Skip to Content

Maios

Orixe da Festa dos Maios

A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo. 

A celebración das festas de maio é común en moitos países de Europa, onde existen variantes similares da mesma festividade.

Durante séculos, os habitantes da Galicia máis rural levaron a cabo a práctica de numerosos oficios e tarefas de índole agrícola e mariñeira. Ao ritmo imposto polas colleitas e os traballos do mar, realizaban ademais unha serie de ritos e costumes que se trasladaron ás cidades coincidindo co denominado éxodo rural.

Xunto ás persoas viaxaron tamén os ritos vinculados ao ciclo vital da natureza, á fertilidade das terras, á chegada da primavera e ao frutificar da maioría das plantas. Con todo, o de Galicia non é un caso illado. Hai testemuños, tanto en España como noutros países do mundo, que mencionan a existencia de tradicións vencelladas á chegada da primavera. Algunhas, como a de alumear o pan, son, por magoa, pouco coñecidas. E outras, como a dos Maios están algo mellor enraizadas. 

A Festa dos Maios  pertencente ao denominado “Ciclo de Maio”, adoita ter lugar entre a primeira quincena de abril e mediados do mes de maio, aínda que hai autores que son partidarios de prolongalo ata San Xoán.

A súa orixe é un tema que xera un amplo debate entre os interesados na materia. A maior parte deles concordan en que procede de teorías máxicas e animistas que se remontan á Prehistoria. Tamén hai quen o asocia co celtismo, como o escritor e historiador Manuel Murguía, o antropólogo Florentino López Cuevillas ou o escritor Vicente Risco. Outros optan por atribuírlle unha procedencia fenicia ou grega. Do culto ás divindades destas antigas civilizacións e, grazas aos intercambios comerciais e a outras relacións algo máis belixerantes, estas tradicións espallaríanse a través do tempo e o espazo ata chegar á civilización romana, berce da nosa . De feito, o mes de maio tomaría o seu nome en moitos idiomas europeos grazas a Maya, deusa romana da primavera, tamén coñecida como Flora . A diversidade de opinións respecto a este tema, constata que o costume que tiñan os nosos devanceiros de invocar aos deuses para pedir boas colleitas, descende de lugares e épocas moi variadas.


Este rito agrario comezou sendo unha celebración pagá que se manifestaba a través de representacións florais naturais. Con todo, nalgúns lugares a tradición sufriu a prohibición da Igrexa que co paso do tempo foina cristianizando. Aproveitou algunhas festividades, como a de Santa Cruz (3 de maio), para  darlle un cariz eclesiástico. Este feito constátase mediante a imaxe de estruturas florais ergueitas sobre unha cruz.

En Galicia, tense constancia da existencia de catro tipos distintos de maios: os Ramos de Maio, os Maios humanos, os Maios figurados e as Maias . A primeira manifestación é a máis sinxela. Os nenos eran portadores de ramos de flores que trocaban a cambio de diñeiro ou lambetadas. Celebráronse en lugares como Quiroga (Lugo) ou Cambados (Ourense). Poe outra banda , os Maios humanos , eran persoas cubertas cun manto de pólas e follas. Este tipo segue a realizarse fóra da fronteira galega na comarca do Bierzo. A pesar da importancia destas dúas primeiras manifestacións, actualmente os Maios figurados  son os máis coñecidos, en especial os do sur de Galicia. Constan dunha estrutura de madeira cuberta por elementos vexetais, tradicionalmente de forma cónica ou piramidal. Aos clásicos únense os artísticos que representan calquera figura que pase polo maxín. Por último, quedan as Maias, moi abundantes durante o século de Ouro das letras castelás (González Pérez, 1988). Eran nenas que cantaban e danzaban arredor de arcos de flores. Esta variante desapareceu en lugares tan próximos como Tiobre, en Betanzos.

A xeografía galega está ateigada de lugares con encanto nos que se celebra algunha destas variantes. Con todo, o paso do tempo fixo que moitas delas esmorecesen e acabasen por desaparecer. Na ligazón anterior recóllense os lugares máis destacados nos que houbo ou segue habendo Maios humanos (en azul), a meirande parte deles desaparecidos,  e Maios figurados (en verde).   

Ver a Orixe na Wikipedia  - Artigo no xornal Nós Diario - Ver As tradicións celtas e romanas dos maios

Debuxos de Maios

Marta de la Torre

Alberto M.M

 

Marta Lage

Pilar Andión e Sofía M.

 
     

A Festa dos Maios no Concello de Marín

Diferentes melodías de Maios

Entre elas está a de Pontevedra cidade coa representación do CEP Campolongo

Cantigas que falan da lingua

En homenaxe a lingua

que nas gorxas nos estala

guindamos estas cantigas

pra que non quede ignorada


Fala Maio, berra alto
para os rudos de oído
a lingua é desprezada
dende tempo moi antigo.

Chegaron os do barrete
cunha orde que cumprir
paremos ós do galego
que comeza a rexurdir

Con este designio a Lingua
agarda a defunción
para que morra contenta
lle piden a extrema-unción

E paseniño camiña
ao penal dos aforcados
con sufrimento e aldraxe
como nos tempos pasados

Din que farán todo novo
para que sexa moderno
á Lingua tamén lle toca
mandala para o inferno.

Maios Cantados

Maios-cantados

Coplas 2016

2020 - Maio cantado no confinamento polo COVID-19

Carlota, Pablo e María coa súa avoa.

Maio 2019 - Cantado na Ferraría

Xúntase vídeo

Distribuir contido


by Dr. Radut