Día Internacional da Biblioteca Escolar

O día internacional da biblioteca escolar é o momento oportuno para dar difusión ao estudo elaborado polo Ministerio de Educación e a Fundación Germán Sánchez Ruipérez: Bibliotecas escolares en España. Dinámicas 2005-2011.
Lun, 21/10/2013 - 10:55
DIA DA BIBLIOTECA
BANER DIA BIBLIOTECA
BIBLIOTECAS ESCOLARES EN ESPAÑA
LER CIENCIA NA BIBLIOTECA
CARTEL BIBLIOTECA
fileteame 2p2

 

O Día Internacional da Biblioteca Escolar foi establecido pola IASL (International Association of School Librarianship / Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares con sede en USA: www.iasl-slo.org) no ano 1999, está dentro do período lectivo tanto no hemisferio norte coma no hemisferio sur, polo que pode realizarse ao tempo en todo o mundo. 

 

A biblioteca pública de Pontevedra fai unha entrada Cartel e pregón de Laura Gallego para o "Día de la Biblioteca 2013"

O día internacional da biblioteca escolar é o momento oportuno para dar difusión ao estudo elaborado polo Ministerio de Educación e a Fundación Germán Sánchez Ruipérez: Bibliotecas escolares en España. Dinámicas 2005-2011. Destaca esta investigación como as bibliotecas escolares están a se converter en indicadores de innovación metodolóxica e da calidade pedagóxica dos centros, verdadeiros centros de recursos e espazos para o desenvolvemento das competencias fundamentais. É na biblioteca escolar onde o alumnado aprende a manexar estratexias de busca de información, a seleccionar, tratar e interiorizar a información, a contrastar fontes, utilizando as TIC.

 

No contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Asesoría de Bibliotecas Escolares elixiu para este curso 2013/2014, o lema LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, para dar relevancia á lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.