Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

TEMOS PLAMB E CONMEMORAMOS O DÍA DA NOSA BIBLIOTECA

 

Ola de novo a todos e todas:

Este curso inauguramos a nosa biblioteca con moitas novidades. Imos poñervos ó día:

- O noso proxecto " Dende a biblio queremos EMOCION-ARTE" foi elixido na convocatoria de proxectos do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, e, déronnos unha dotación económica que nos vai vir moi ben para equipar a nosa querida biblio de Dora. Ela tamén está moi contenta, a que sí, Dora?

Pois ben, aquí vos deixamos no seguinte arquivo, o plan que presentamos, por si lle queredes botar un ollo, ademais de si, lle pode pode server a alguén de guía.

 

Por outra parte, temos tamén xa instaurado no horario da escola de xeito diario, a " HORA DE LER" na que estamos a poñer en marcha moitas actuacións do proxecto lector e plan anual de lectura. Todos xuntos lemos a esa hora na escola. É un momento fantástico e iremos facéndovos propostas.

A biblio, grazas á organización do horario, ábrese todos os días na hora do recreo e funciona moi ben, sobre todo nos días que chove, xa que, os outros, sabemos que vos gusta saír a disfrutar do soliño, que tamén é importante!!!

Tamén temos en marcha moitas ideas, entre elas, as

" MOCHILAS VIAXEIRAS", os nenos e nenas colaboradores da biblioteca, así como " os contadores de historias" que xa van iniciándose como vos mostraremos noutra entrada. Dende o equipo de biblio estamos a deseñar novas ideas e agradecémosvos a vosa colaboración como sempre.

Para inaugurar o curso, conmemoramos o día das bibliotecas escolares, onde, o pasado 23 de outubro, tiveron lugar varias actividades entre as que están as seguintes:
- Entrega de carnets ós socios da biblioteca.

- Formación de usuarios a cargo dos nenos e nenas de 6º curso.

- PPT de exposición de bibliotecas do mundo, fermosas, curiosas e cheíñas de libros.

- Exposición " DESEÑA A TÚA BIBLIOTECA IDEAL" onde os nenos e nenas nos expuxeron os seus deseños de biblioteca ideal, e da que vos deixamos algunhas imaxes como mostra da orixinalidade dos cativos e cativas.

Que boas ideas nos están a dar para " darlle unha voltiña" á biblio.

En breve, seguiremos informando!!!

 

 

AdxuntoTamaño
PROXECTO PLAMB CAMPOLAMEIRO 14-15.pdf2.62 MB
presentación bibliotecas para subir a la web.swf1.02 MB