Título Event node R

G2002140 - Educación Dixital. Curso 2020-2021
Programa da xornada Educación Dixital 2021.

Data: 

08/05/2021
Martes, 4 Maio, 2021 - 17:54

Vimos de vivir un tempo revolto onde a tecnoloxía, antes reservada a aquelas persoas máis mañosas con ela, converteuse no eixo principal da educación. Esta situación conlevou que todo o profesorado, incluso aquelas persoas que non tiñan soltura, se tiveran que adaptar rapidamente, reinventando as súas metodoloxías e o xeito de dar aulas. Púxose de manifesto a enorme resiliencia do profesorado e as habilidades que moitas persoas crían que non tiñan, que converteron os nosos mestres e mestras en superheroes e superheroínas que contan agora cunha mochila chea de recursos e aprendizaxes cos que motivar ó alumnado.

Nesta xornada pretendemos sacar do anonimato a docentes superheroes e superheroínas, ‘superdocentes’, que levaron a cabo boas prácticas na aula, poñendo as TIC ó servizo da metodoloxía para proporcionarlle ó seu alumnado a mellor das experiencias.

A educación dixital agora máis presente ca nunca! 

Consulta aquí o programa do vindeiro sábado, 8 de maio. (Máis información).