V1302009: Primeiros auxilios en educación
Enviado por sinfonia40 a Mér, 30/10/2013 - 20:40Summary:
O vindeiro día 13 de novembro, darán comezo as Xornadas de Primeiros auxilios en educación, no CEIP Emilia Pardo Bazán, en Vigo.
Summary:
O vindeiro día 13 de novembro, darán comezo as Xornadas de Primeiros auxilios en educación, no CEIP Emilia Pardo Bazán, en Vigo.
O prazo de presentación de solicitudes para participar no proxecto “COMBASGalicia” para o curso 2013-2014 amplíase ata o día 11 de novembro de 2013.
Destinatarios:
Centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sostidos con fondos públicos que impartan Educación Primaria e/ou Educación Secundaria Obrigatoria.
Documentación necesaria
As solicitudes dirixiranse ao Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) ou ao Centro de Formación e Recursos (CFR) en cuxo ámbito estea integrado o centro educativo, e constará da seguinte documentación:
- Solicitude segundo modelo do anexo I da convocatoria.
- Relación do profesorado participante consonte ao recollido no anexo II.
- Certificación da aprobación de participación do Claustro seguindo o anexo III
- Certificación da aprobación de participación do Consello escolar consorte o anexo IV.
File:
Summary:
Área
Orientación
Modalidade
Curso
Destinatarios. Profesorado que está impartindo
Prazas
Prazas previstas: 30
Observacións:
Criterios de selección
Titores e titoras coordinadores de proxectos educativos, ciclos ou departamentos de orientación e didácticos. Os criterios xerais do plan anual de formación.
Horas presenciais: 20
Obxectivos
1.Promover nos centros e nas aulas a cultura do liderado compartido.
2.Identificar áreas e prácticas educativas susceptibles de mellora desde a perspectiva da acción do liderado.
3.Deseñar alternativas orixinais de liderado estratéxico e emprendedor en educación.
Contidos
1.O liderado compartido nas institucións educativas a través do traballo en equipo.
2.Liderado con empowerment para a promoción da innovación educativa.
3.Desenvolvemento educativo das calidades da anticipación, a proxección, a concertación e a animación.
4.Desenvolvemento das competencias intra e interpersoais: regulación emocional, a escoita activa, a empatía, a autoestima, a asertividade e a resiliencia no ámbito escolar para favorecer o desenvolvemento persoal e as relacións sociais.
Coordinadora: Mª Mar Rodríguez
Relatoras: Nélida Zaitegui de Miguel e Maribel Reinoso
Este é un libro pensado e escrito para a docencia en educación superior de asignaturas relacionadas co diagnóstico en orientación profesional, a inserción socio-laboral, a avaliación psicopedagóxica e o diagnóstico en educación.
O libro ten un prezo de 0 euros. Pódese descargar dun xeito gratuíto engadindo ao carrito de compra. Esixe un rexistro na páxina.
Áreas-CAFI:
Summary:
Sección:
Summary:
Podes descargar os ficheiros informativos pinchando nos enlaces:
Summary:
Título: Atención á diversidade nunha escola inclusiva
Modalidade: Curso presencial
Referencia: S1301057
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 1º trimestre
Data límite de inscrición: 20/09/2013
Lugar: Santiago de Compostela
Prazas: 25
Horas: 30 horas (24 horas presenciais e 6 horas en rede )
Destinatarios: Todas as ensinanzas
Corpos e especialidades
511 - Catedráticos de ensino secundario
590 - Profesores de ensino secundario
597 - Mestres
Criterios de selección:
Os criterios xerais do plan anual de formación
Obxectivos:
Sensibilizar e contribuír a desenvolver unha actitude positiva cara á inclusión do alumnado.
Coñecer as características do alumnado con necesidades educativas específicas.
Aprender estratexias de intervención para a aplicación na aula inclusiva.
Contidos:
1.Intervención na aula inclusiva: recursos específicos para o alumnado con dificultades de aprendizaxe, conduta, discapacidade e outras necesidades.
2.Deseño e aplicación de respostas educativas dentro da escola inclusiva.
3.Estratexias de intervención para a inclusión do alumnado.
4.Fase non presencial:
4.1.Marco conceptual e lexislativo de atención á diversidade.
4.2.Características do alumnado con necesidades educativas específicas.
Summary:
Título: A posta en práctica da acción titorial.
Modalidade: Curso en rede.
Referencia: G1301036.
Centro de formación e recursos: CAFI.
Temporalización: 1º trimestre .
Data límite de inscrición:20/09/2013.
Prazas: 50.
Horas totais: 60 non presenciais.
Destinatarios: profesorado titor.
Obxectivos:
Potenciar o valor da acción titorial a nivel educativo por parte de todo o profesorado que favoreza o desenvolvemento persoal e as relacións sociais.
Facilitar unha formación específica a nivel titorial proporcionando os recursos precisos que permitan o traballo en rede entre o profesorado e entre profesorado e o alumnado.
Reflexionar sobre a práctica diaria da acción titorial e facilitar o axuste á realidade.
Contidos:
A función titorial do profesorado como factor de calidade educativa.
Os fundamentos da acción titorial.
A organización e a posta en práctica da acción titorial no centro educativo.
Módulos de contido:
Módulo 1: Acción titorial
Módulo 2: Ensinar a convivir
Módulo 3: Ensinar a pensar
Módulo 4: Educación emocional
Módulo 5: Educación en valores
Módulo 6: Educación para a saúde
Módulo 7: Ensinar a decidirse
Módulo 8: Orientación familiar
Summary:
Summary:
A formación iniciada hoxe, a cargo do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), reúne en Santiago de Compostela a preto de 200 docentes, que abordarán ata o vindeiro día 23 diferentes cuestións arredor das funcións correspondentes á xestión e dirección de centros de ensino.
Así, ao longo das xornadas abordarase temáticas como a xestión eficaz de centros de educación primaria e secundaria, os documentos pedagóxicos e organizativos, plans e programas escolares, marco normativo, innovación e calidade, traballo colaborativo ou recursos humanos do centro. Así mesmo afondarase en cuestións de interese na actualidade educativa, tales como as contornas virtuais e a seguridade en internet, o plan de autoprotección e, fundamentalmente, ferramentas de xestión do liderado pedagóxico, organizativo e relacional-emocional.
Para enriquecer a experiencia, ademais da fase presencial que supoñen estas xornadas, nas que contamos con especialistas de renome a nivel nacional como Nélida Zaitegi, Joan Vaello ou Carmen García de Leániz, e outros ponentes destacados da nosa Consellería, disporase dun espazo virtual no que os equipos directivos noveis serán asesorados no seu primeiro ano de exercicio por expertos na planificación e organización escolar.
Esta actividade forma parte da oferta da Rede de Formación Permanente do Profesorado, que conta con certificación de calidade en base á Norma UNE-EN ISO 9001:2008, para potenciar o desenvolvemento profesional dos equipos directivos de centros do século XXI.