Gallego

Próxima apertura curso en rede do TDAH desde o ámbito educativo

Summary: 

G2001026 - Curso en rede de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo
Gallego

Referencia: G2001026

Centro de formación e recursos: CAFI

Temporalización: 27/10 - 28/11

Data límite de inscrición: 18/10/2020

Lugar: Na Rede (Platega)

Prazas:  200

Horas totais: 20

Destinatarios/as: Todas as ensinanzas

Obxetivos:

1.Tratamento do TDAH desde o ámbito educativo

Contidos:

1.Aspectos clínicos do TDAH.

2.Manexo na aula.

3.Dificultades de lectura e escritura no TDAH.

4.Prevención de accidentes comúns e Protocolo de Consenso sobre TDAH na infancia e adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario.

G2001026

Cursos na Rede con prazas vacantes

Summary: 

Se estás pensando en facer formación en liña, esta é a túa oportunidade!
Gallego
Cursos na Rede con prazas vacantes

G2001028 Debuxo técnico con LibreCAD

Summary: 

O curso “Debuxo técnico con libreCAD” vai dirixido principalmente a profesorado de ensino secundario, formación profesional e artes plásticas e deseño que utilice o debuxo técnico na súa práctica docente, como contido principal ou parcial das materias impartidas.Emprega un programa de software open source como é o LibreCAD, adecuado para o seu uso nos centros educativos. O curso desenvólvese de forma non presencial a través da plataforma Moodle.
Gallego

Os contidos do curso están divididos en 7 módulos:

Módulo 0: Presentación e actividades iniciais. Faremos a presentación á comunidade de aprendizaxe e familiarizaremonos co espazo da aula virtual, consultando a información xeral sobre cursos Platega.

Módulo 1: Software. Instalaremos o programa LibreCAD no ordenador e familiarizarémonos coa súa interfaz. Analizaremos a utilidade do debuxo por ordenador na práctica profesional.

Módulo 2 Ferramentas de debuxo. Aprenderemos a utilizar as principais ferramentas de debuxo de LibreCAD.

Módulo 3: Ferramentas de modificación. Aprenderemos a utilizar as ferramentas de modificación de obxectos, e a aplicalas na elaboración de debuxos, así como na elaboración de deseños propios.

Módulo 4: Xestión de capas e bloques. Realizaremos debuxos complexos, organizados en capas. Aprenderemos definir e xestionar bloques e aplicaremos sombreados ao debuxo. Crearemos un glosario de ferramentas e unha base de datos cos deseños do módulo 3.

Módulo 5: Cotas, textos e trazado. Aprenderemos a realizar a cotación dun debuxo, introducir textos e configurar os parámetros de impresión.

Módulo 6: Proxecto final. Utilizaremos os coñecementos adquiridos para a elaboración dunha proposta de exercicio de CAD para realizar co alumnado. Crearemos unha base de datos cos exercicios.

Os seus obxectivos son familiarizarse coa aprendizaxe do debuxo técnico asistido por ordenador (CAD) para a súa aplicación na docencia e a realización de exercicios destinados ao alumnado

Curso Libre CAD
Curso Libre CAD

Proba de nivel Cursos CALC

Summary: 

Ábrese o prazo para a inscrición na Proba de Nivel dos cursos CALC ata o 27 de setembro de 2020.
Gallego

Ábrese o prazo para a inscrición na Proba de Nivel dos cursos CALC. Para acceder a un curso CALC é necesario posuír o certificado/título que xustifique o nivel de lingua inmediatamente anterior, segundo a escala de niveis do MCERL (A1-A2-B1-B2-C1-C2). As persoas que NON POSÚEN ningún título ou certificado que acredite o seu nivel de lingua poderán facer esta Proba de Nivel. O resultado desta proba indicará o nivel no que se pode inscribir o/a participante. As persoas que posúen un certificado recollido na ORDE do 21 de xuño de 2016 NON TEÑEN que realizar a Proba de Nivel.

O prazo de inscrición nesta proba remata o 27 de setembro de 2020.

proba de nivel CALC
proba de nivel CALC

G2001087 EU Code Week Deep Dive MOOC 2020

Summary: 

O Centro Autonómico de Formación e Innovación de Galicia ( CAFI) incorpora á súa oferta formativa o curso "EU  Code Week  Deep  Dive  Mooc 2020". Dita formación en rede  está dirixida a todo o persoal docente galego de todos os niveis educativos interesado en coñecer e aplicar a programación nas súas aulas.
Gallego

O persoal docente interesado deberá matricularse na actividade ofertada polo CAFI e enviaráselle información con todos os pasos a seguir. Deseguido, poderán matricularse na plataforma en rede de European Schoolnet  Academy, seguir o desenvolvemento proposto, superar os 5 módulos que o integran e deseñar unha actividade para a Semana do Código.

O prazo final para completar todas as actividades remata o 30 de outubro de 2020, ás 23:59 CET. A participación no cuestionario contará un 5% na nota final e non é un requisito para recibir o certificado do curso. A actividade da Semana do Código da UE rexistrada, xunto coas revisións por pares, representará o 95% da nota final. A nota global de aprobación é do 95%.

Ao finalizar o MOOC recibirán un certificado validado pola Comisión Europea, emitido pola  EUN e a Universidade de Urbino. Unha vez contrastada a superación do MOOC na devandita plataforma, emitirase dende o CAFI unha certificación oficial da administración galega, recoñeccendo 25 horas de formación.

Para ter máis información, consulte a ficha do curso adxunta ou en Fprofe.

Deep Dive MOOC
Deep Dive MOOC

File: 

Guía do protocolo covid para o inicio do curso escolar 2020/21

Summary: 

Volvamos á escola con #sentidiño. Protexámonos a nós mesmos e aos que nos rodean.
Gallego

Xúntase a Guía do protocolo covid para o inicio do curso escolar 2020/21

Asemade, pódese acceder á información completa nesta ligazón

Data: 

10/09/2020

Tema: 

Volvamos á escola con sentidiño

Summary: 

#Sentidiño. Protexámonos a nós mesmos e aos que nos rodean.
Gallego

Xúntase a Guía do protocolo covid para o inicio do curso escolar 2020/21

Asemade, pódese acceder á información completa nesta ligazón

 

 

Volvamos á escolar con sentidiño

Cursos de formación sobre ensino mixto

Summary: 

A situación de emerxencia de saúde pública ocasionada pola Covid-19 esixiu facer modificacións de calado profundo na práctica educativa en tempo récord. Este curso é resultado dun proceso de sondaxe e investigación levado a cabo co fin de proporcionar ideas para o deseño de experiencias de aprendizaxe significativas ao tempo que flexibles. É dicir, dada unha situación de incerteza (como a actual ou outras que poidan ocorrer no futuro), o ensino mixto, abordado desde equipos coordinados horizontalmente, pode proporcionar a flexibilidade necesaria para garantir a continuidade da práctica educativa, ben sexa nun espazo presencial ou virtual.
Gallego

Tal e como se adiantou na presentación do Plan de Formación do Profesorado 2020/2021, a Rede de Formación do Profesorado, en colaboración con docentes de distintos sectores educativos, deseñou unha acción formativa orientada á aprendizaxe de dinámicas e recursos específicos que faciliten o paso dun ensino presencial a un ensino semipresencial ou a distancia.

Con este obxectivo, neste primeiro trimestre ofértanse seis cursos na Rede (Platega) de 50 horas, adaptados ás características específicas dos diferentes sectores:

  • Ensino mixto para educación infantil (G2001037)

  • Ensino mixto para educación primaria (G2001038)

  • Ensino mixto para educación secundaria (G2001039)

  • Ensino mixto para educación das persoas adultas (G2001036)

  • Ensino mixto para formación profesional (G2001040)

  • Ensino mixto para persoal de atención á diversidade (G2001041)

A inscrición realizarase a través de Fprofe (con data límite do 15 de setembro), empregando o código correspondente (www.edu.xunta.gal/fprofe/).

Imaxe: Listaxe dos códigos dos cursos Platega de ensino mixto