". Desde Educación Infantil tamén partcipamos en todas elas.

 

O MARTES: mestres/as poetas.

Cada un dos profes leu poesías noutra aula que non fose a súa, no noso caso viñeron a lernos libros o profe "Jose Luis" e "Gonzalo"

 

 

O MÉRCORES: fotos aéreas con libros.

Desde infantil creamos estas fantásticas fotos aéreas cos libros como protagonistas.

 

Así de fantásticas quedaron ;)

 

 

 

 

Os profes tamén se animaron a participar

 

Encantounos ver as fotografías, unha vez feitas, non nos imaxinabamos que se visen dese xeito.

 

 

O XOVES: escollemos o noso libro favorito.

Buscamos o número do noso libro favorito na aplicación online que usamos para o préstamo de libros. 

 

Coa foto da portada creamos a nosa badeira do libro favorito, escribindo o seu título e poñendo unha foto da nosa cara.

 

 

Para penduralas, xunto ás dos restantes compañeiros e compañeiras, de todo o colexio na árbore de libros da entrada.

 

O VENRES: nenos e nenas poetas.

Cada grupo, na biblioteca do centro, recitou unha poesía ós demais compañeiros e compañeiras, no noso caso recitamos "XAN" de "Rosalía de Castro"

E así rematou a celebración da semana do libro colexio. 

Podes ver como participaron os restantes cursos do colexio na entrada publicada no Blogue da Biblioteca ó respecto:

Blog da biblioteca ( 2018-2019) Celebramos a Semana do libro"

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.