Gallego

L2201034 VII Xornadas XuvenCiencia para o profesorado. Convivio de ciencia

Summary: 

Actividade de formación en colaboración coa USC. Ofertada para profesorado de toda Galicia.
Gallego

Actividade en colaboración coa USC ofertada para profesorado de toda Galicia. Lugar de celebración: Campus de Lugo Ofertarase aloxamente para o profesorado de fóra de Lugo e manutención para todos os docentes. Fase práctica: aplicación, desenvolvemento e avaliación dunha proposta didáctica.

Contidos

1.O método científico e a práctica investigadora na aula.

2.Metodoloxías e ferramentas para a realización de proxectos de investigación.

3.Metodoloxías e ferramentas para a presentación de estudos científicos.

Máis información no pdf XuvenCiencia

VII Xornadas XuvenCiencia
VII Xornadas XuvenCiencia

File: 

Plan Anual de Formación do Profesorado 2024/25

Summary: 

Plan Anual de Formación do Profesorado
Gallego

Podes consultar o Plan de Formación do Profesorado do curso 2024/2025. Para inscribirte nas actividades accede a FProfe

Áreas-CAFI: 

S2202029 Laboratorio creativo STEAM en infantil

Summary: 

Curso presencial para desenvolver proxectos STEAM nas aulas de infantil.
Gallego

Curso presencial de 12 horas de duración destinado a docentes de Educación Infantil que desexen coñecer a cultura maker e implementar proxectos STEAM nas súas aulas.

Datas:

17, 20, 24, 27 de outubro

Horario:

De 17.00 a 20.00 horas

Localización:

Aula Nova do Centro Autonómico de Formación e Innovación de Santiago de Compostela

 

Sesións da formación:

Sesión 1: Cultura maker en Educación Infantil. Presentación e manexo de diferentes robots para o traballo da robótica. Presentación e uso de diferentes xogos de mesa para traballar conceptos de programación.

Sesión 2: Emprego do Ozobot. Inicio da programación por bloques en Scratch.

Sesión 3: Emprego da placa Makey Makey e busca de xogos.

Sesión 4: Creación dun proxecto de aula para esta etapa educativa.

 

Relator:

Santiago Gil Castro

Máis información en FProfe co código da actividade.

S2202029 Laboratorio creativo STEAM en infantil
S2202029 Laboratorio creativo STEAM en infantil

Plan anual de Formación do Profesorado 2022/23

Summary: 

Xa se pode consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado correspondente ao curso 2022/23.
Gallego

Xa se pode consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado correspondente ao curso 2022/23.

Para consultas e inscricións nas actividades formativas cómpre acceder a Fprofe.

Descarga aquí o Plan:

Plan Anual de Formacióndo Profesorado. Curso 2022/23

 

Plan Anual de Formación do Profesorado. Curso 2022/23
Plan Anual de Formación do Profesorado. Curso 2022/23

Botetín da biblioteca do CFR da Coruña

Summary: 

Xa dispoñible para centros e profesorado
Gallego

Remitiuse o Boletín CFR A Coruña xuño-2021, a tódolos centros da área de influencia. Así poderano consultar antes de fin de curso e contar con el para posibles recomendacións lectoras.

 

Tamén o podes descargar clicando aquí:

Boletín xuño 2022
Boletín xuño 2022

Lectores competentes no século XXI

Summary: 

Dende o 31 de maio ao 15 de xuño no CFR da Coruña
Gallego

Lectores competentes no século XXI

31/05/2022 17:30—20:00 h

Hologramas, robots & IAs. Como promover a lectura dixital na era dixital.

Relatora. Elisa Yuste (Consultora experta en promoción lectura ).

01/06/2022 17:30—20:00 h

LIX Dixital. Novas formas de contar historias e acceder á información Relatora.

Elisa Yuste (Consultora experta en promoción lectura).

06/06/2022 17:30—20:00 h

Os retos da lectura hoxe.

Relator. Daniel Cassany (Univ. Pompeu Fabra).

07/06/2022 17:30—20:00 h

Lectura contra a desinformación Relator.

Daniel Cassany (Univ. Pompeu Fabra)

13/06/20 17:30—20:00 h

Clubs de lectura: unha práctica de lectura compartida.

Relatora. Anxos Paz García (IES de Brión)

15/06/2022 17:30—20:00 h

O álbum ilustrado e o seu papel na formación de lectores .

Relatoras: María Jesús Fernández (mestra, experta en LIX, mediadora)

Programa do curso Lectores competentes no século XXI
Programa do curso Lectores competentes no século XXI

Espazo Educar Vimianzo

Summary: 

Venres 13 de maio en Vimianzo
Gallego

O vindeiro venres 13 de maio terá lugar no Castelo de Vimianzo unha sesión formativa para a comunidade educativa das escolas unitarias de Vimianzo, Laxe, Camariñas e Cee.

Intervirán Gerardo Reino que enfatizará os beneficios da introdución da robótica e o pensamento computacional a idades temperás.

O mesmo fará Pablo Díaz coa importancia dos contos no desenvolvemento da mente infantil.

E por último Boniface Ofogo porá de relieve a importancia da prevención do acoso a través de varias historias.

Espazo Educar Vimianzo
Espazo Educar Vimianzo

Espazo Educar no CPI As Revoltas

Summary: 

Charla sobre "Alimentación saudable" dirixida a familias.
Gallego

O venres 27 de maio ás 19:00 h. terá lugar unha actividade formativa no salón de actos do CPI As Revoltas.

A actividade está dirixida ás familias do alumnado dos centros educativos da bisbarra, e será impartida pola especialista Sandra Varela Amado.

 

 

Alimentación saudable, As Revoltas
Alimentación saudable, As Revoltas

Emisión en directo I Congreso de innovación educativa e dixital

Summary: 

Información da emisión en directo do congreso.
Gallego

 

O I Congreso de innovación educativa e dixital  (DixInnova 2022) celebrarase na Cidade da Cultura os día 10 e 11 de maio.

Pode seguir a emisión en directo da xornada do martes pola canle de Youtube da Consellería de Cultura, Educación e Uiversidade premendo na seguinte ligazón.

Ligazón á emisión

 

 

DixInnova
Emisión en directo DixInnova

Axudar a aprender

Summary: 

Venres día 6 de maio ás 17:00 en Camariñas conferencia de Hector Ruíz
Gallego

O venres 6 de maio ás 5 da tarde como parte das actividades Espazo Educar Costa da Morte  que o CFR da Coruña leva a cabo neste curso, o neurólogo Hector Ruíz falará de cómo ensinar a aprender, cómo aprendemos e cómo ensinar ó método científico na escola. Nesta ocasión a charla terá lugar no Museo do Encaixe de Camariñas.

Héctor Ruiz Martín (@hruizmartin) é neurobiólogo, investigador nos campos da psicoloxía cognitiva da memoria e o aprendizaxe en contextos educativos, e director da International Science Teaching Foundation. Tamén dedicou tempo a escribir divulgación sobre o aprendizaxe en ensaios como "Aprendiendo a aprender"(2020) e "¿Cómo aprendemos?. Una aproximación científica al aprendizaje y la enseñanza" (2020). 

Aprender a aprender con Hector Ruíz
Aprender a aprender con Hector Ruíz