G2101022 - Aprendizaxe baseada en proxectos (ABP)
Enviado por portalcafi a Ven, 10/09/2021 - 11:01Summary:
Código: G2101022
Datas: 28/09/2021 a 14/12/2021
Duración: 50 h
Data límite de inscrición: 15/09/2021
Modalidade: Na Rede
Obxectivos
1.Coñecer os principios da ensinanza baseada en proxectos en relación coas distintas etapas, situacións e materias educativas.
2.Deseñar proxectos de ensinanza e aprendizaxe en ciclos de deseño reflexivo e cooperativo a través da Rede.
3.Enriquecer os mecanismos tradicionais de avaliación con propostas alternativas como o uso de rúbricas, os diarios de aprendizaxe e o portafolios.
Contidos
1.A aprendizaxe baseada en proxectos: prácticas de referencia.
2.Preguntas, problemas e retos: o motor de arranque dun proxecto.
3.Movemento na aula, aprendizaxe cooperativa e investigación de campo.
4.As comunidades de aprendizaxe e as TIC.
5.A avaliación na ABP.
5.1.Diario de aprendizaxe, rúbricas e portafolios.
6.A xestión de proxectos de aprendizaxe no centro escolar.
7.A aprendizaxe baseada en proxectos como proceso de capacitación e desenvolvemento profesional docente.
Inscripcións abertas en Fprofe