Día de Rosalía de Castro [1]
Enviado por portalcafi a Dom, 23/02/2014 - 11:40Como cada ano, celebramos este 24 de febreiro o Día de Rosalía [2].
En toda Galicia prográmanse actividades conmemorativas. Centros educativos, bibliotecas escolares [3] e públicas, a CRTVG [4], concellos e institucións dedican este día, ou semana, a lembrar a persoa [5] e a figura literaria [6] máis sobranceira da cultura galega.
O recoñecemento do seu papel a prol da lingua e a cultura é o que induce á Real Academia Galega [7], o 28 de abril de 1963, a declarar Día das Letras Galegas [8] o 17 de maio de cada ano, conmemorando así a publicación da súa obra Cantares Galegos [9].
O principal valor da escritora é, sen dúbida, a súa vixencia tanto nos medios académicos como entre o común dos galegos que sentimos a súa voz como propia e nos enorgullecemos dela como representación da nosa cultura.
A AELG [10] (Asociación de Escritores en Lingua Galega) ofreceuse para recompilar e difundir as actividades organizadas para este día polos centros de ensino; a AELG busca tamén institucionalizar o Día de Rosalía de Castro como unha xornada de celebración da nosa literatura promovendo entre a cidadanía o agasallo dun libro en galego e unha flor.
Outras ligazóns sobre esta celebración:
http://praza.com/cultura/6383/que-a-voz-de-rosalia-ilumine-os-muros/ [11]
http://bretemas.com/onte-856-rosalia-e-castro-imaxe-e-realidade/ [13]
Imaxe: Estatua de Rosalía de Castro, de Luís Miguel Bugallo Sánchez (http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Rosalia_de_Castro_Padr%C3%B3n.jpg [14])

