Gallego

G2002076 Proxectos áxiles con SCRUM

Summary: 

Aprende unha metodoloxía activa para traballar nos proxectos de clase.
Gallego

Código do curso: G2002076

Relator: Marcos Saavedra Seoane

Duración: 12 horas

Datas: 9, 16, 23 de marzo (Videoconferencia a través de Webex).

Lugar: Realizarase a través de videoconferencia Webex de dúas horas de duración.

Obxectivos

1.Aprender e implementar a metodoloxía SCRUM na aula.

2.Potenciar a confianza creativa e implementar novas técnicas en proxectos STEM/STEAM.

3.Desenvolver proxectos no ámbito STEM/STEAM en tempos reducidos.

Contidos

1.Condicións ideais para a aplicación da metodoloxía Agile.

2.Fases e etapas do proceso.

3.Desenvolvemento rápido e comunicación de proxectos STEM/STEAM áxiles.

 

Máis información e inscripcións en Fprofe

G2002076 Proxectos áxiles con SCRUM

G2002071 Laboratorio de ideas e prototipos con Design Thinking

Summary: 

Actividade de formación de Aula Nova.
Gallego

Aula Nova oferta unha nova actividade de formación dentro da súa liña de traballo AulaNova Lab enfocada as metodoloxías que permitan o desenvolvemento de proxectos interdisciplanais de aula no eido STEM/STEAM.

A formación Laboratorio de ideas e prototipos con Design Thinking emprega esta metodoloxía para coñecer os pasos para implementala no prototipado. O pensamento de deseño tratar de atopar unha solución para facilitar a resolución dun problema real do docente seguindo unha secuencia consecutivas de etapas ben definidas.

Nesta formación, dinámica e activa, o proceso está contextualizado na educación.

As súas características son:

1.Duración: 12 horas

2.Modalidade: Videochamada vía Webex con apoio dunha aula virtual Moodle na plataforma do CAFI

3.Horario: de 18.00 a 21.00 horas

4.Sesións de traballo: 4 sesións de dúas horas

5.Calendario: 9, 18, 23 e 25 de febreiro

6.Contido das sesións:

  • Sesión 1: Ximnasia creativa. Deseño dun agasallo. Presentación. Creación dun proxecto de aula ou de centro. Mapa de empatía.

  • Sesión 2: Ximnasia creativa. Customer Journey map. Conceptualización. Integración de Scratch e Microbit.

  • Sesión 3: Ximnasia creativa. Análise do feedback. Redeseño da proposta. Presentación.

  • Sesión 4. Traballo individual na aula virtual

7.Relatores: Equipo de Vermislab

Inscrición en Fprofe co código da actividade.

Design Thinking
Desingn Thinking

Actividades de Aula Nova

Summary: 

Resumo de actividades de Aula Nova
Gallego

Dende Aula Nova organizamos o plan formativo STEM/STEAM en 5 liñas de traballo, en cada unha destas liñas específicas poderás atopar actividades para ir avanzando. Este é o resumo onde aparecen os códigos de cada unha delas. 

1.AulaNova Lab é a liña enfocada as metodoloxías que permitan o desenvolvemento de proxectos de aula poderás atopar 3 cursos:

  • G2002071 Laboratorio de ideas e prototipos con Design thinking

  • G2002076 Proxectos áxiles con SCRUM 

  • G2002070 Gamificando en matemáticas

2.AulaNova Divulga consta dunha actividade composta por varias charlas en formato videoconferencia para estar ó dia na tecnoloxía e o mundo #maker.

  • G2002077 Tecnoloxía e creación maker

3.AulaNova Investiga quere impulsar a investigación docente para implementala nas aulas. Podes formarte en cursos específicos sobre a levitación ultrasónica, ferramentas e recursos para a educación #STEM e aprender facendo coa proposta de Xuvenciencia.

  • G2002073 Levitación ultrasónica e hologramas acústicos

  • G2002069 Ferramentas e recursos para mellorar a educación STEM en diversas áreas

  • G2002078 Xuvenciencia. Aprender facendo

  • G2002068 Prototipado con E-téxtiles

4.AulaNova Programa. Nesta liña a programación, nas suas múltiples variantes,  é o fío condutor. Podes escoller aprender a programar en linguaxe Python, empregar simuladores robóticos para control dos autómatas, sacarlle partido á placa Microbit ou empregar a programación analóxica sen dispositivos.

  • G2002074 Programar en Phyton

  • G2002072 Laboratorio robótico

  • G2002075 Programar sen usar o ordenador

  • G2001128 Microbit. Programación con MakeCode e proxectos STEAM

5.AulaNova no espazo. A fase rexional do proxecto Cansat é o eixo desta formación para coordinadores de equipos en centros galegos. Esta formación dividida en varias sesións dará soporte ao traballo desenvolto nas misións espaciais.

  • G2002127 Cansat. De Galicia ao espazo

Para poder participar busca o código en FProfe, revisa as condicións formativas e logo inscríbete. Pasarás un proceso seletivo condicionado polos requisitos do curso e poderás experimentar a formación en primeira persoa. Todas as formación se realización por videoconferencia empregando Webex, algunhas das formacións levan kits de traballo asociados que serán enviados aos centros docentes.

 

actividades formativas
Actividades formaticas AulaNova

G2001035 - Educando en valores nas ensinanzas de formación profesional

Summary: 

Novo curso na plataforma Platega con prazas dispoñibles
Gallego

Referencia: G2001035

Datas de celebración:  do 24/02/2021 ao 12/05/2021

Lugar: Na Rede (Platega)

Prazas:  50

Horas: 50

Persoas destinatarias: profesorado de FP

Descrición:

Neste curso reflexionaremos sobre a importancia de educar en valores na etapa educativa de formación profesional - FP básica, ciclos medios e ciclos superiores, - para introducir na práctica docente algún dos valores esenciais para formar á cidadanía democrática que exixe a sociedade.

O profesorado participante deberá ser capaz de repensar e redeseñar a programación dos seus módulos dende unha visión de educación en valores, así como desenvolver “unha mirada en valores” respecto aos espazos e ás accións educativas de centro para propor melloras de cara á formación integral do seu alumnado.

Módulos do curso:

    • Módulo 1: A necesidade de educar en valores na FP. O obxectivo central destas semanas consistirá en reflexionar sobre a necesidade da educación en valores na etapa formativa da formación profesional. Analizaremos os puntos fortes e débiles do noso centro educativo e  alumnado e revisaremos a normativa educativa de aplicación para  saber que valores debemos reforzar.
      
    • Módulo 2: Traballando  valores na FP: o currículum non consciente. O obxectivo central destas semanas consistirá en analizar as opcións, os momentos e as posibilidades dos elementos que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe e que neste curso denominamos “currículum non consciente”: repensando os espazos de traballo, tanto físico como dixital; analizando a linguaxe e imaxes dos materiais de traballo que empregamos na aula e/ou no centro; e reflexionando sobre nós como docente modelo.
      
    • Módulo 3: Programando valores na FP: o currículum consciente. O obxectivo central destas semanas é idear e programar de forma consciente e reflexionada accións educativas vinculadas aos valores; creando entre todos/as un repositorio de ideas para aplicar tanto no centro e nos módulos.

Inscricións: en Fprofe ata o 8 de febreiro

Ficha do curso

 

 

Curso_G2001035
G2001035 - Educando en valores nas ensinanzas de formación profesional

Xornadas de formación especializada de equipos directivos dos colexios rurais agrupados

Summary: 

As xornadas de formación para equipos directivos dos CRA celebraranse a través de videoconferencias entre o 18 de febreiro e o 17 de marzo. O prazo de inscrición remata o 31 deste mes de xaneiro de 2021.
Gallego

As Xornadas de formación especializada de equipos directivos dos colexios rurais agrupados (CRA) dispoñen de 40 prazas e implican 15 horas presenciais. Nesta edidión 20-21 celebraranse a través da plataforma Cisco Webex. As persoas admitidas recibirán unha ligazón para cada sesión.

O 31 remata o prazo de inscrición e é importante que a rede de CRA se apoie e intercambie ferramentas e recursos a través tamén de modalidades formativas coma esta, co que lles convidamos, equipos directivos de CRA, a vos apuntar a estas xornadas específicas para vós. O código en FPROFE é G2002014. Tras se dar de alta en FPROFE, pode seguir esta ligazón para se anotar.

O enfoque levouse a cabo tras unha detección de necesidades e céntrase na nube, en metodoloxías activas de aprendizaxe, infraestructuras e no reforzo do intercambio de experiencias da nosa rede de CRA, así como a proxección da mesma a nivel nacional e até internacional.

portada directivos cra 20-21
portada directivos cra 20-21

Costureiro docente - Formación en ensino mixto para colectivos específicos

Summary: 

Actividades formativas na Rede a través da plataforma Platega.
Gallego

Oferta formativa que propón achegas de profesionais e institucións sobre o ensino mixto. Así mesmo, explóranse outras modalidades de ensino co obxectivo de ver que aspectos destas se poden incorporar á propia práctica docente.  Proponse un modelo de coordinación horizontal a través de traballo en equipo para facer escollas e implementar un deseño de secuencias didácticas curtas e, de ser posible, integradas. Por último, analízase o ecosistema dixital galego e como este pode servir a eses fins en tanto nos permite organizar e estruturar o noso traballo nun espazo virtual.

A formación ten unha duración de 50 horas, está programada para os meses entre marzo e maio e desenvólvese por completo na Rede (sen sesións síncronas ou de conexión por videoconferencia). Ademáis é compatible con outras actividades na plataforma Platega e está organizada por colectivos específicos, con achegas realizadas por profesorado de cada un deles.

O prazo de inscrición en Fprofe remata o 25 de febreiro, a través do código da actividade:

 

 

constureiro_docente
Costureiro docente

Cursos 2º trimestre con prazas vacantes

Summary: 

Cursos Platega con prazas vacantes
Gallego

Podes botarlle un ollo aos cursos do segundo trimestre que aínda teñen prazas vacantes entrando en Fprofe. Estes son algúns deles.

G2001021 Creación avanzada de recursos educativos con Ardora.

G2001031 Educación en igualdade para o equipo directivo.

G2001035 Educando en valores nas ensinanzas FP

G2001051 Iníciate en eTwinning.

G2001067 Sacando partido á aula abalar.

G2001095, G2001096, G2001097, G2001099, G2001100, Ensino Mixto.

G2001124 Aula Invertida.

cursos
Cursos Platega prazas vacantes 2º trimestre

G2001021- Creación avanzada de recursos educativos con Ardora

Summary: 

Ardora para a creación de contidos educativos en contorna web.
Gallego

Ardora é un programa enmarcado dentro do que poderíamos chamar ferramentas de autor pensado principalmente para a creación de contidos educativos en contorna web.

Con Ardora podemos crear dende contidos tan sinxelos como un puzle ata completos libros dixitais ou contidos máis amplos e complexos.

Non é obrigatorio ter feita a primeira edición do curso para poder inscribirse pero si que é recomendable.

O prazo remata o 28 de xaneiro 2021

Ardora
G2001021- Creación avanzada de recursos educativos con Ardora

Aula Invertida

Summary: 

O prazo para inscribirse remata o 28 de xaneiro de 2021
Gallego

Aula Invertida, Flipped Classroom é un modelo pedagóxico que transfire o traballo de determinados procesos de aprendizaxe para fóra da aula, e utiliza o tempo de  clase xunto coa experiencia docente para facilitar e potenciar outros procesos de adquisición e práctica de coñecemento dentro da aula. No vindeiro mes de febreiro comezará a segunda edición do curso Aula Invertida G2001124 , aínda estás a tempo para inscribirte, a inscrición remata o domingo 28 de xaneiro.

Aula invertida
Flipped Classroom

Matemáticas para un mundo mellor

Summary: 

Concurso de fotografía "Matemáticas nun clic"dentro das actividades programadas para celebrar o 14 de marzo como Día Internacional das Matemáticas que no 2021 ten como temática "matemáticas para un mundo mellor"
Gallego

Marzo mes das matemáticas

 

En novembro de 2019 a UNESCO proclamou o 14 de marzo como o Día Internacional das Matemáticas. A rede de divulgadores de Matemáticas DiMa propón unha iniciativa dun mes de actividades que esté presente cando menos en 10 autonomías, onde as matemáticas e as súas aplicacións sexan as protagonistas. A temática será “matemáticas para un mundo mellor”

 

Exposicións, concursos de fotografía escolar, escape rooms virtuais, papiroflexia, actividades divulgativas, recursos e materiais para levar á aula con fichas didácticas e moitas outras estarán dispoñibles na páxina web do proxecto

 

Ata o 6 de febreiro está aberto o prazo para participar no concurso de fotografía “Matemáticas nun clic”, xuntamos aquí no pdf as bases en galego, neste concurso poderá participar todo o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria. Cada persoa premiada a nivel estatal recibirá:

  • Un diploma acreditativo.

  • Material divulgativo e tecnolóxico.

Entre as 15 persoas finalistas sortearase unha estancia para dúas persoas dunha semana na Illa da Gomera.

Para recibir información das actividades podes solicitalo a través do seguinte Formulario de Google

Proxecto para celebrar o 14 de marzo, Día Internacional das Matemáticas
Marzo mes das matemáticas