Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog da biblioteca

TEMOS PLAMB E CONMEMORAMOS O DÍA DA NOSA BIBLIOTECA

 

Ola de novo a todos e todas:

Este curso inauguramos a nosa biblioteca con moitas novidades. Imos poñervos ó día:

- O noso proxecto " Dende a biblio queremos EMOCION-ARTE" foi elixido na convocatoria de proxectos do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, e, déronnos unha dotación económica que nos vai vir moi ben para equipar a nosa querida biblio de Dora. Ela tamén está moi contenta, a que sí, Dora?

Pois ben, aquí vos deixamos no seguinte arquivo, o plan que presentamos, por si lle queredes botar un ollo, ademais de si, lle pode pode server a alguén de guía.

 

Por outra parte, temos tamén xa instaurado no horario da escola de xeito diario, a " HORA DE LER" na que estamos a poñer en marcha moitas actuacións do proxecto lector e plan anual de lectura. Todos xuntos lemos a esa hora na escola. É un momento fantástico e iremos facéndovos propostas.

A biblio, grazas á organización do horario, ábrese todos os días na hora do recreo e funciona moi ben, sobre todo nos días que chove, xa que, os outros, sabemos que vos gusta saír a disfrutar do soliño, que tamén é importante!!!

Tamén temos en marcha moitas ideas, entre elas, as

" MOCHILAS VIAXEIRAS", os nenos e nenas colaboradores da biblioteca, así como " os contadores de historias" que xa van iniciándose como vos mostraremos noutra entrada. Dende o equipo de biblio estamos a deseñar novas ideas e agradecémosvos a vosa colaboración como sempre.

Para inaugurar o curso, conmemoramos o día das bibliotecas escolares, onde, o pasado 23 de outubro, tiveron lugar varias actividades entre as que están as seguintes:
- Entrega de carnets ós socios da biblioteca.

- Formación de usuarios a cargo dos nenos e nenas de 6º curso.

- PPT de exposición de bibliotecas do mundo, fermosas, curiosas e cheíñas de libros.

- Exposición " DESEÑA A TÚA BIBLIOTECA IDEAL" onde os nenos e nenas nos expuxeron os seus deseños de biblioteca ideal, e da que vos deixamos algunhas imaxes como mostra da orixinalidade dos cativos e cativas.

Que boas ideas nos están a dar para " darlle unha voltiña" á biblio.

En breve, seguiremos informando!!!

 

 

LECTURAS DE FAMILIARES E AMIGOS DOS NENOS E NENAS DA ESCOLA ( 22/5/15)

Para a conmemoración do día do Libro na semana do 20 ao 24 de abril, na nosa biblioteca escolar, fixemos como vos comentamos en unha entrada anterior, varias actividades, unha de elas, como xa vístedes foi a de " Lecturas na Carballeira" e o " Rastro de vellos libros" que tivo moito éxito xa que supuxo sacar a lectura ó entorno e onde participaron moitos familiares e veciños do alumnado da nosa escola.

Pois ben, como " regalo" logo, nós tamén recibimos as lecturas na escola de persoas que nos quixeron acompañar nunha data tan especial e singular para a nosa biblioteca o día 23 de abril.

Así, familiares e veciños acudiron á nosa biblioteca a lernos contos, poemas e historias varias que lles pareceron interesantes para compartir. Foi unha actividade preciosa onde, a biblio se convirtiu nun espazo de intercambio. Dende logo, a experiencia valeu a pena, dado que, nos encanta que nos visitedes.

Aquí quedan algunhas imaxes de este acto:

Aquí temos a Rosa María, mamá de Raúl e Martín Lesta que comparteu con nós un libro de contos en 3D fantástico. Rímonos moito!!!

A mamá de Álvaro de Educación Infantil tamén nos contou unha fantástica historia sobre piratas.

Aroa de 4º curso, e a súa nai, leronnos unha simpática historia sobre unha nena á que se lle cae un dente e a visita o Rato Pérez...bordárona!!! 

E, tamén compartindo histórias temos a Sofía e súa mamá Carmen que nos leeron un conto estupendo sobre os valores, titulado "Doña Loba".

No medio do acto, detivémonos para escoitar a Laura e Emilio que, foran entrevistados na radio nesta data tan especial e nos falaron sobre os seus gustos lectores. Aquí estamos, todos atentos...pobre brazo da nosa directora, Ana, que aguantou un bo anaco do altavoz...e todos caladiños...!!!!

Continuamos para peche coas lecturas de Eladio que elixiu a algún autor galego para ilustrarnos en este caso, " Memorias de un neno labrego".

E, por último a tía de Emilio , leeunos poesía de Becquer...un clásico importante para ser recuperado nas nosas escolas, non? A poesía trasládanos ás emocións, ós soños e a palabras que soan moi ben....

Finalizamos o acto, agradecéndolles a todos e todas a súa participación.

Repetiremos, asi que...non vos vaiades moi lonxe...!!!!Sorinte

LECTURAS NA CARBALLEIRA ( 22/5/15)

Con motivo da celebración no mes de abril da conmemoración do día do Libro, durante a semana do 20 ao 25 de ese mes, na biblioteca da escola fixemos varias actividades.

Aquí tedes o cartel anunciador que estivo colocado polas rúas e aldeas de Campo Lameiro, anunciando o evento:

Unha de estas actividades, foi a denominada " Lecturas na Carballeira" na que, en primeiro lugar e tras facer un importante expurgo na escola  decidimos levar a cabo un "apadriñamento de  libros" entre as xentes do pobo.

Por tanto, sacamos a literatura ó entorno, e, por unha banda, podemos ver imaxes de ese "rastrillo solidario de vellos libros" onde, as persoas de Campo Lameiro, puideron levarse á casa un " vello libro" coa condición de "coidalo e lelo" e que nos deixou belas imaxes como as que acompañamos a continuación:

 

Como podedes ver, foi unha actividade moi exitosa e para todos os públicos...

Esta foto resume para nós, a esencia de este " rastrillo"...a pulpeira, lendo o libro que acababa de apadriñar...e o seu comentario..." Está moi interesante..." Para nós foi, todo un logro....Sorinte

E, alá para as doce da maña, os nosos alumnos e alumnas, reunidos baixo o edificio do Concello, a carón da Carballeira, ofreceron ó público un anaco de letras, extraídas de diversas obras elixidas por eles, onde puidemos atopar poesía, contos, narrativa, biografías, clásicos, etc...

O obxetivo foi, sacar á rúa o pracer por ler, e tamén compartir as lecturas.

Aí vos deixamos unhas imaxes...

(2014-2015) Poesía na rúa


Con motivo da conmemoración do día das Letras Galegas no noso centro, dende a biblioteca escolar, e coa colaboración de toda a escola, decidimos unha vez máis compartir literatura co entorno.

Esta vez, tendo en conta a obra poética en galego, fixemos un recopilatorio de poemas que saímos regalar polas rúas de Campo Lameiro.

Aquí tedes o cartel que anunciaba a actividade, deseñado por Ofelia, colaboradora externa da nosa biblio, a que, lle damos as grazas, porque nos encantou...unha vez máis temos a colaboración de veciños, compañeiros e familiares no desenvolvemento de propostas da biblio e iso encántanos...

Todos os nenos elixiron e copiaron poemas en galego. Logo, metéronse os poemas nunhas cestas e a mestra encargada de biblioteca e un representante de cada aula saíron á rúa.

Aquí están preparados para saír.

Como vedes, regalaron poemas a moita xente:

á farmacéutica,

ao carniceiro,

ás perruqueiras e ás clientas,

 

 

e á tendeira.

 

Tamén foron ao Concello,

e ao banco

e ata á cafetería.

E,por suposto, regalaron poemas a quen atopaban pola rúa

 

aí atopamos tamén ó alcalde

 

e nos coches...

Así de contentos acabaron os rapaces a tarefa.

Como dixo Lucía Suárez " repartir poesía é repartir alegría".

Gustáronlle moito a todos

 

Arte e ciencia na biblioteca da escola

Sendo a biblioteca de escola lugar de animación á lectura e fonte de recursos, achegámosvos hoxe, en relación co proxecto de arte que estamos a levar de forma global e interdisciplinar na escola, volumes sobre a vida e obra de autores varios así como o traballo co cómic e diversas artes.Están á vosa enteira disposición.

Do mesmo xeito queremos felicitar ó noso alumnado lector que, se animou a achegarse á obra de Xulio Verne dentro do Plan Lector de Centro. Este autor ben merece unha mención pola súa interesante obre entre a ciencia e a ficción, temática que, abordou este ano o Salón do Libro e no que participaron varias aulas da nosa escola.

A seguir lendo!!!

Para calquera demanda, aquí estamos!!

O equipo de dinamización da biblio da escola.

Certame de RELATO DE TERROR na biblioteca de Dora Lectora (2014-2015)

Andando o outono, como sempre, na escola celebramos o Samaín, e na biblioteca este curso, tocou facer outra proposta nova:

Convocouse a todos os "pequenos monstros" do cole, a participar en:

a) Deseño de portadas de libro de terror.

b) Certame de relato curto terrorífico.

Como sempre, a acollida e a participación de todo o alumnado e profesorado foi digna de mención. Dende o equipo de biblio dámosvos as gracias a todos e todas.

 

Para a ocasión, decidimos ambientar a biblio con un "photocall" con portadas e títulos fantásticos de libros de terror, para que así pequenos e maiores entrasen en materia.

Aquí o podedes ver:

TERRORÍFICO VERDADE????????

Pois por este lugar foron pasando as distintas aulas para contarnos o  "relato de terror" que nestes días deseñaron:

Educación Infantil, leu o seu conto " A serpe terrorífica" baixo a atenta mirada do xurado que puntuaba cada actuación....TERRORIFICAMENTE ESIXENTESSSSSSSSS!!!!

Por certo, que podedes acceder a un fantástico VIDEOCONTO que realizou INFANTIL, no seu recanto. Está estupendo!!!!

A aula de 1º curso, fixo un orixinal conto, titulado " A araña SAMAINA" que ía comendo a todos os monstros e persoaxes de medo dos contos coñecidos....e non empachou!!!

Unha vez puntuados polo noso xurado, saleu á palestra Martín da aula de 2º que foi o encargado de lernos os relato que fixeron en equipo.

Como si nada pasase....leeunos o seu terrible relato....titulado " Pedro e a casa encantada"...ENCANTADOS quedamos os que o escoitamos!!!!

A aula de 3º curso, non se quedou atrás...e presentounos " Unha noite infernal" que todos e todas escoitamos...ESCALOFRIANTE!!!

E eles todos panchos e panchas...como podedes apreciar!!!

Na aula de 4º tamén traballaron a reo, para presentarnos dous relatos breves titulados: 

" O dragón e o carpinteiro" e " A viaxe do deus Samaín" baseado este último na lenda celta deste deus dos mortos que habita entre os vivos na última noite do mes de outubro...Resulta que veu visitar as aldeas de Campo Lameiro...

Era para escapar a lume de carozo do escalofriante que eran os relatos....MI MADRIÑA!!!

 Para ir rematando, aquí tedes imaxes da clase de 5º curso que fixo un fantástico relato titulado " O gran medo de Sticky" e que bordaron na súa lectura....

e...da estupenda escenificación da aula de 6º na  "Escalofriante clase de mates"....home non...como para liarse a manta a cabeza co PÁNICO que daban!!!

 

 Para poñer fin a este TERROR de día, que parecía que se tornaba en noite, tivemos o fallo do noso implacable xurado....

 Levaron o premio de excelencia á redacción do relato curto de terror, as aulas de 5º e 6º nun empate moi reñido.

Agora, como estamos inmersos no cooperativismo, tamén toca compartir premio, si señor, que non se diga...!!!

E, por último, unha mostra dos deseños das portadas de libros de terror que está a ambientar a nosa biblioteca nestes días.

 Un fantástico traballo chicos e chicas do cole!!!

Mirade que cariñas....!!!!

Poñen ou non poñen MEDOOOOOOO....????

 

Poema "Penélope" X. M. Díaz Castro

Poema musicado por Fuxan os ventos do autor X.M. Díaz Castro, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.  

E aquí o poema para que poidades cantalo:

Penélope. X. M. Díaz

 

 Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.


Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.


Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.


Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos,

VERBAS ROSALIANAS NA BIBLIOTECA.

Hola a todos/as:

 Desde esta entrada queremos compartir con todos aqueles/as que vos achegades por aquí a actividade de centro que fixemos para conmemorar o día de Rosalía de Castro, o pasado 27 de febreiro.

Andabamos inmersos no Entroido por iso saimos case todos/as disfrazados/as. A biblioteca tivo un " toque de cor" especial....ata Rosalía saía "customizada" no recuncho que habilitamos a  modo de escenario.....

Antes de pasar a visualizar o resultado ou producto final da actividade de centro queremos agradecer a participación de todos os grupos/aulas, das titorías/especialistas e dos nenos/as que se sumaron de xeito íntegro a este día especial para Rosalía.

Así cada grupo recitou, debuxou, pintou, fraseou, cantou á nosa autora, dun xeito particular.

Aquí temos a mostra:

Educación Infantil, interpretou do libro de " Rosalía Pequeñiña", o poema " Xan". Bravooooo!!!! 

A aula de 1º curso recitou o poema " Rosalía Pequeniña" facendo lecturas de cadanseu párrafo....xenial!!!

 Na clase de 2º os nenos e nenas fixeron un recitado do poema " Meniña gaiteira". Cada un deles memorizou os seus versos e saíulles...redondiño!!!

 

A aula de 3º curso elixiu "Adiós ríos, Adiós fontes" e de xeito cooperativo fixeron as ilustracións das estrofas para un kamishibai. Leron, debuxaron e cantaron á autora...o poema deu para moito...

Na aula de 4º, coa súa gracia e humor peculiares....os rapaces e rapazas, interpretaron " Vamos bebendo" e "Vaguedás"...xeniais este grupo...!!!

En 5º, unha versión " customizada", moi delicada e especial, combinando elemento musical e voz, do  poema

" Así semos"....orixinais 100%!!!

E para broche final, 6º, tomando como referencia o poema " Vin de Santiago a Padrón" fixeron un especial recitado, cantado e " panderetado" que nos deixou o corpo tremendo...do ben que o fixeron...

Bueno, ata aquí deu a cousa....felicitacións a todos e todas por achegarnos a unha Rosalía colorista, sonora, divertida e moi, moi sensible....

Ata a próxima!!!

SAMAÍN NA BIBLIOTECA...OS MONSTRUOS TAMÉN TEÑEN SENTIMENTOS

Estes días, a escola como sabedes está chea de seres terroríficos, arañas, gatos pelados, castañas monstruosas...

Si facemos un listado de seres vinculados co medo, teriamos por exemplo:

- zombies

- vampiros e vampiras

- pantasmas ( que si van xuntos poden ser santa compaña)

- lobisomes

- avechuchos

- sacaúntos e home do saco...........

e tantos outros....

e... que teñen en común? Pois que os pobres emiten gritos, ululan, berran, saen de noite, se visten con roupas sempre iguais ( non van nada á moda....Rindo).

E Dora, que non lle para o pan no corpo, andaba preocupada por estas criaturas, polo que chamou a una elfa amiga que sabe moito de psicoloxía e de emocións, para que viñese á escola no día de Samaín e, na biblioteca, lera contos e poemas que tratasen sobre estes monstruos e monstruas para que saibamos das súas doenzas, preocupacións e e cambiar o " chip" sobre eles.

Así, no Castelo da biblioteca, atopamos a elfa " Rosaura" que vive nas fragas de Campo Lameiro e é a curandeira dos males da Santa Compaña, do Home do Saco....

Algúns dos contos e poemas que nos leu foron estes, que, vos recomendamos para os vosos pequenos e pequenas, papis e mamis, padriños e madriñas, avós e avóas... porque, a lectura sempre é un maravilloso regalo!!!

 Carabuñas, o bruxo das uñas.

 

Fantástico poemario de Carmen Gil que nos trae versos coas aventuras e desventuras dos monstros máis coñecidos da literatura en clave de humor. Boísimo e moi recomendable!!!

 

Fantástico álbum que nos fala da " Santa Compaña"...e hasta aí podo ler!!! descubrídeo....Boca selada

Ahí van algunhas imaxes de este " taller do medo" na biblio do cole...

Bicos de DORA LECTORA, esta vez con sabor a puré de cabaza quentiño quentiño....que xa comeza a facer frio....Aceno.....ata a próxima!!!!

 

-

O Magosto disfrazouse de Samaín

O Magosto mesturouse co Samaín e as castañas voltáronse terroríficas. Tornouselles a cara monstruosa e parece que nos queren meter medo.

 

Coa axuda de tódolos nenos e nenas do colexio decoramos a biblio con estupendos e imaxinativos diseños de castañas terroríficas.
 
 
 
As castañas quedaron realmente terroríficas!!!!!
 
 
 


 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.