Gallego

G2101140 - Deseño de futuros espazos de aprendizaxe innovadores

Summary: 

Formación na rede de 25 horas de duración cunha visión sobre os espazos europeos innovadores.
Gallego

Este curso foi deseñado principalmente para se impartir dentro do proxecto Deseño de futuros espazos de aprendizaxe innovadores (Design FILS), financiado polo programa Erasmus+ KA2 (Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas) da Unión Europea. 

O seu obxectivo é formar o persoal educador de tal maneira que teña en conta os aspectos fundamentais relativos á transformación dos espazos de ensino e aprendizaxe e os cambios pedagóxicos e metodolóxicos inevitablemente asociados á devandita transformación.

A base teórica e metodolóxica do curso constitúea o documento titulado Marco metodolóxico para a formación en aulas innovadoras, que se inspira en revisións recentes da bibliografía sobre a materia en que se analiza como crear e adaptar espazos de aprendizaxe co obxectivo de desenvolver metodoloxías didácticas innovadoras reforzadas pola tecnoloxía.

Obxectivos:

1.Comprender as características espaciais e integrar o espazo no ensino e na aprendizaxe.

2.Coñecer e aplicar metodoloxías de aprendizaxe activa.

3.Poñer en valor a utilidade das ferramentas TIC na educación e integralas nos nosos sistemas de ensino e aprendizaxe.

Contidos:

Módulo 1. Innovación nos espazos de aprendizaxe.

Módulo  2. Deseño de futuros espazos de aprendizaxe innovadores (en adiante FILS).

Módulo  3. Aprendizaxe reforzada pola tecnoloxía en espazos FILS.

Módulo  4. Metodoloxías didácticas innovadoras en espazos FILS.

Módulo 5. Aprendizaxe baseada en escenarios e establecemento de comunidades de práctica.

Modalidade:

Na rede.

Duración:

25 horas

Datas:

Do 25 de abril ao 7 de xuño

Observacións importantes:

O curso está completamente traducido á lingua galega,  a persoa participante pode atopar algún material de consulta (vídeo, web, etc) en lingua inglesa. A tarefa final (Escenario de Aprendizaxe) desenvolverase na plataforma  Novigado da European Schoolnet Academy. Esta plataforma facilitará a elaboración do produto dixital en inglés nuns sinxelos pasos. O escenario creado formarará parte dun gran repositorio europeo.

Aconsellamos posuir uns coñecementos básicos na lingua inglesa.

Información e inscrición en FProfe.

Páxina do proxecto Design FILS, podes seguir as publicacións nas nosas redes co #DESIGNFILS e nesta colección.

 

 

Espazos innovadores
Espazos innovadores

S2102046 Téxtiles intelixentes con LilyTiny

Summary: 

Xornada formativa de 8 horas para traballar os e-téxtiles intelixentes.
Gallego

 

Forma de participación:

Presencial

Modalidade:

Xornadas

Número de horas:

8 horas

 

Horario:

  • Día 1: 20/04/2022 de 16.30 a 20.30 horas.
    Sesión 1 (presencial): E-téxtiles e educación. Aprender a construír un circuíto e experimentar con novos materiais.

 

  • Día 2: 21/04/2022 de 16.30 a 20.30 horas.
    Sesión 2 (presencial): Explorar os potenciais creativos que ofrece a integración da electrónica en téxtiles. Deseño e construción dun proxecto de aplicación dos e-téxtiles (IOT).

Relatora:

Paola Guimeráns

Localización:

Aula Nova CAFI

Téxtiles intelixentes
S2102046 Téxtiles intelixentes con LilyTiny

Cursos de ferramentas con prazas dispoñibles

Summary: 

Data límite de inscrición: 18 de abril.
Gallego

Os seguintes cursos de ferramentas para traballar na aula virtual teñen prazas dispoñibles: 

Teñen unha duración de 15 horas e realízanse na Aula Virtual do CAFI do 26 de abril ao 26 de maio de 2022.

Data límite de inscrición: luns, 18 de abril de 2022 a través de Fprofe

Cursos ferramentas
Cursos ferramentas

G2101066-O traballo coa publicidade na aula

Summary: 

Prazas dispoñibles no curso G2101066-O traballo coa publicidade na aula
Gallego

Últimos días para inscribirse no curso online G2101066-O traballo coa publicidade na aula que se desenvolverá en Platega entre os días 16 de marzo e 24 de abril. 

Inscrición aberta ata o 6 de marzo

Máis información aquí

 

 

Curso G2101066
Plazas dispoñibles no curso G2101066

G2101052 Formación avanzada en E-Dixgal

Summary: 

Novo curso na Rede a través da plataforma PLATEGA
Gallego

O obxectivo xeral deste curso é o de afondar nas ferramentas didácticas do Proxecto E-Dixgal que pode empregar profesorado no seu traballo en todas as modalidades de ensino: presencial, mixto e a distancia.

Dirxido a profesorado de aula E-Dixgal que conte cunha formación inicial no manexo do EVA.

Modalidade: na Rede

Duración: 30 horas

Obxectivos:

1.Familiarizar ao profesorado coa xestión avanzada no entorno virtual de aprendizaxe do proxecto E-Dixgal.

2.Publicar recursos e actividades no EVA, tanto de produción propia como procedentes da oferta editorial.

3.Mostrar as posibilidades do EVA para a avaliación e a comunicación co alumnado.

Contidos:

1.Uso avanzado do entorno virtual de aprendizaxe.

2.Recursos avanzados, tanto externos como propios.

3.Xestión e desenvolvemento de actividades.

4.A avaliación no EVA. Xestión avanzada.

5.Uso e posibilidades da ferramenta de autor.

Máis información e inscricións en https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

 

Caratula_EDIXGAL
G2101052 Formación avanzada en E-Dixgal

Formación avanzada en E-Dixgal

Summary: 

Novo curso na Rede a través da plataforma PLATEGA
Undefined

O obxectivo xeral deste curso é o de afondar nas ferramentas didácticas do Proxecto E_Dixgal que pode empregar profesorado no seu traballo en todas as modalidades de ensino: presencial, mixto e a distancia.

Dirxido a profesorado de aula E-Dixgal que conte cunha formación inicial no manexo do EVA.

Modalidade: na Rede

Duración: 30 horas

Obxectivos:

1.Familiarizar ao profesorado coa xestión avanzada no entorno virtual de aprendizaxe do proxecto E-Dixgal.

2.Publicar recursos e actividades no EVA, tanto de produción propia como procedentes da oferta editorial.

3.Mostrar as posibilidades do EVA para a avaliación e a comunicación co alumnado.

Contidos:

1.Uso avanzado do entorno virtual de aprendizaxe.

2.Recursos avanzados, tanto externos como propios.

3.Xestión e desenvolvemento de actividades.

4.A avaliación no EVA. Xestión avanzada.

5.Uso e posibilidades da ferramenta de autor.

Máis información e inscricións en https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

 

Caratula_EDIXGAL
G2101052 Formación avanzada en E-Dixgal

S2101012 A comunicación en igualdade a través das TIC

Summary: 

Deseño de intervención empregando as TIC
Estratexias de comunicación a través das TIC
Gallego

 

  • Coñecer a linguaxe inclusiva.

  • Recoñecer estereotipos de xénero nos distintos produtos culturais (cine, arte, literatura, música, publicidade, prensa, etc).

  • Realizar produtos de comunicación social libres de estereotipos de xénero empregando as TIC.

 

 

Prazas libres

 

Aberto o prazo de inscripción en Fprofe ata o 28 de Febreiro

 

 

Páxina web
A comunicación en igualdade a través das TIC

Curso na Rede G2101037 Da investigación á aula

Summary: 

Novo curso creado pola Fundación Española para Ciencia e a Tecnoloxía ofertado a través da plataforma Platega
Gallego

A Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), en colaboración cun grupo de persoas expertas en áreas como a psicoloxía, as ciencias da educación ou as neurociencias, vén de desenvolver un curso de formación do profesorado, a través da Rede, co obxectivo de mellorar o coñecemento, a práctica e a toma de decisións educativas guiadas por la investigación científica.

Se estás interesado ou interesada na mellora da capacidade de reflexión e pensamento crítico no desenvolvemento da túa práctica educativa animámoste a participar no curso Da investigación á aula, de 40 horas de duración que se desenvolverá a través da plataforma Platega do 23 de febreiro ao 5 de maio de 2022.

Inscríbete en https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

No seguinte vídeo poderás obter máis información sobre a actividade

 

 

 

 

 

Da_investigacion_a_aula
Da investigación á aula

G2101028 Competencia dixital para a aprendizaxe autónoma de linguas

Summary: 

Prazas dispoñibles. Prazo de inscrición 14 de Febreiro
Gallego

Curso na Rede que pretende fomentar a autorregulación, a reflexión e a autoeficacia necesarias para a aprendizaxe autónoma e permanente mediante o desenvolvemento e optimización dos tres vértices da competencia de aprender a aprender: a conciencia de aprendiz, a conciencia do proceso de aprendizaxe, e a conciencia social, sendo esta última a áncora da competencia dixital. 

Prazas dispoñibles no curso  G2101028  Competencia dixital para a aprendizaxe autónoma de linguas

G2101040 - Formación inicial en igualdade para o departamento de orientación

Summary: 

Prazas dispoñibles! Data límte de inscrición: 7 de febreiro de 2022.
Gallego

Prazas dispoñibles no seguinte curso na Rede (Platega): 
- G2101040 - Formación inicial en igualdade para o departamento de orientación (25 horas)

Data límite inscripción: 7 de febreiro de 2022.
Apúntate en Fprofe

g2101040