Ata o vindeiro día 23 de febreiro, está aberto o prazo de preinscrición da modalidade formativa Estadías Formativas en Empresas. Esta convocatoria está dirixida unicamente ao profesorado funcionario de Formación Profesional inicial, e de Ensinanzas Artísticas e Deseño.
O profesorado substituto non pode participar nesta modalidade formativa. Os interinos si.
As Estadías Formativas, brindan ao profesorado a oportunidade de actualizar os seus coñecementos e da realidade do seu sector, colaborando cunha empresa do seu ámbito profesional. Existen tres tipos:
Temporalización
O período de realización das estadías comprende dende o 1 de abril de 2014 ata o 12 de setembro, sen incluír o mes de agosto (agás casos excepcionais). Nese intervalo, o profesorado debe consensuar coa empresa o seu horario, dentro dos seguintes límites:
- A duración mínima das estadías é un total de 40 horas e a duración máxima 160 horas.
- Como mínimo as sesións diarias deben ser de 4 horas interrompidas e o máximo é de 8 horas.
- Deben facerse como mínimo dúas sesións por semana.
- A temporalización proposta non debe interferir coa das actividades lectivas. Deben facerse fora do horario lectivo.
Solicitude
O profesorado interesado debe solicitar a súa participación a través de fprofe, no apartado GT,SP,PFAC,PFFP. Cada interesado/a deberá solicitala súa preinscrición poñendo a modalidade na que está interesado, o CFR ou CAFI da súa área xeográfica, e premendo no botón Presentar.
É importante decatarse que o botón de gravar só serve para almacenar unha copia de borrador, pero non se completa a solicitude de preinscrición ata premer en Presentar.

Posteriormente e sempre tras o remate do prazo de preinscrición a persoa interesada, deberá entregar no CFR ou CAFI correspondente, a solicitude de inscrición segundo o seguinte modelo.
-
O prazo para facer a preinscrición e ata o próximo día 23 de febreiro (incluído).
-
O prazo para entregar a inscrición no CFR ou CAFI correspondente é ata o próximo día 14 de marzo (incluído).
-
Nos últimos días do mes de marzo publicarase no apartado de Estadías formativas da páxina web da Subdirección xeral de FP, a listaxe de solicitudes seleccionadas para realizar as estadías e o importe da axuda concedida para a mesma.
-
Por último, os asesores de formación de profesorado, porase en contacto cos beneficiarios/as para ofrecerlles asesoramento.
Certificación
Ao termo de cada estadía, o profesorado participante deberá entregar ao asesor/a de formación que o asesore e a través de fprofe:
- unha memoria final, resumindo a súa experiencia.
- unha actividade de aplicación directa na aula, na que aplique o aprendido no ensino dalgún módulo con atribución para a súa especialidade.
- Os xustificantes dos gastos de desprazamento: billetes, tíckets, etc.
Tras o remate da presente convocatoria de estadías formativas, a Comisión de selección avaliará a documentación e informes presentados, e decidirá o número de horas de formación que deberán certificarse por cada estadía, cun máximo de 3 horas de formación por cada 10 horas de estadía. Por exemplo, para o caso dunha estadía de 160 horas, como máximo poderán certificarse 160·0.3 = 48 horas.
Mais información en: http://www.edu.xunta.gal/fp/estadias-formativas-en-empresa