Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog da biblioteca

F....de FANTÁSTICO....X de XENIAL...RAÚL VACAS NA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR

 F...de FANTÁSTICO...X....de XENIAL, así foi Raúl Vacas na nosa biblioteca de DORA LECTORA.

Ímos contarvos un pouquiño:

Esta persoa que vos presentamos aquí é....RAÚL VACAS..

 

Podería ser un contacontos, un vendedor de productos que aquí tedes...pero NON, NON NON....trátase do autor do poemario " ABECÉ DIARIO" que, como sabedes estamos a traballar na HORA DE LER, neste 2º trimestre no plan anual de lectura.

O proxecto da biblioteca de escola, EMOCION-ARTE na biblioteca achéganos neste 2º trimestre ó POEMA-ARTE, e dende logo o inicio non puido ser millor, verdade?

Raúl acodeu a visitarnos o pasado 12 de xaneiro á biblioteca, e pasamos unha maña do máis agradable na súa compaña coñecendo un pouquiño mais en torno á súa obra. QUE ORIXINAL, recomendable totalmente!!!

 

Cando chegou, recibímolo coas paredes da biblio cheíñas dos seus poemas, que xa nalgunhas aulas estiveran a descubrir. A rapazada de 3º curso fíxolle un divertido poema e presentación...

Son divertidísimos por certo....non vos perdades o seu libro....

E, logo pasamos  a escoitar á nosa estrela, que nos deleitou con recursos para traballar e coñecer a lingua, con poemas sonoros e frescos, e ata con raps, que...vaia como rapeamos todos e todas!!!

 

 

 

Mirade, mirade que cariñas de alelados e aleladas tiñamos escoitándoo e disfrutando dos seus xogos de palabras, números, rimas...unha maravilla...

CCon unha orixinal cámara, Raúl sacaba poemas, que non imaxes, para traballar a nosa imaxinación, e vaia se o conseguíu...

Mil e un recursos para disfrutar, aprender e poñer en práctica, en fin....un día para recordar na nosa biblio...

E, por último, ata dedicatorias temos nos libros que amablemente nos firmou...non o deixamos respirar...

 Mil grazas Raúl!!! Volta axiña!!!

 

VERBAS, LECTURAS E BOS DESEXOS: NADAL NA BIBLIOTECA

E, inda que faltaba moito, pois non, aquí está de novo o Nadal, unha data que no noso proxecto da biblioteca está moi presente. Traballamos a EMOCIÓN-ARTE a través de bos desexos convertidos en verbas. Verbas que os nenos e nenas se dedicaron, verbas coas que enchemos a escola e a biblioteca....con verbas chegamos ás emocións.

As lecturas das nosas contadoras de  historias de este mes: Sofía e Uxía. Adicaron a todas as aulas unhas lecturas relacionadas coas tradicións do Nadal, como por exemplo o porque de poñer árbores adornadas ou sobre algunas figuras coñecidas de estas datas. Como sempre, grazas por adicarnos este tempo, preparando con agarimo para todos e todas estes retazos .

 

 

A nosa "parede vermella" encheuse de desexos dos nenos e nenas que, en colaboración coas familias, deseñaron e escribiron postais tan bonitas como as que vos mostramos. Grazas!!!

E, nas aulas creáronse lindísimas verbas onde nenos e nenas, combinando palabras do Nada, elaboraron outras de colleita propia con significados ben bonitos. As paredes cheíñas de elas. Mirade que lindo!.

Os bonecos de Nadal, os Reises e ata a Ratiña Presumida queren que lles traian libros este Nadal...Papás e mamás, avós, avóas, madriñas e padriños, tíos e tías...regalar libros é regalar sorrisos, llantos, ilusións, inquedanzas, soños e un longo discorrer de emocións que poden ser atopadas no seu interior....

Só nos queda desexarvos a todos e todas nas vosas casas....que haxa sempre boas lecturas, bos libros e....Bo Nadal....

OS NOSOS XORNALISTAS VISITAN O DIARIO DE PONTEVEDRA E A REDACCIÓN DE PONTEVEDRA VIVA

Continuamos, continuamos....

Nesta ocasión, dándolle camiño a este novo proxecto no que estamos inmersos que é a edición de un XORNAL dixital. Para ter información de primeira man fixemos unha saída para coñecer máis "in situ" como funcionan a prensa" por dentro".

E, chegando á vila, alá imos á redacción do Diario de Pontevedra, na rúa Lepanto, onde moi amablemente nos explicaron aspectos como:

-Antiguidade do Diario de Pontevedra.

- Formato empregado.

- Lugar onde se imprime.

- Nº de lectores aproximado que ten.

- Seccións e organización dos artigos.

( Se queredes saber, pois pasádevos polas aulas de 5º e 6º curso que deben ter todo ben anotadiño...).

Alí  estivemos vendo a trasformación que tivo o Diario de Pontevedra ata chegar ós nosos días onde hai maior cor e menos texto cousa que antes non era de ese xeito, así como un menor tamaño das follas, que o fan máis manexable.

Tamen vimos algunhas portadas moi relevantes, das que vos deixamos algunha foto. Estivemos ollando os números encuadernados todos seguidiños e de algunhas noticias, as profes acordábanse...xa choveu....

O sábado día 5 de decembro saíu a nosa visita publicada no apartado de Sociedade nas páxinas finais do xornal por se queredes velas.

Aí van unhas fotiños.....

 

Tras abandonar a sede do Diario de Pontevedra procedemos a visitar as instalacións de un XORNAL DIXITAL que está a ter moi boa acollida na cidade, que se denomina " PONTEVEDRA VIVA".

Amablemente nos contaron como funciona un xornal que non se imprime senon que só se fai de forma electrónica cousa que nos interesou moito. Ademais fixemos unha entradilla e ó pouco xa estaba a nosa nova integrada no xornal dixital, e fíxonos  moita ilusión: FALABA DE NÓS E FIXERÁMOLA NÓS....que chachi!!!!

Tamén en "Pontevedra Viva" teñen pensado facer unha radio, e visitamos o estudo que están a por en marcha...que gozada!!! O mundo da comunicación encántanos!!!.

Seguiremos retransmitindo novas!!!

Ciao!

 

Día da non violencia de xenéro na biblioteca de DORA LECTORA

Este mes de novembro conmemórase o día da non violencia de xénero. Dentro da nosa actividade anual de "Nenos e nenas contadores de historias", preparamos en esta ocasión dous contos moi ilustrativos para abordar a trasversalidade da educación en valores, destacando a prevención da violencia de xénero.

Os contos traballados foron da autora Adela Turín:

- Arturo e Clementina

- Rosa Caramelo.

Os protagonistas neste caso para formarse como contadores de historias foron Javi Riopa, Ainhoa, Ana e Mirás de 6º curso.

Do 1º dos contos elaboramos un ppt que vos acompañamos máis abaixo con unhas actividades, e do 2º levouse a cabo un teatriño de marionetas que lles quedou chulísimo tras moitos ensaios.

A preparación do traballo levouse a cabo durante a hora de ler, de xeito voluntario polos alumnos/as sacrificando tamén algúns recreos e incluso algunha que outra tarde que viñeron ensaiar á escola, co cal , remarcamos o mérito destes contadores de historias, priorizando a lectura e o traballo para ofrecer algo ós demais. Olé, moi ben.

Este tipo de actividades está tendo moita acollida entre os pequenos e pequenas e xa temos moitos voluntarios para ler...fenomenal, encántanos.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da actividade e tamén uns materiais que vos poden ser útiles para abordar esta temática, se non agora, en outras ocasións.

Saúdos

O equipo da biblio

 

BIBLIOTECA, TICS E DINAMIZACIÓN DA LINGUA: ARRANCAMOS COA NOSA REVISTA DIXITAL

 

Ola a todos/as:

Hoxe, na escola, recibimos a visita de Victor Martínez Sariego,un xornalista, que nos adentrou no coñecemento dun periódico para ir entrando en materia.  Este ano, o alumnado de 6º, en colaboración co resto dos cursos, profesorado e equipos de centro ( biblioteca, tics e dinamización da lingua) imos levar a cabo a nosa 1ª revista dixital, centrada na vida da escola e de sucesos que o noso " equipo de redactores" considere interesante para esta primicia editorial.

O traballo en equipo, sabe millor e o produto final esperamos que sexa do voso agrado.

Temos tamén prevista unha visita á redacción do "Diario de Pontevedra", así como a un xornal que só se imprime de xeito dixital " Pontevedra Viva" para afondar no coñecemento do funcionamento da prensa e recoller ideas.

Aí andamos, temos moito que camiñar!!!

Saúdos a todos/as.

FOROS DE DEBATE DA BIBLIOTECA ESCOLAR

De seguido podes acceder ós dous foros de debate da biblioteca escolar, un para todo o centro e outro para o debate interno do equipo.

 

FORO DE DEBATE DO PLAMBE (todo o centro)    FORO DE DEBATE INTERNO DO EQUIPO DE BIBLIOTECA

Lembra que para participar nos mesmos precisas empregar o teu usuario e contrasinal da web do centro (drupal+copermine+moddle). Se non o lembras contacta co coordinador TIC-Abalar do centro. 

 

 

BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN: CELEBRACIÓN DO SANMAINMAGOSTO

Ola de novo:

Aunando esforzos, recursos e ganas, aquí vos deixamos unha pequena mostra das actividades que dende dinamización da lingua galega e dinamización da biblioteca da escola tiveron lugar na escola o pasado xoves 30 de outubro, con motivo da conmemoración de dous clásicos no noso centro: O SANMAIN E O MAGOSTO.

Agradecemos a familias, alumnado e profes compañeiros da escola todas as súas aportacións que fixo que levar a cabo esta celebración fose moi doado.

En imaxes, aquí tedes un pequeno resumo.

- Concurso de cabazas deseñadas polas familias:

Votacións do alumnado do concurso de cabazas:Foi ben difícil a escolla, porque a creatividade era moita!!!

Algúns dos premios recibidos polo alumnado nas distintas categorías...

Lectura das descripcións de monstros na nosa biblio e da que podedes ver outra entrada anterior no blog da biblio...

Os nosos nenos contadores de historias....

E, por último, comendo as castañas que, estaban ben boas....

Condensamos todo en un, nesta festa outonal, e sóubonos a gloria, para o ano, máis e millor...!!!

CERTAME LITERARIO DO SAMAIN: DESEÑA O TEU MONSTRO E DESCRÍBEO

Ola a todos/as:

No noso ánimo de facer partícipes ás familias e todo o alumnado e profesorado da escola, convocamos un pequeno certame de deseño de monstros, e redacción/descripción dende a biblioteca e equipo de dinamización da lingua galega. A pesar de ir un pouco " pillados de tempo" dado que o programamos con escasa antelación houbo unha acollida fantástica e o día de SAMAINMAGOSTO houbo un espazo na mañá para que todos os rapaces e rapazas do colexio compartiran unha actividade na biblioteca como foi a lectura das descripcións dos monstros que fixeran coas súas familias así como para ver a exposición dos mesmos.

As ideas foron fantásticas, encantáronnos e agradecémosvos a vosa colaboración.

Aquí vos deixamos mostras da actividade que é moi probable que repitamos.

Grazas! 

Equipo de biblio e dinamización da lingua galega.

Imaxes de monstros HORRIPILANTESSSSSSSSSSS!!! feitos por Xián de 1º, Álvaro de EI 2, Taida de 3º curso e os pequenos monstros-bola de 2º curso.

Carolina nos lé sobre o monstruo que deseñou. Gustounos moito!.

Alvaro ilustrounos co seu monstro DEVORA-LIXO. Eu quero unnnnn!!!!

David e Diego explícannos como son os seus MONSTROS- BOLA e os coidados que precisan, por se queres un de mascota.

Estas dúas pequenas criaturas da noite, tan riquiñas elas, cóntannos cousiñas sobre os seus deseño. Están saladísimas Aitana e Taida.

Un momento de risas cando Nico e David nos expoñen curiosidades sobre as súas creacións.

Detalles de outras interesantes e divertidas creacións dos nosos rapaces e rapazas.

E para pechar, Xián cóntanos como elaborou o seu curioso " bicho" que a Dora Lectora lle encantou e inda dende aquela non quixo soltalo.

Felicidades a todos e todas, viva a creatividade!!!

Noutra entrada faremos un " poupurri" de actividades deste día tan festexado na escola.

Chao!!!

 

BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA:RECURSOS PARA TRABALLAR SAMAIN E O MAGOSTO

Ola a todos e todas:

Como este curso estamos fusionando as actividades do centro propostas dende o equipo de dinamización da lingua galega e da biblioteca, así como outros equipos de dinamización pois achegámosvos algúns recursos do Seminario Galán para traballar cousiñas propias de estas datas: O Samaín e o Magosto.

Nunha próxima entrada faremos unha pequena " reportaxe" sobre o noso SAMAINMAGOSTO, que tivo lugar o 30 de outubro,

Esperamos que vos servan para traballar nas aulas.

Saúdos.

OS NOSOS CONTADORES DE HISTORIAS AMENIZAN O SAMAÍN NA ESCOLA.

Ola  a todos e todas:

Dende esta entrada queremos plasmar unhas imaxes entrañables do debut de catro compañeiros da escola como CONTADORES DE HISTORIAS, actividade que estamos a iniciar este primeiro trimestre na biblioteca.

Os alumnos de 5º curso, Diego Reboredo e David, apadriñaron a dúas alumnas de 2º curso, Sara e Aitana, para preparar durante uns días, uns poemiñas en clave de humor de autores como Carmen Gil, para amenizar a " HORA DE LER" na escola, días previós á celebración do SAMAIN. 

Con moito agarimo, prepararon as lecturas de xeito conxunto sacrificando a hora do recreo, o cal tamén ten moito mérito e implicáronse tanto que ata viñeron moi ben caracterizados para a posta en escea.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes desta actividade que, fixeron francamente xenial. Noraboa! 

En novembro, como temos moitos voluntarios para colaborar prepararemos outras lecturas para todo o centro, a ver qué vos parecen tendo en conta como temática a COEDUCACIÓN. Falamos!!!

  Aquí estamos en Educación Infantil, moitas grazas polos vosos aplausos!!!

 Caladiños todos, que imos comezar!!!!

  Na aula de segundo houbo ata vítores jjjjj...

Na aula de inglés, foi toda una sensación!!!

Vencemos a nosa timidez!!! queremos repetir!!!

Una parella de medo, e moi cohesionada!!! Morremos coa risa cos seus poemas de medo!!!

UUUUUU!!!!!!A monstrua Paca que leva un libro cando vai facer c.............jajajajaja!!!

Os merecidos aplausos e vítores!!!

 

Moitas grazas David, Aitana, Sara e Diego!!! 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.