Gallego

Encontros de cociña solar

Summary: 

O Instituto Superior de Engeniería da Universidade do Algarve - Campus da Penha - Faro - Portugal vai ser o escenario duns Encontros de Cociña Solar na tarde do venres 17 e mañá do 18 de maio do 2013.
Gallego

O Instituto Superior de Engeniería da Universidade do Algarve - Campus da Penha - Faro - Portugal vai ser o escenario duns Encontros de Cociña Solar na tarde do venres 17 e mañá do 18 de maio do 2013.

Ver información e inscricón no documento adxunto.

 

encontro solar
encontror solar

Curso "Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos"

Summary: 

O curso "Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos", desenvolvido no CAFI, vén de rematar o pasado día 6 de maio.
Gallego

O pasado día 6 de maio rematou o curso "Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos" que se viña desenvolvendo no CAFI dende o 18 de febreiro. O curso funcionou como unha experiencia piloto de carácter innovador, que supuxo a combinación dunha fase presencial de 30 horas cunha fase en rede de 20 horas. As sesións incluíron exposicións teóricas de contidos relativos ao patrimonio e ao traballo por proxectos, roteiros patrimoniais pola cidade de Santiago e a presentación de novidosas experiencias didácticas de carácter colaborativo en relación co patrimonio. Nesta actividade de formación participaron, xunto con relatores da Comunidade de Galicia, poñentes procedentes do País Vasco, de Alcalá de Henares e da Comunidade Valenciana.

Sesión do curso DIDÁCTICA DO PATRIMONIO E TRABALLO POR PROXECTOS
Sesión do curso DIDÁCTICA DO PATRIMONIO E TRABALLO POR PROXECTOS

Xornada de comida solar

Summary: 

Do 6 de marzo ao 20 de abril desenvolveuse no CAFI o curso S1201077_Aplicacións tradicionais e innovadoras da enerxía solar, que rematou cunha xornada ao longo do sábado día 20.
Gallego

Do 6 de marzo ao 20 de abril  desenvolveuse no CAFI o curso S1201077_Aplicacións tradicionais e innovadoras da enerxía solar, que rematou cunha xornada ao longo do sábado día 20. Nesta sesión que puxo o broche final a esta actividade de formación, os participantes puxeron en práctica os coñecementos adquiridos coa montaxe e instalación dos fornos solares construídos e a súa aplicación no aproveitamento da enerxía solar. Cada profesor/a participante elixeu dous menús para cociñar; menús que finalmente foron compartidos convertíndose nunha xornada de convivencia. O éxito da xornada veuse reflectido na proposta do profesorado participante de realizar una nova "quedada solar" a finais de xuño.

fornos solares
Fornos solares

Conferencia de Francesco Tonucci: "O alumnado competente para a vida"

Summary: 

As persoas interesadas deben inscribirse antes deste luns, 06 de maio, na dirección www.edu.xunta.gal/fprofe
Gallego

Francesco Tonucci dará unha conferencia na Cidade da Cultura a tarde do vindeiro martes 7 de maio.

O recoñecido mestre, pedagogo e investigador compartirá cos profesionais da educación galega o seu traballo sobre as competencias reais, para a vida, que o alumnado precisa.

O encontro terá lugar ás 19:00 horas no auditorio 177 do CINC (Centro de Innovación Cultural).

As persoas interesadas deben inscribirse antes deste luns, 06 de maio, na dirección www.edu.xunta.es/fprofe

 

tonucci
tonucci

Publicados os materiais da I Xornada de coordinadores e coordinadoras do Proxecto Abalar

Summary: 

Os materiais correspondentes ás conferencias, ponencias e experiencias que tiveron lugar na I Xornada de coordinadores e coordinadoras do proxecto Abalar celebrada o pasado 19 de abril están accesibles na aula virtual do CAFI
Gallego

 

Os materiais correspondentes ás conferencias, ponencias e experiencias que tiveron lugar na I Xornada de coordinadores e coordinadoras do proxecto Abalar celebrada o pasado 19 de abril están accesibles dende o seguinte enderezo da aula virtual do CAFI: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=353

xornada abalar
xa materiais

G1202018 I Xornada de coordinadores e coordinadoras do proxecto Abalar

Summary: 

O día 19 de abril de 2013 celebrarase a I Xornada de coordinadores e coordinadoras do proxecto Abalar. Terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.
Gallego

O día 19 de abril de 2013 celebrarase a I Xornada de coordinadores e coordinadoras do proxecto Abalar.

Terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.
 
Número de horas: 8
Data límite de inscrición: 01/04/2013

Os obxectivos desta Xornada son:

1. Promover o intercambio de actividades, así como o debate e a difusión de experiencias docentes con tecnoloxías da información e da comunicación.

2. Impulsar e apoiar o compromiso e a participación do profesorado coas tecnoloxías da información e da comunicación, especialmente o proxecto ABALAR.

3. Facilitar a unificación de criterios e propostas de integración das tecnoloxías da información e da comunicación para unha mellora significativa da práctica docente.

 

baner xornada abalar

Ars Virtual

 

Ars VIRTUAL é un programa desenvolto pola Fundación Telefónica na que podemos coñecer varios monumentos de España, América Latina e Marrocos mediante visitas virtuais desenvolvidas mediante técnicas 3D.
Podemos navegar pola web mediante o menú ou cun mapa do patrimonio onde podemos ver a situación dos monumentos. Os lugares españois están clasificados en reales sitios (Granxa de San Ildefonso, Mosteiro do Escorial, Palacio de Aranjuez, etc.), templos (catedrais de León, Burgos, Sagrada Familia, Toledo e as tres culturas), patrimonio natural (As Médulas e o Parque Natural de Cabárceno) e outros monumentos (conxunto románico do Vall de Boí, Alhambra de Granada e Atapuerca). En Marrocos e América Latina de momento hai poucas visitas.
 
Unha vez elixido o monumento ábrese unha nova ventá do navegador na que temos acceso ás distintas seccións da visita. Dependen do monumento elixido, pero na maioría podemos ver unha reseña histórica, explicación das características do monumento e imaxes panorámicas dos aspectos máis representativos.
Interesante pola labor de dixitalización e conservación do noso patrimonio.
 
Gallego
ArsVirtual

Easy Notecards

Easy Notecards permítenos crear e compartir fichas de estudo. O manexo é moi sinxelo. Unha vez creada a conta pulsamos no botón "create notecards" e xa podemos cubrir un formulario dividido en dúas zonas:
1. Unha cabeceira onde poñemos o título e descrición do conxunto de fichas e, se imos resumir un libro, tamén podemos poñer o ISBN e o capítulo. Tamén se pode especificar o nivel educativo ao que están destinadas as fichas.
2. Para cada ficha cóbrense dúas casillas. Na esquerda escríbese o título e na dereita o resume dos datos. No título tamén se pode poñer unha imaxe.
Bótase de menos a existencia dun gadget que permita colocar as fichas no blog e a posibilidade de poñer vínculos. Tamén sería interesante compartir a edición das fichas.
O programa da a posibilidade de crear un test partindo das fichas. Só hai que pulsar no botón "take quiz" cando estamos vendo as fichas.
Gallego
baner easy

SpiderScribe

SpiderScribe é unha ferramenta que nos permite crear mapas mentais nos que se inclúen textos, imaxes, arquivos adxuntos e mapas.
Para crear un elemento basta arrastrar a icona do tipo desexado dende a parte esquerda. Para conectar dous nodos hai que trazar unha liña dende o centro da parte inferior do pai ata o fillo.
Pódese invitar a outras persoas a ver e modificar o mapa. Tamén se poden publicar na web.
A ferramenta é moi fácil de usar. É intuitiva e razoablemente rápida. Ideal para utilizar nas aulas.

Gallego
SpiderScribe

I Encontros de Educación Infantil e Educación Primaria

Summary: 

Os días 12 e 13 de abril de 2013, celebraranse os I Encontros de Educación Infantil e Educación Primaria. Desenvolveranse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela).
Gallego

 

Os días 12 e 13 de abril de 2013, celebraranse os I Encontros de Educación Infantil e Educación Primaria.

Desenvolveranse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela).

Será un espazo onde compartir experiencias, facer visible boas prácticas de aula e motivar ao profesorado destas etapas educativas, que por primeira vez se verán xuntas nun mesmo espazo.

Os obxectivos principais desta actividade formativa son:

1. Facilitar a continuidade curricular e unificar as propostas metodolóxicas.

2. Reflexionar sobre a atención á diversidade nas aulas de educación infantil e primaria.

3. Propiciar o intercambio de experiencias innovadoras e de recursos didácticos entre o profesorado.

encontros infantil e primaria