Día de Rosalía de Castro

Cada 24 de febreiro celebramos en toda Galicia o "Día de Rosalía"
Dom, 23/02/2014 - 11:40
Rosalia
rosalia2

Como cada ano, celebramos este 24 de febreiro o Día de Rosalía.rosalia2

En toda Galicia prográmanse actividades conmemorativas. Centros educativos, bibliotecas escolares e públicas, a CRTVG, concellos e institucións dedican este día, ou semana, a lembrar a persoa e a figura literaria máis sobranceira da cultura galega.

O recoñecemento do seu papel a prol da lingua e a cultura é o que induce á Real Academia Galega, o 28 de abril de 1963, a declarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, conmemorando así a publicación da súa obra Cantares Galegos.

O principal valor da escritora é, sen dúbida, a súa vixencia tanto nos medios académicos como entre o común dos galegos que sentimos a súa voz como propia e nos enorgullecemos dela como representación da nosa cultura.

A AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) ofreceuse para recompilar e difundir as actividades organizadas para este día polos centros de ensino; a AELG busca tamén institucionalizar o Día de Rosalía de Castro como unha xornada de celebración da nosa literatura promovendo entre a cidadanía o agasallo dun libro en galego e unha flor.

Outras ligazóns sobre esta celebración:

http://praza.com/cultura/6383/que-a-voz-de-rosalia-ilumine-os-muros/

http://www.sermosgaliza.com/articulo/cultura/selfies-graffitis-da-poesia-cartas-nun-colectivo-dia-rosalia/20140221125537024472.html

http://bretemas.com/onte-856-rosalia-e-castro-imaxe-e-realidade/

Imaxe: Estatua de Rosalía de Castro, de Luís Miguel Bugallo Sánchez (http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Rosalia_de_Castro_Padr%C3%B3n.jpg)