Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

VERBAS, LECTURAS E BOS DESEXOS: NADAL NA BIBLIOTECA

E, inda que faltaba moito, pois non, aquí está de novo o Nadal, unha data que no noso proxecto da biblioteca está moi presente. Traballamos a EMOCIÓN-ARTE a través de bos desexos convertidos en verbas. Verbas que os nenos e nenas se dedicaron, verbas coas que enchemos a escola e a biblioteca....con verbas chegamos ás emocións.

As lecturas das nosas contadoras de  historias de este mes: Sofía e Uxía. Adicaron a todas as aulas unhas lecturas relacionadas coas tradicións do Nadal, como por exemplo o porque de poñer árbores adornadas ou sobre algunas figuras coñecidas de estas datas. Como sempre, grazas por adicarnos este tempo, preparando con agarimo para todos e todas estes retazos .

 

 

A nosa "parede vermella" encheuse de desexos dos nenos e nenas que, en colaboración coas familias, deseñaron e escribiron postais tan bonitas como as que vos mostramos. Grazas!!!

E, nas aulas creáronse lindísimas verbas onde nenos e nenas, combinando palabras do Nada, elaboraron outras de colleita propia con significados ben bonitos. As paredes cheíñas de elas. Mirade que lindo!.

Os bonecos de Nadal, os Reises e ata a Ratiña Presumida queren que lles traian libros este Nadal...Papás e mamás, avós, avóas, madriñas e padriños, tíos e tías...regalar libros é regalar sorrisos, llantos, ilusións, inquedanzas, soños e un longo discorrer de emocións que poden ser atopadas no seu interior....

Só nos queda desexarvos a todos e todas nas vosas casas....que haxa sempre boas lecturas, bos libros e....Bo Nadal....