S1301057 Atención á diversidade nunha escola inclusiva
Título: Atención á diversidade nunha escola inclusiva
Modalidade: Curso presencial
Referencia: S1301057
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 1º trimestre
Data límite de inscrición: 20/09/2013
Lugar: Santiago de Compostela
Prazas: 25
Horas: 30 horas (24 horas presenciais e 6 horas en rede )
Destinatarios: Todas as ensinanzas
Corpos e especialidades
511 - Catedráticos de ensino secundario
590 - Profesores de ensino secundario
597 - Mestres
Criterios de selección:
Os criterios xerais do plan anual de formación
Obxectivos:
-
Sensibilizar e contribuír a desenvolver unha actitude positiva cara á inclusión do alumnado.
-
Coñecer as características do alumnado con necesidades educativas específicas.
-
Aprender estratexias de intervención para a aplicación na aula inclusiva.
Contidos:
1.Intervención na aula inclusiva: recursos específicos para o alumnado con dificultades de aprendizaxe, conduta, discapacidade e outras necesidades.
2.Deseño e aplicación de respostas educativas dentro da escola inclusiva.
3.Estratexias de intervención para a inclusión do alumnado.
4.Fase non presencial:
4.1.Marco conceptual e lexislativo de atención á diversidade.
4.2.Características do alumnado con necesidades educativas específicas.